Foi realizada pola investigadora da 鶹 Noelia Cambeiro
Unha tese analiza o efecto de diferentes compostos bioactivos sobre o sistema inmune
Centrouse no estudo do metabolismo celular
Os compostos bioactivos de orixe natural, extrados principalmente de plantas e bacterias, suscitan un grande interese entre outros motivos polo seu impacto no sistema inmune das persoas. Na súa tese de doutoramento, a investigadora da 鶹 Noelia Cambeiro abordou o efecto de varios deses compostos sobre o sistema inmune.
A tese, titulada Effect of bioactive compounds on the immune system. A multiplatform metabolomics approach (Efecto dos compostos bioactivos sobre o sistema inmune. Unha aproximacin metabolmica multiplataforma) foi realizada no Departamento de Qumica Analtica e Alimentaria, concretamente no grupo de investigacin Food and Health Omics da Facultade de Ciencias do campus de Ourense coa codireccin da profesora Elena Martnez Carballo.
Un campo de investigacin clave
Licenciada en Bioloxa con especialidade en bioloxa molecular e Mster en Ciencia e Tecnoloxa Agroalimentaria, a xa doutora pola 鶹 sinala que os compostos bioactivos de orixe natural son ubicuos e “defnense como bioactivos principalmente en funcin das súas actividades biolxicas, onde destaca o seu papel na modulacin do sistema inmune”. Segundo explica a autora da tese, diversas enfermidades humanas de orixe non infecciosa “estn asociadas cunha alteracin na microbiota intestinal (disbiose) e unha resposta inmune desbalanceada como a enfermidade inflamatoria intestinal ou o cancro colorrectal”. Igualmente, apunta, é coecido que a microbiota intestinal “pode ser modulada positivamente mediante a administracin de bacterias ou substratos bacterianos (probiticos) que, súa vez, poden modificar o estado inmune do hospedador”. Neste senso apunta que dentro das moléculas efectoras presentes na microbiota que confiren efectos beneficiosos para a saúde humana destacan as moléculas de natureza proteica.
Por outra banda, comenta a investigadora do campus de Ourense, un grupo importante de fitoqumicos que demostraron capacidade para modular a resposta do sistema inmune son os compostos fenlicos e, en especial, as dihidrochalconas, predominantes en mazs, "que demostraron efectos antioxidantes, anticancerxenos e anti-inflamatorios". A este respecto, Noelia Cambeiro explica que dada a significativa diversidade estrutural dos compostos fenlicos sbese que a presenza de residuos de azucre, o tipo, a posicin e o grao de glicosilacin determinan as súas propiedades inmunomoduladoras. “É por iso que a identificacin dos mecanismos estruturais e moleculares subxacentes aos efectos beneficiosos promovidos por diferentes compostos bioactivos sobre a saúde humana constitúe un campo de investigacin crave. Por esta razn é de vital importancia o desenvolvemento e a posta en valor de estratexias de anlise masiva ou micas como son os enfoques de metabolmica non dirixida”, afirma.
Péptido HM14 e efecto inmunomodulador de mazs
Neste contexto, a tese de Noelia Cambeiro tivo como obxectivo a interpretacin do efecto in vitro dos compostos bioactivos sobre o sistema inmune, centrndose no estudo do metabolismo celular mediante a aplicacin de técnicas de metabolmica non dirixida multiplataforma. Concretamente avaliou, por unha banda, o efecto inmunomodulador dun péptido encriptado nunha glicosidasa extracelular de Bifidobacterium longum NCIMB 8809, denominado HM14. E, doutra banda, avaliou o efecto inmunomodulador dunha variedade local de mazs e os seus constituntes (folla, pel e polpa) desde un enfoque estrutura-actividade. Os estudos realizados, comenta a súa responsable, “poderan ser de aplicacin na industria biotecnolxica para o desenvolvemento de novos ingredientes funcionais que permitan a prevencin de trastornos gastrointestinais de natureza autoinmune e inflamatoria, as como reducir os efectos adversos desas enfermidades”.
Na primeira parte do estudo, sobre péptidos bioactivos de orixe bacteriano, demostrou que o péptido inmunomodulador HM14 interacciona de forma especfica coas células presentadoras de antxenos ademais de diminur parmetros prol-inflamatorios en células mononucleares de sangue periférico (PBMCs). As anlises de metabolmica confirmaron a capacidade de HM14 para modular a actividade metablica das PBMCs para cumprir co incremento da demanda de enerxa e actividade biosintética. “Apiase desta forma a visin do metaproteoma do intestino humano como fonte de péptidos inmunomoduladores”, sinala Noelia Cambeiro. Na segunda parte do estudo, que avaliou o efecto inmunomodulador dunha variedade local de mazs, demostrouse que "células co-estimuladas con extractos de maz e un axente prol-inflamatorio (LPS) presentaban unha resposta metablica similar resposta metablica observada nun estado non inflamado, o que podera suxerir a capacidade destes extractos para contrarrestar os mecanismos prol-inflamatorios desencadeados polo LPS". Observouse tamén, tal e como recolle a tese, "que a presenza do residuo de glicosa nas dihidrochalconas inflúe no metabolismo celular, sendo o composto non glicosilado, floretn, o que mostrou maior capacidade inmunomoduladora”. Igualmente corroborouse no estudo que a actividade inmunomoduladora de mesturas de compostos fenlicos non se poden predicir a partir da actividade observada nos compostos puros. “En xeral, o uso sostoble da maz e os seus subprodutos, xa sexa para o illamento de compostos bioactivos ou para a preparacin de extractos terapeuticamente útiles, podera ser un recurso valioso para aplicacins farmacéuticas e/ou alimentarias para o manexo de trastornos inflamatorios”, comenta a autora do traballo.
A tese desenvolveuse no marco de dous proxectos de investigacin financiados en convocatorias públicas titulados Obtencin de péptidos bioactivos contra a enfermidade inflamatoria intestinal e o cancro colo-rectal a partir de secuencias xenéticas de xenomas e microbiomas alimentarios e intestinais (financiado pola Consellara de Cultura, Educacin e Ordenacin Universitaria da Xunta de Galicia) e liderado por Elena Martnez (鶹), as como da Rede cooperativa de investigacin no mbito de polifenois e as súas aplicacins industriais Iberphenol (financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no programa Interreg Espaa-Portugal e liderado pola Universidad de Salamanca).
