Co acordo asinado este venres na sede da Vicerreitora do campus
A 鶹 renova a súa colaboracin coa Semana Galega de Filosofa
A Aula Castelao participar de novo na Semana da Creatividade
Co concepto de tempo como núcleo temtico, a celebrar do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboracin da 鶹. Con ese obxectivo, este venres tivo lugar a sinatura do anexo ao acordo marco que a institucin académica mantén desde 1996 coa Aula Castelao de Filosofa, que por segundo ano consecutivo participar na organizacin das Xornadas de Pensamento e Creacin, no marco das actividades da Semana da Creatividade.
“Un dos nosos obxectivos é achegar o coecemento sociedade e iso é algo que conseguimos a través da colaboracin con asociacins como a Aula Castelao”, salientou a vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva Mara Lantarn, tras a sinatura deste acordo, xunto ao coordinador desta entidade, Alexandre Cendn. A vicerreitora lembrou que a Semana Galega de Filosofa é un evento aberto ao público, que contribúe “a transferencia do coecemento”, e no que se insiren un conxunto de “conferencias divulgativas, que poden ser de interese tanto para o alumnado e o profesorado como para a poboacin en xeral”.
Eses mesmos obxectivos, lembrou Lantarn, estn tamén presentes nas Xornadas de Pensamento e Creacin, que o pasado contaron por primeira vez coa participacin da Aula Castelao na súa organizacin, no marco das actividades da Semana da Creatividade, que a Vicerreitora promove no marco do seu proxecto de especializacin como Campus Crea. Estas xornadas, que no mes de abril celebrarn a súa cuarta edicin, englobaron conferencias e actuacins musicais e “despois do éxito do ano pasado, este seguiremos na mesma lia”, engadiu Lantarn, que lembrou que se trata dunha actividade que contribúe tamén a “ese obxectivo de achegarnos sociedade”.
Filosofa e tempo
“Para ns é moi importante manter esta colaboracin coa 鶹, porque queremos achegarnos a todo o público, tamén ao universitario, ao estudantado e o profesorado”, subliou Cendn tras a sinatura deste acordo. Baixo o ttulo de Filosofa e tempo, a LX Semana Galega de Filosofa desenvolverase entre o 1 e o 5 de abril no Teatro Principal, pondo o foco, a raz da conmemoracin do 40 aniversario, nun “concepto fundamental, como é o tempo”.
Nese senso, tanto o presente e o futuro, como o propio final do tempo que supn a morte, formarn parte dos contidos dunha semana que, como sinalou Cendn, ten como propsito “achegar filosofa rúa”. O programa desta edicin, que abrangue tanto sesins matinais, como outras de tarde, centradas en Galicia, e de noite, ser presentado a vindeira semana por parte das e dos integrantes da Aula Castelao na Casa das Camps. Entre outros, o evento contar neste 2024 coa participacin da filosofa catal Fina Birulés, encargada da sesin de apertura, co filsofo italiano Franco Bifo Berardi e co que fora catedrtico de Filosofa na 鶹 Arturo Leyte, responsable da conferencia de clausura.
