DUVI

Diario da 鶹

O proxecto ser desenvolvido polo Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio

Universidade e Xunta comezan a intervencin arqueolxica no campamento romano da Ciadella

Afondarase no coecemento deste asentamento construdo no século II despois de Cristo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Աپ
DUVI Ourense 11/03/2020

A intervencin arqueolxica impulsada pola Xunta de Galicia no campamento romano da Ciadella, no concello corués de Sobrado, xa est en marcha. Desde o luns 2 de marzo e durante seis meses un equipo de arqueoloxa e restauracin da 鶹 afondar no coecemento deste asentamento militar construdo no século II despois de Cristo. “A intervencin forma parte dun proxecto moi amplo e abranguinte onde se conxuga investigacin, novas escavacins e tarefas de conservacin-restauro cunha duracin total de dez meses”, explica Adolfo Fernndez, director do proxecto e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da 鶹.

O proxecto, no que o Goberno galego inviste preto de 240.000 euros, é froito da consecucin por parte do equipo da 鶹 do concurso de licitacin do traballo promovido pola Consellara de Cultura e Turismo e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80%), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A escavacin desenvolverase durante tres meses, desde marzo ata maio, e nela participan doce persoas, técnicos e auxiliares de arqueoloxa, contando o proxecto coa participacin dos membros do GEAAT e profesorado da Facultade de Historia do campus de Ourense Fermn Pérez, Susana Reboreda e Ladislao Castro.

“Estes primeiros traballos consistirn na escavacin de novas reas, designadas como edificios 1 e 2, e a limpeza e reescavacin de zonas anteriormente intervidas co obxectivo de realizar un levantamento fotogramétrico 3D e un rexistro pormenorizado de todas as estruturas antigas conservadas”, comenta Adolfo Fernndez. O xacemento, detalla, “é moi complexo xa que presenta unha ocupacin prolongada desde a construcin inicial do campamento militar, probablemente a inicios do século II despois de Cristo, coa chegada e instalacin da Cohors I Celtiberorum, ata o século XIII, cunha importante ocupacin tardo-antiga que se estende por riba do forte militar romano asociado a unha primitiva igrexa alto medieval, que no século XIII foi trasladada a poucos metros fra do xacemento”. Esta unidade militar mixta (de infantera e cabalera) dependa directamente da Lexio VII Gémina, establecida en Len, sendo a súa funcin principal a de garantir as comunicacins entre Lucus Augusti (Lugo), unha das capitais romanas do Noroeste, e o porto de Brigantium (A Corua), amais de controlar as explotacins mineiras da zona e dar soporte administracin para o cobro de impostos.

Áreas de traballo

Unha vez rematados os traballos de escavacin e rexistro, explican os seus responsables, “ser o momento de executar un intenso proxecto de conservacin-restauro de todos estes elementos”, que ser levado a cabo por parte doutro equipo especializado baixo a direccin da conservadora-restauradora Marta Lago, membro do GEAAT. En paralelo a todos estes traballos, engaden os seus responsables, vanse realizar estudos multidisciplinares que inclúen datacins radiocarbnicas; estudos de caracterizacin de morteiros e datacins dos mesmos por OSL; estudos arqueobotnicos, arqueozoolxicos e cermicos de todos os restos recuperados; prospeccins xeofsicas non destrutivas, levantamento con drone, etc. Para estes traballos, o proxecto conta coa colaboracin cientfica de especialistas de varias institucins, como as universidades de Santiago de Compostela, A Corua, Len e Porto, ademais doutros investigadores e investigadoras da 鶹. O obxectivo é aumentar o coecemento sobre a funcionalidade dos diferentes edificios escavados do campamento e das fases de ocupacin para una futura musealizacin deste importante elemento do patrimonio cultural galego.

Por último, o proxecto, indican os seus promotores, tamén inclúe un “programa de promocin e divulgacin en redes e tamén coa sociedade local mediante charlas, conferencias e obradoiros con nenas e nenos e coa vecianza”, que sern xestionados por Xeitura e deseados por Begoa Garrido, membro do GEAAT. A primeira destas charlas ser o da 27 de marzo, s 17,00 h, en Sobrado e servir de presentacin dos traballos aos vecios e vecias dos concellos prximos.