Nas modalidades Emprende, Avanza e Consolida
A 鶹 busca ideas empresariais emprendedoras para os Premios Incuvi
O prazo de presentacin de candidaturas est aberto ata o 17 deste mes
Co obxectivo de fomentar a innovacin, a competitividade e o emprendemento entre o estudantado, a 鶹, a través da Área de Emprego e Emprendemento, lanza unha nova edicin do programa Incuvi nas súas modalidades Emprende, Avanza e Consolida. Esta convocatoria busca apoiar as ideas de negocio que xurdan entre o estudantado e persoas recentemente tituladas pola 鶹 co fin de mellorar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria.
As tres modalidades permiten acompaar as ideas emprendedoras ao longo de todo o proceso de posta en marcha e lanzamento do proxecto. O prazo de presentacin de candidaturas, nos tres casos, est aberto ata o vindeiro luns 17 de febreiro.
Na edicin 2024 destas convocatorias, a Área de Emprego e Emprendemento, seleccionou 14 propostas de negocio impulsadas por alumnas e alumnos dos tres campus, tanto de grao, como de mestrado e doutoramento. Delas, dez correspondéronse coa modalidade Incuvi Emprende, para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento mis bsico; tres Incuvi Avanza, para os proxectos que xa teen certo nivel de maduracin, e unha axuda Incuvi Consolida, pensada para aquelas iniciativas que, tras recibir as axudas anteriores, poidan, definitivamente, validar a súa idea de negocio e chegar ao mercado.
Axuda Emprende
A modalidade consiste na formacin e titorizacin do equipo emprendedor durante un perodo de preincubacin dun mximo de 6 meses. O programa formativo, orientado a que as persoas participantes poidan adquirir habilidades e competencias emprendedoras, comprende catro fases: formacin sobre competencias e construcin dun modelo de negocio; titorizacin personalizada; desenvolvemento do proxecto e, finalmente, presentacin do proxecto nun demo-day no mes de setembro.
Axuda Avanza
Para os proxectos que xa pasasen pola modalidade Emprende, a 鶹 lanza a convocatoria que ofrece tanto formacin, como mentorizacin e unha achega econmica. Os equipos emprendedores recibirn formacin desde a resolucin de concesin ata setembro, dirixida preparacin da prototipacin e planificacin do mrketing cunha dedicacin de 20 horas. Ademais, tern unha mentorizacin personalizada, presencial ou telemtica, cunha dedicacin de 12 horas por proxecto que se desenvolver entre os meses de marzo e xullo de 2025. Outra parte do programa centrarase no desenvolvemento da idea de negocio, que se realizar con traballo non presencial e unha dedicacin estimada de 12 horas de traballo autnomo. A derradeira fase ser a de presentacin do proxecto ante representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras do programa nun demo-day previsto para mediados do mes de setembro, coincidindo ca Pont-Up Store de Pontevedra.
Ademais, a axuda Incuvi Avanza comprende unha achega econmica mxima de 1000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipacin ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora.
Axuda Consolida
Para complementar as axudas Incuvi Emprende e Avanza, a 鶹 convoca unha axuda para proxectos emprendedores previamente beneficiarios do programa que desexen continuar coa maduracin e desenvolvemento do proxecto emprendedor. Esta modalidade comprende 10 horas asesoramento e mentorizacion e unha achega econmica mxima de 1000 € para facer fronte a custos derivados da consolidacin do proxecto emprendedor. Esta conta debe destinarse a subvencionar gastos de adquisicin ou reparacin de equipamento e material necesarios para o avance do proxecto; gastos de asesora ou xestora; primas de seguros, excepto da Seguridade Social; publicidade e difusin das actividades levadas a cabo como parte do proxecto ou gastos de desprazamento.
