Cristina Rodrguez, Saúl Bello e Iago Fernndez acadaron os metais en loita
A Âé¶¹¹û¶³ repite como subcampioa no CEU de loita olmpica e acada unha prata e un bronce no CEU de atletismoÌý
Pola súa banda, Jacobo Soler e Xiana Lago foron os medallistas en atletismo
Fin de semana de ttulos e medallas para os equipos de loita olmpica e atletismo da Âé¶¹¹û¶³ nos Campionatos de Espaa Universitarios. En Murcia, o equipo formado por Cristina Rodrguez, Saúl Bello, Iago Fernndez, Gonzalo Caparrs e Manuel Gonzlez, coa direccin técnica de Rubén Méndez, proclamouse subcampin de Espaa Universitario de Loita Olmpica, nunha competicin que gaou a Universidad de Murcia. Mentres, no CEU de atletismo, celebrado en Ciudad Real, Jacobo Soler acadou a medalla de prata en 400 metros lisos, mentres que a súa compaeira de equipo Xiana Lago obtivo un bronce en lanzamento de peso.Ìý
Pola súa banda, o equipo de vela da Âé¶¹¹û¶³, formado por Pedro Fernndez, Rosala Garca, Carolina Iglesias e Nuno Meijide, foi oitavo no CEU celebrado en Vilagarca de Arousa, no se impuxo o equipo da USC.Ìý
A Âé¶¹¹û¶³ reedita o ttulo de subcampioa de loitas olmpicas
Unha vintena de universidades públicas e privadas de Espaa participaron esta pasada fin de semana no pavilln municipal de Los Narejos en los Alczares (Murcia) no Campionato de Espaa Universitario de Loitas Olmpicas, organizado pola Universidad de Murcia.Ìý
As medallas de ouro de Cristina Rodrguez (-78kg), de prata de Saúl Bello (-70kg) e de bronce de Iago Fernndez (-130kg), aos que se engaden os quintos postos de Gonzalo Caparrs (-80kg) e de Manuel Gonzlez (-62kg) permitiron ao equipo da Âé¶¹¹û¶³ revalidar o ttulo de subcampin de Espaa, que tamén acadara o ano pasado en Murcia.
Magnficos resultados no CEU de atletismoÌý
No Campionato de Espaa Universitario de atletismo, celebrado esta fin de semana en Ciudad Real, organizado pola Universidad de Castilla La Mancha, Jacobo Soler subiuse novamente ao podio, por terceira vez consecutiva, desta volta cunha prata que sabe a ouro, nunha proba de altsimo nivel, na que o atleta da Âé¶¹¹û¶³ de 400 metros lisos fixo unha carreira na que foi de menos a mis. Jacobo obtivera no ano 2023 un bronce en Len e outro bronce no ano 2022 en Murcia. Pola súa banda, Xiana Lago, unha nova promesa do lanzamento de peso galego, adestrada por Frank Casaas, obtivo un bronce nunha proba gaada pola prxima atleta olmpica, a galega, Belén Toimil. Ademais, Xiana, que ao longo da competicin mantivo unha dura pugna coa atleta vasca Goizane Garca pola medalla de bronce, obtivo a súa mellor marca persoal cun lanzamento de 13,62.Ìý
Ademais, Andrea Pais (200 metros lisos) e Raúl Cortizo (lonxitude) metéronse nas finais das súas especialidades e obtiveron respectivamente un sétimo e un sexto posto final. Fernando Vallines (peso) logrou tamén a súa mellor marca persoal cun 14,79 que non lle permitiu acceder final. Gran papel de Iria Filgueira, Victoria Eiriz (as dúas en martelo), Andrea Pais (lonxitude) e Cristina Garrido (100 metros lisos). O equipo da Âé¶¹¹û¶³ completbase co vallista de 400 metros, Iago Núez, que sufriu unha rotura muscular no seu xemelgo esquerdo.
Ìý
