Nunha nova edicin da exposicin ‘Proxecto tctil’, promovida coa colaboracin da ONCE
A Sala X convida a contemplar arte cos ollos pechados
A mostra reúne obras de nove estudantes e ex-alumnas de Belas Artes
Reunir obras que polas súas caractersticas, texturas, materiais e relevos poidan ser percibidas a través do tacto é o propsito de Proxecto tctil, a exposicin que desde este luns reúne na Sala X as obras de nove estudantes e ex-alumnos da Facultade de Belas Artes. Comisariada pola decana en funcins, Silvia Garca, a exposicin pon disposicin das e os visitantes uns antefaces que lles permitan coecer esta serie de obras valéndose das súas mans. Por outra banda, grazas colaboracin da ONCE, a mostra, que poder visitarse ata o 12 de xullo, recibir tamén as visitas de diferentes grupos de persoas con discapacidade visual.
Segundo explicou Garca na súa inauguracin, na que estivo acompaada polo director da Área de Cultura, Educacin e Integracin do campus, Manuel Morquecho, a exposicin tivo como punto de partida unha convocatoria que buscaba reunir unha serie de obras que fosen orixinariamente concibidas para ser percibidas a través do tacto ou que polas súas caractersticas se adaptasen a este obxectivo. Finalmente seleccionronse once pezas, presentadas por Gabriela Lusquios, Pilar Picas, Wendy Blanco, Doira Barrio, Laura Álvarez, Renata Sierra, José Eiras, Alejandra Lago e Thomas Apostolou, “artistas que nalgúns casos xa participaran en edicins anteriores”, apunta Garca, que explica que esta é a terceira edicin da exposicin que en 2017 tomou o relevo de Tactilicia, o proxecto impulsado en 2015 desde a delegacin de alumnado do centro co propsito de convidar ao estudantado a crear obras para persoas invidentes.
Obras concibidas para ser tocadas ou que se completan co tacto
“Facer un traballo no que primase o tctil parecame un reto”, recoece Doira Blanco, que achega a esta exposicin un cadro que "nega a parte visual", totalmente negro a primeira vista, pero que contén letras en relevonas que se pode ler 'no me consta'. “Fala sobre o uso e manipulacin da linguaxe”, explica esta alumna sobre unha peza na que optou por materiais que fixesen brando ese relevo, de tal xeito que “cando o tocas, podes esconder as palabras”.
“Xa participara o ano pasado e gustoume moitsimo a experiencia de ver como as pezas son percibidas por xente que non as ve”, engade Alejandra Lago, quepresentaunha obra, մǰ, caracterizada polo uso de materiais téxtiles. “É como un corpo que se retorce, que pretende expandirse pero ao que os fos non lle permiten volver ao seu estado orixinal”, explica esta estudante de doutoramento dunha peza que non naceu orixinariamente para ser percibida a través do tacto. Tampouco creou especificamente con ese obxectivo as obras que presenta a ex-alumna Gabriela Lusquios, que,non obstante, recoece que “quizais se non se tocan, non se poden chegar a entender de todo”. Trtase de dúas das pezas da súa serie As sete pecadoras, na que denuncia como en séculos pasados as mulleres eran calificadas como "histéricas, simplemente porque tian cltoris", a través de representacins deste rganosexualpara as que emprega diferentes tecidos e texturas.
Comisaria de Tactilicia, o proxecto ao que deu continuidade esta exposicin, a egresada Pilar Picas participa como artista nunha mostra que achega unha peza, Carozo, na que se vale de mazurcas de millo, “que era o que a mia nai empregaba para xogar s bonecas”, para reflexionar sobre a infancia. Por outra parte, Picas presenta tamén nesta mostracunha segunda obra que realizou a partires do corazn dunha folla de palmeira e na que aborda “a paz despois da tormenta e o que dela pode florecer”.
Visita do alumnado da ONCE
A terceira edicin de Proxecto Tctil recibir este martes a visita dun grupo de 15 mozos e mozas con discapacidade visual que participan nos campamentos de vern que promove o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra. Visita que permitir as mesmo, explica Garca, recoller informacin respecto de como é “a súa apreciacin estética” desta serie de obras, “observar como as tocan e que lles gusta”. No marco desta exposicin e en colaboracin tamén coa ONCE, Garca proxecta poder repetir esta recollida de datos con persoas adultas con discapacidade visual, co obxectivo de coecer tamén se existen diferencias nese xeito de percibir as obras.
