DUVI

Diario da 鶹

Mar Ramn estudou unha serie de obras realizadas desde o perodo das vangardas ata a actualidade

Unha tese analiza o uso dos obxectos na arte desde unha perspectiva de xénero

A investigacin constatou que, na súa maiora, os procesos de creacin non responden a estereotipos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Աپ
DUVI Pontevedra 19/12/2022

O uso de obxectos procedentes da vida coti como elementos para a creacin de pezas escultricas ou de instalacins constitúe unha constante na arte contempornea desde o perodo das vangardas. Mais, nos procesos creativos os obxectos son empregados dun xeito diferente por parte de mulleres e de homes? Esta pregunta constitúe o punto de partida da tese que Mar Ramn desenvolveu no programa de doutoramento en Creacin e Աپ en Arte Contempornea da 鶹. Dirixida a analizar como se ven reflectidos, explica, “os estereotipos vinculados ao masculino e ao feminino nos procederes das e os artistas que empregan o obxecto como material de traballo”, a anlise realizada por Ramn Soriano levou a pr de relevo como as “concepcins sociais” ligadas aos xéneros fanse patentes en maior medida no xeito no que as obras son analizadas por público e crtica, en lugar de nos propios procesos de traballo.

Dirixida pola profesora Chelo Matesanz, a tese El género como proceso en el arte objetual traza un percorrido por esta tipoloxa de obras, “desde as vangardas, que inauguraron o uso dos obxectos como material de traballo, ata as producins mis actuais”, como explica a súa autora. Nese senso, se ben a entrada do obxecto no mundo da arte e as formas de traballar con estes xa foran analizadas con detemento previamente, “percibimos unha fenda no momento no que engadimos a variable de xénero como condicionante”, recoece Mar Ramn, que actualmente d continuidade a súa investigacin cunha estada na Parsons School of Design, en Nova York, grazas a unha bolsa outorgada pola Comisin Fulbright e a Xunta de Galicia.

A diferencia est en como se perciben os obxectos, non en como se usan

Partindo da idea de que os obxectos tamén teen “connotacins de xénero”, Ramn tomou unha serie de “clixés e estereotipos” asociados idea do masculino e o feminino, co propsito de cuestionar se os procesos de traballo con estes elementos por parte dos artistas homes “son mis agresivos, duros ou asépticos” que os empregados polas artistas mulleres, “que poderan describirse como suaves, brandos ou baseados mis no coidado que na destrucin”. A través da anlise de mis de 120 obras que tian como elemento común o uso de obxectos, Ramn Soriano foi “refutando” ao longo da súa tese que este tipo de connotacins estivesen vinculadas na prctica artstica a un determinado xénero. “Adxectivos como pasional ou impulsivo recrdannos s obras de Pollock ou Picasso en vez de a prcticas femininas; o grotesco, vulgar ou flico emprégase de forma constante nas esculturas femininas, a pesar de poder constiturse como un mbito masculino”, apunta a investigadora, que sublia que a maiora das obras analizadas “ou ben desmontan directamente os arquetipos establecidos en torno ao xénero ou se atopan dentro dun espectro central”.

“A diferencia non est no proceso en si, senn nos discursos ou intereses que levan a el”, conclúe Ramn, que sinala que é no momento de “anlise ou lectura das obras” cando se ven plasmadas esas “concepcins sociais vinculadas ao xéneros” e que non formaban parte dos procesos artsticos. “Comprobamos que en moitas ocasins vai intentar construrse un imaxinario en torno s obras femininas que non ten moito que ver co que elas queren expresar, senn que mis ben aparece como o reflexo dunha proxeccin ou lectura masculina sobre elas”, sostén Ramn, que atopou no seu percorrido histrico diferentes exemplos de artistas “cansadas de ser encadradas na que parece podera ser unha vangarda mis, a da arte feminina”. Nese senso, a tese incide en como, nos dous primeiros terzos do século XX, prodúcese unha “unificacin errnea da prctica das mulleres artistas” por parte de historiadores e crticos. Trtase, recoece, dalgo que “foi reducndose” nas últimas décadas, de tal xeito que, na actualidade, na maiora de anlises “non se establecen este tipo de argumentacins a non ser que exista unha reivindicacin dentro do discurso da propia persoa hora de traballar”, deixando atrs “outro tipo de estereotipos que se estenderon durante o pasado século”, como que “gran parte das obras” das artistas “eran autobiogrficas”.

Un percorrido pola arte contempornea

O estudo desenvolvido por Mar Ramn posibilitou tamén “unha recuperacin de numerosas artistas que utilizaron o obxecto dunha forma similar dos seus compaeiros masculinos”, mais que “quedaron bastante invisibilizadas”. De feito, un dos principais problemas cos que se atopou para o estudo das primeiras vangardas foi a ausencia de fotografas e o “escaso rexistro” das obras obxectuais femininas recollidas nas follas de sala de múltiples exposicins. Neste punto, Ramn lembra que anda a da de hoxe “cuestinase” se un dos “fitos da historia da arte”, a obra realizada cun urinario Fontaine (1917) foi obra de Marcel Duchamp ou de Elsa Von Freytag-Loringhoven.

Por outra banda, este percorrido histrico permite tamén detectar ideas e recursos ligados ao traballo cos obxectos que se repiten ata a actualidade, como o seu uso no “cuestionamento das categoras artsticas do pasado”, que se d en maior medida nos artistas masculinos. Tamén como a “prctica paseante do flaneur” é asumida polas artistas a través de “prcticas recolectoras de refugalllo ou de observacin e anlise” ou como artistas de ambos sexos fan un uso artstico de obxectos ligados s vivencias e memoria. Porén, a anlise permitiu tamén pr o foco en procesos “que practicamente non existen nas prcticas masculinas”, como por exemplo “aqueles que tenden colectivizacin ou ao traballo en equipo” ou “prcticas prximas performance nas que o corpo dialoga cos obxectos ao seu redor”. As mesmo, un dos captulos da tese analiza “a importancia que cobra o obxecto na producin feminista” a partir da década de 1970 e 1980, cunha corrente que “vai reivindicar o doméstico como material de producin”, desde unha perspectiva crtica, “cuestionando estes elementos” e creando “un imaxinario propio”.