DUVI

Diario da 鶹

Cecilia Perea, Mara Roja e Inés Daz protagonizaron unha representacin en Belas Artes

Unha reflexin sobre o “acontecemento escénico” para arrincar o curso

Nunha actividade enmarcada na materia 'Proxectos de arte de accin'

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Teatro
  • é
DUVI Pontevedra 12/09/2019

Unha reflexin sobre a relacin entre performance e teatro que tia como punto de partida unha representacin de Ana Mara estuve pensando a pesar mo, unha obra da dramaturga arxentina Soledad Gonzlez, e como protagonistas investigadora e directora teatral Cecilia Perea e as actrices e performers Mara Roja e Inés Daz. Deste xeito arrincou o curso académico o alumnado da materia Proxectos de arte de accin, do grao en Belas Artes, que na tarde deste mércores puideron gozar dunha actividade coordinada por Perea, na que asistiron primeiro a unha mostra “do acontecemento estético” para logo entrar na “reflexin terica sobre a relacin entre teatro, performance e acontecemento”, explicou esta investigadora.

“A verdade é que contamos cunha colaboracin de luxo”, salienta o responsable da materia, o profesor Carlos Tejo, da presenza na que foi a segunda clase do curso de Perea, investigadora da Universidad Nacional de la Patagonia Austral, profesora de teatro no Instituto Superior de Arte 814 e directora do Centro Patagnico de Documentacin Teatral, as como das dúas actrices que deron vida na aula ao texto de Gonzlez. Doutora en arte, na especialidade de teatro, pola Universidad Nacional de Crdoba e en historia da arte pola Universidad de Zaragoza, Cecilia Perea buscou con esta actividade abordar co alumnado como “entre a performance e o teatro existe un territorio amplo, que aparece sempre como un espazo de posibilidade, de apertura”.

Con ese propsito, a actividade arrincou co foco posto no propio “acontecemento”, na representacin da obra de Soledad Gonzlez, de mans da artista visual, performer e actriz Mara Roja, investigadora predoutoralda Facultade de Belas Artes, e da actriz, bailarina, coregrafa e docente catal Inés Daz. O obxectivo da proposta, engadiuPerea, foi en primeiro momento levar ao alumnado ao “rexistro e a accin/reaccin” para logo “revisar entre todos os diferentes marcos tericos desde os que é posible comprender o que acontece neste tipo de propostas". Propostas que, engade, achéganse a esa “fronteira que é tanto teatral como performativa” e na que se xera “un acontecemento que opera como a posibilidade de explorar no baleiro”.
.