DUVI

Diario da 鶹

O campus de Ourense celebrou este venres a novena edicin desta feira divulgativa

eXXperimenta en Feminino somerxe a case 400 escolares na ciencia, a tecnoloxa, a enxeara e as matemticas sen prexuzos de xénero

Empresariais e Turismo uniuse tamén conmemoracin do 11F cunha conferencia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • پܱ
  • Feiras e exposicins
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Ourense 20/02/2026

Case 400 rapazas e rapaces da provincia de Ourense participaron este venres no campus de Ourense na novena edicin da feira eXXperimenta en Feminino, a gran cita anual coa divulgacin cientfica e co fomento da igualdade no eido CTEM (ciencias, tecnoloxa, enxeara e matemticas) do campus de Ourense. A iniciativa é froito do traballo e do compromiso dun amplo colectivo de persoal docente e investigador da 鶹, principalmente mulleres, que queren contribur a rachar os teitos de cristal neste eido: a falta de referentes femininos cientficos na sociedade e a desproporcin entre homes e mulleres nas carreiras cientfico-tecnolxicas.

A feira celébrase no edificio Politécnico co gallo do 11 de febreiro, Da Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e nela participan arredor de 150 investigadoras e investigadores, maioritariamente mulleres, da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeara Informtica e da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo. Conta co apoio de, ademais dos centros implicados, do Campus Auga; das unidades de Cultura Cientfica e de Igualdade da 鶹 e da Consellera de Educacin, Ciencia, Universidades e Formacin Profesional. Pola ma estivo aberta aos centros educativos que reservaron praza (14 grupos de estudantado preuniversitario de Ourense cidade, Xinzo de Limia, Bande e Allariz) e a partir das 14.00 h ao público en xeral, xa con entrada libre.

Na visita feira, Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, salientou que “é moi importante que a rapazada vea ao noso campus, pasee polas nosas facultades, coeza s nosas investigadoras e investigadores e o traballo que realizan, que participen en experimentos e que vexan a importancia da ciencia para a sociedade e como esa ciencia tamén a fan mulleres”. Pola súa banda, en nome do colectivo organizador, a profesora Alma Gmez sinalou que “seguimos celebrando esta feira coa mesma ilusin de sempre, porque cada ano nos chaman mis colexios interesados en vir e temos que deixar sempre algúns fra pero coa pena de ter que seguir facéndoa porque persiste a desigualdade nas carreiras CTEM”. As, lembrou que anda que arredor do 50% do alumnado universitario é feminino esta cifra é inferior ao 30% nas carreiras CTEM e en titulacins como Enxeara Informtica est arredor do 15%. Amosando a satisfaccin polos resultados que cada ano colleita esta iniciativa, a profesora subliou que “a organizacin desta feira comeza co inicio do curso académico e leva moito traballo detrs”, felicitando a todas as persoas e grupos implicados polo traballo feito para que a rapazada “vexa que as mulleres tamén facemos ciencia”.

Experimentar e aprender

Ao longo da ma, as e os escolares percorreron cada un dos 13 postos da feira para facer todo tipo de experimentos, ademais de coecer tanto as titulacins CTEM que se imparten en Ourense como persoas que nelas traballan ou estudan. Os postos estiveron relacionados con diferentes aspectos do traballo investigador que realizan os diferentes grupos de investigacin do campus de Ourense implicados nesta feira. Entre as numerosas actividades cientficas ofrecidas neles, principalmente por investigadoras pero tamén por investigadores, o público puido ver microorganismos da auga; coecer o valor oculto na biomasa; crear un arco da vella; coecer como se forman as nubes e os tornados e a loita insectfriendly contra a vespa velutina. Tampouco faltaron experiencias como ver o funcionamento dun túnel de vento de aeronutica; programar con ferramentas sinxelas; e coecer como os residuos poden ter unha segunda vida e o poder das encimas. Achegarse importancia do solo e do Adn ou realizar un ‘escape room’ para aprender conceptos de refinera e de biorefinera foron outras das propostas para o alumnado que se achegou a eXXperimenta.

A programacin da tarde, aberta s persoas interesadas, inclúe a conferencia Barbies e robots, ofrecida por Deborah Garca Bello (A Corua), investigadora en ciencia dos materiais, escritora e divulgadora cientfica autora do blog de divulgacin Deborahciencia. Ser s 16.30 h, no saln de actos Marie Curie do edificio Politécnico, non sendo necesaria inscricin previa. Por último, na celebracin de eXXperimenta en Feminino entregaranse os galardns do X Concurso de Creacin Artstica do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizado por este colectivo.

Mulleres na industria e a empresa

A programacin relacionada co 11F no campus de Ourense completouse este venres coa celebracin da xornada Mulleres que transforman a ciencia, a industria e a empresa, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. A actividade quixo ser “un espazo de inspiracin, aprendizaxe e dilogo coas profesionais invitadas, referentes nos seus mbitos e exemplos de compromiso, innovacin e liderado”, tal e como sinalaron desde o centro. Moderada pola profesora Isabel Diéguez, a cita contou coa participacin de Dora Casal (xerente de Roberto Verino); Alicia Mara Gmez (xerente de Inplasor Galicia) e de Luca Novel (directora de Ingeo Enxeera Xeotérmica). Con esta actividade a facultade quixo “contribur a recoecer, visibilizar e apoiar o papel das mulleres na construcin dun futuro mis xusto, creativo e sostible”.