DUVI

Diario da 鶹

Este xoves presentronse as novidades nun acto no edificio Redeiras

O Universidade Vigo Rugby Club aposta pola canteira e a presenza feminina para a temporada 2021-2022

Conta con mis de 250 fichas entre todas as categoras, situndose en cifras previas pandemia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
M. Del Ro DUVI 25/11/2021

Tras case dous anos de pandemia e froito dun grande esforzo por parte da directiva e do corpo técnico, o Universidade Vigo Rugby Club conta nesta temporada 2021-2022 mis de 250 xogadores e xogadoras entre os equipos de toda as categoras, o que supn recuperar as cifras previas covid-19. As o explicou o presidente da entidade, Xon Martnez, nun acto celebrado este xoves no edificio Redeiras para dar a coecer as principais novidades do club para a nova campaa. Tanto el como o novo preparador fsico, Óscar Ferreras, fixeron fincapé neste importante crecemento de fichas, principalmente través do apoio e o fomento da canteira, e tamén puxeron en valor o incremento da presenza de mulleres, tanto no cadro de xogadoras como na directiva. Ao acto asistiu tamén Natalia Caparrini, vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria. Como representante da 鶹, o presidente do equipo agradeceulle a súa “colaboracin econmica, moral e de instalacins”, froito dunha “relacin histrica, como o é a relacin do rugby en Espaa co eido universitario”. A vicerreitora, pola súa banda, recalcou o “firme compromiso que ten a 鶹 co deporte” como parte fundamental da formacin do alumnado, xa que a prctica deportiva serve para “adquirir unha serie de valores que favorecen as habilidades e competencias transversais, hoxe en da moi demandadas en todos os eidos da vida, como a responsabilidade, a integracin social, compaeirismo, igualdade, traballo en equipo, superacin, compromiso ou esforzo”.

46% mis de presenza feminina

Nesta temporada 2021-2022 o Universidade Vigo Rugby Club conta con nove equipos (M6, M8, M10, M12, M14, M16, M18, Sénior Feminino e Sénior Masculino) e arredor de 250 licencias federativas. As xogadoras representan o 33% do cadro, e anda que segue a ser unha importante diferencia, dende o club amosan o seu orgullo porque a incorporacin de nenas e mozas continúa nunha senda de constante crecemento, “rompendo co dogma de que o rugby é un deporte masculino”, como lembraba o director deportivo. De feito, con respecto a 2019 , o incremento da presenza feminina é do 46%, con 17 nenas e mulleres mis nas diversas categoras. Precisamente este foi un dos aspectos que mis recalcaron tanto Xon Martnez como Óscar Ferreras, que apuntaban que “temos cada vez mis nenos xogando, pero sobre todo cada vez mis nenas e mozas, o que nos enche de orgullo, porque cremos que os valores do rugby deféndense con feitos e non con palabras, sobre todo nunha xornada coma a de hoxe”, Da internacional da eliminacin da violencia contra a muller.

Respecto das principais novidades para esta nova temporada, o presidente destacou o reforzo da directiva con novos e novas integrantes, as como o nomeamento de Óscar Ferreras, “un home da casa”, como director deportivo para todas as categoras e dun preparador fsico, unha figura coa que nunca contara o club, e que ser exercida por Joaqun Maguna, adestrador, ademais, do equipo sénior feminino.

Xon Martnez tamén lembrou que o club se atopa nunha situacin de “tranquilidade econmica” e agradeceu o traballo desinteresado de todos e todas os que forman parte del, as como o apoio dos patrocinadores, dende a 鶹 ata empresas patrocinadoras como Kaleido Ideas & logistics, Mosteiro de Oia, Iberconsa Seafood Processing, Maviva-Alservi, Mahou e Woman Power e entidades como a Xunta, a Deputacin e o Concello de Vigo. Da man de todos eles, engada, “imos seguir traballando para converternos nun referente no rugby a nivel estatal no tratamento da canteira, promocionando os valores do rugby e fomentando a participacin de nenas e mozas neste deporte”.

40 fichas no equipo sénior masculino

Os equipos sénior, tanto masculino coma feminino, militan nesta temporada na Liga Rexional Galega de Rugby, unha competicin que botou a andar o pasado 16 de outubro. Óscar Ferreras, o novo director deportivo, destacou o importante crecemento de fichas en toda as categoras, con especial énfase no equipo feminino, “que incrementou significativamente o número de xogadoras” dirixidas por Joaqun Maguna. Pola súa banda, o equipo masculino, adestrado por Chema Fernndez, conta con preto de 40 licencias, un número moi elevado tendo en conta que tan s compite un equipo, xa que “a Federacin Galega non foi quen de organizar dúas ligas rexionais”. A este respecto, recoeceu que existen “aspectos positivos e menos positivos pero, de cara ao futuro, se se poen en marcha dúas ligas rexionais ou se se acada o ascenso, contamos con xogadores para poder afrontalo”.