Carla Gonçalves levou a cabo este estudo con alumnos do Instituto Politécnico de Viana do Castelo
Unha tese constata os beneficios para a mocidade dun adestramento centrado na mellora do equilibrio
Realizado tanto sobre unha superficie estable como inestable
Os programas de adestramento neuromuscular orientados mellora do equilibrio e do control postural teen amosado os seus beneficios en múltiples mbitos, desde o rendemento deportivo ata a prevencin de cadas en persoas maiores. Non obstante, “os beneficios desta prctica na poboacin mis nova non parecen ser esclarecedores”, recoece a investigadora Carla Gonçalves, quen, partindo deste feito, centrou a súa tese de doutoramento en analizar os efectos de dun programa de adestramento do equilibrio esttico e dinmico en estudantes universitarios. A investigacin que levou a cabo cun grupo de alumnas e alumnos da Escola Superior de Desporto e Lazer do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) permitiulle constatar como un programa de exercicios de nove semanas implicaba “melloras significativas” nas diferentes medidas de avaliacin tanto do equilibrio esttico, a capacidade de manterse erguido e estable sen realizar desprazamentos, como do dinmico.
Profesora convidada na Escola Superior de Desporto e Lazer de Melgaço, na que se levou a cabo a investigacin, Cerqueira Gonçalves desenvolveu a súa tese Impacto de um programa de treino muscular no equilibrio postural en jovens adultos ativos no programa de doutoramento en Educacin, ú e Deporte da 鶹 baixo a direccin do profesor da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte José Mara Cancela e do docente do IPVC Pedro Bezerra. “O equilibrio e o control postural son a base para a execucin do movemento humano, desde simples tarefas da vida diaria a xestos deportivos mis técnicos e complexos”, sinala esta investigadora e docente, con mis de dez anos de experiencia profesional como instrutora en ximnasios. “As variables de estabilidade postural, equilibrio esttico e equilibro dinmico” téense amosado fundamentais, engade, como “preditores do rendemento deportivo”, pero tamén en materia de rehabilitacin e prevencin de lesins, motivo polo que incide na importancia de “ter unha maior solidez cientfica na avaliacin dos beneficios” que a prescricin de adestramento neuromuscular pode ter en etapas como a infancia e a mocidade, nas “que deben desenvolverse as capacidades fsicas”.
Traballo sobre superficies estables e inestables
Un total de 77 alumnos e alumnas de entre 19 e 20 anos participaron nun estudo no que Gonçaves buscaba tamén verificar a influencia que poda ter realizar este adestramento sobre unha “plataforma inestable”, como era neste caso un bosu, fronte realizacin do mesmo programa de exercicios en solo. Para esta investigacin, as e os estudantes dividronse en tres grupos, dous experimentais que levaron a cabo o mesmo programa, uns sobre solo e outros sobre o bosu, unha semiesfera empregada para o traballo do equilibrio, e un grupo de control que “mantivo as súas rutinas de adestramento”. Este programa de adestramento levouse a cabo ao longo de nove semanas, con tres sesins de 45 minutos en cada unha delas, consistentes na realizacin dunha serie de “exercicios neuromusculares” empregando o seu peso corporal, nomeadamente diferentes “exercicios de forza dos membros inferiores, con progresins semanais”, que foron planeados para “desafiar os sistemas somatosensorial, vestibular e visual”, determinantes, lembra Gonçalves, para o mantemento do equilibrio.
Melloras en ambos casos
Rematado o programa, o equilibrio postural esttico foi avaliado a través dunha plataforma de forzas Kistler, tanto cos ollos abertos e pechados como “en desafo do sistema visual-vestibular”, explica a investigadora. “Todos os grupos mostraron melloras significativas”, sinala Gonçalves, que destaca que nesta avaliacin non se rexistraron “diferencias estatisticamente significativas” entre os diferentes grupos participantes. Algo similar aconteceu na avaliacin do equilibrio postural dinmico, realizada a través do Y Balance Test, que permite medir “o alcance mximo anterior, posterolateral e posteromedial”. Despois da intervencin, tanto o grupo que realizou o adestramento en solo como o que o fixo no bosu “presentaron resultados significativamente mellores en todas as medidas” deste test, mentres que non se detectaron cambios en ningunha das variables no grupo de control.
“De forma xeral, o adestramento cunha superficie inestable ou estable parece ter o mesmo impacto na mellora do control do equilibrio esttico e dinmico en adultos novos”, conclúe Gonçalves. Por outra banda, no referido s diferencias entre sexos, as mulleres participantes presentaron un “mellor ndice de estabilidade” que os homes “en todas as condicins do equilibrio esttico”, mentres que eles tiveron un rendemento un 6% superior que as alumnas na proba posterolateral do Y Balance Test. As mesmo, os resultados da investigacin, engade, “indican unha relacin, de pequena a moderada, entre o equilibrio esttico e o dinmico no control postural”.
