Na sexta edicin duns encontros nos que participan nove centros de formacin artstica
Terra e territorio inspiran as creacins que alumnado de Belas Artes e Deseo desenvolve xunto a estudantes de toda Galicia
Teen lugar no Pazo de Marin, en Bergondo
A terra, como materia e como lugar, constitúe o eixe temtico da sexta edicin da residencia de artistas emerxentes Encontros de Marin, que ao longo desta semana leva un grupo de estudantes das facultades de Belas Artes e Deseo a desenvolver proxectos artsticos en colaboracin con alumnado de sete centros formativos de diferentes puntos de Galicia. Promovida pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), xunto cos nove centros implicados, e coa colaboracin da Deputacin da Corua, esta residencia reúne 40 estudantes no Pazo de Marin, na localidade coruesa de Bergondo, onde traballan no desenvolvemento dunha serie proxectos artsticos que na tarde deste xoves presentarn ao público, nunha xornada de portas abertas.
Dirixida a crear sinerxas entre os distintos centros de formacin artstica superior de Galicia, este encontro reúne, xunto ao alumnado da 鶹, a estudantes das EASD Antonio Falde, Ramn Falcn, Pablo Picasso e Mestre Mateo, do Conservatorio Superior de Música da Corua, da Escola Superior de Arte Dramtica de Galicia, e do CIFP Imaxe e Son da Corua. “É unha experiencia moi positiva, de moita intensidade”, recoece o profesor de Belas Artes Ignacio Barcia, que coordina a participacin do estudantado do campus neste encontro xunto co docente da Facultade de Deseo Romn Corbato. Nese senso, pese a que as e os estudantes participantes foron seleccionados por un proxecto previo, estes vanse transformando ao da semana, como froito desa interaccin “con alumnado de mbitos artsticos mis ou menos prximos”. De feito, o encontro arrancaba este luns cunha xuntanza, “na que falan dos seus proxectos e empezan a establecer sinerxas”, sinala Barcia, que incide no “activador” que resulta para o estudantado poder “alimentarse no propio proceso creativo” das achegas de creadoras e creadores doutros eidos s súas propostas.
Materia e lugar
Cada edicin toma como referencia a traxectoria dun artista e a conmemoracin do Ano Castelao e o feito de que se lle dedique neste 2025 o Da das Artes Galegas a Isaac Daz Pardo motivaron que os promotores deste encontro buscasen unha temtica que conectase ambas figuras. “Pensamos na terra, como materia, pero tamén como territorio”, sinala Barcia do eixe temtico a partir do que as e os participantes comezaron a idear os seus proxectos artsticos. Isto motiva que nestas xornadas, o alumnado se atope desenvolvendo intervencins artsticas a partir da propia terra recollida na contorna de Marin, mais tamén que outros “estean traballando a partir dos sons que captan no lugar”, apunta este docente do traballo que desenvolven sete estudantes do campus.
Concretamente, para esta edicin dos Encontros de Marin foron seleccionadas as alumnas do Grao en Belas Artes Saray Martn e Noela Paz e as estudantes do doutoramento en Creacin e Investigacin en Arte Contempornea Sara Pieiro, Cristina Rodrguez e Judit Vaquero, xunto con Laura Domnguez e Romn Pereira, do Grao en Deseo.
Unha semana de encontros e de traballo coxunto
Alén do traballo que as e os participantes desenvolven ao longo desta semana, no programa destes encontros insrense tamén outra serie de actividades, como as conferencias de Felipe Senén, Din Matamoro, Mnica Alonso, Miguel Anxo Seixas e Xosé Daz ou sesins musicais. Esta residencia acolleu as mesmo este mércores a visita do presidente da Deputacin da Corua, Valentn Gonzlez Formoso, e celebra este xoves s 19.00 horas a súa xornada de portas abertas, pechndose a actividade na ma do venres cunha xornada de conclusin e entrega de diplomas.
