DUVI

Diario da 鶹

Unhas xornadas afondaron no seu potencial como “ferramenta transformadora”

A publicidade pode perpetuar os estereotipos de xénero, pero tamén combatelos

Catro profesionais abordaron tamén a falta de representacin feminina nos departamentos creativos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Universidade e empresa
  • é
DUVI Pontevedra 21/04/2023

A pesar de que as alumnas son maiora nas facultades nas que se forman como profesionais, s o 22% dos postos de direccin creativa na industria publicitaria son ocupados por mulleres. Isto provoca que nas súas mensaxes estean ausentes unha serie de narrativas e perspectivas, o que contribúe a que esta industria siga perpetuando estereotipos, como amosa o feito de que, segundo o informe , o 80% dos anuncios de limpeza estean protagonizados por mulleres, ao igual que preto do 75% dos referidos a cosmética e moda. Estes foron algúns dos datos que se puxeron sobre a mesa na xornada A creatividade publicitaria como ferramenta transformadora e impulsora de igualdade, que este venres tivo lugar na Facultade de dzܲԾ e que, a través das visins de varias creativas publicitarias, puxo o foco tanto na situacin da muller nesta industria como no feito de que é posible desenvolver campaas que rachen cos estereotipos.

Coordinada polo profesor Alberto Dafonte e financiada pola Unidade de Igualdade da 鶹, esta actividade insrese na programacin da Semana da Creatividade Culturkata. Presentada pola estudante Noela Sanjurjo, a xornada permitiu achegar o alumnado unha serie de exemplos de “proxectos transformadores” no sector publicitario, como o portal de divulgacin sobre publicidade con perspectiva xénero , impulsado pola exalumna e protagonista da conferencia, Iria Otero. Directora creativa na axencia As Peaky Branders, Otero é unha das fundadoras da escola de creativas Oh! Sister, xunto tamén conferenciante Cristina Guezuraga, que afondou nestas xornadas as propias situacins de desigualdade s que se enfrontan as creativas publicitarias. Previamente, a activista contra a “gordofobia” Alba Cobo puxo o foco en como a publicidade pode e debe representar a diversidade corporal e a xornada pechouse afondando na importancia do uso da linguaxe inclusiva na construcin de marcas, coa intervencin por videoconferencia da arxentina Roco Restaino, unha das fundadoras da asociacin Mujeres en la Publicidad. 

“Penso que é moi interesante que abordar este tipo de contidos na Universidade, porque como comunicadores ides ter un gran poder, anda que non o pensedes”, lembrou Dafonte ao alumnado no acto de apertura desta xornadas. Nesa mesma idea incidira previamente a decana, Emma Torres, quen incidiu na “dobre responsabilidade” das e dos profesionais da publicidade e da comunicacin neste eido. Por unha banda, lembrou, “porque temos que preocuparnos de que as mulleres esteamos representadas en toda a cadea de valor do sector, cousa que non est sucedendo”; e, por outra, porque como “creadores e creadoras de contidos temos que responsabilizarnos de que estes sexan correctos e adecuados, conforme s mximas da igualdade”. 

Unha industria que lle faltan “moitas narrativas”

Outra forma de facer publicidade é posible era o ttulo do relatorio co que Otero abriu as xornadas, nas que buscou achegar ao alumnado unha visin “apoderante”, mostrarlles “que podemos facer publicidade doutra maneira, libre de estereotipos”. Nese senso, a súa intervencin partiu dos “baleiros” existentes nun sector “no que temos un teito de cristal enorme”, polo que s o 22% das profesionais chegan a postos de direccin creativa, o que implica, subliou, “que faltan moitas narrativas na publicidade, porque falta o noso punto de vista”. A partir de a, tras incidir na necesidade dunha “formacin como profesionais en perspectiva de xénero”, Otero achegou ao alumnado unha serie de exemplos de que este labor é posible, de "campaas que son transformadoras, que rompen tabús ou que visualizan outro tipo de corpos”. Este último aspecto foi, de feito, o eixo da posterior intervencin de Alba Cobo, quen lembrou que “a publicidade é unha canle moi potente para un cambio social”, mais tamén unha industria marcada por “unha falta de representacin brutal de corpos que non se adecúen ao canon”. Partindo deste escenario, Otero buscou tamén achegar s e aos asistentes unha serie de exemplos de “campaas que si apostaron pola diversidade corporal” e de ferramentas que poidan serlles de utilidade no seu futuro como profesionais.

Con mis de vinte anos de traxectoria no sector, Guezuraga encargouse a continuacin de achegar o alumnado propia realidade dunha profesin marcada “polos prazos imposibles, polo subxectivo de creatividade” e outra serie de “retos” ao que se suma o feito de que, “a pesar de que mis de metade das estudantes somos mulleres”, os departamentos creativos estn integrados “maioritariamente por homes”, lembrou. “Moitas axencias teen as súas estruturas moi estereotipadas”, recoeceu a directora creativa de Sirope, que sinalou que se ben noutros departamentos da industria, como os de contas, a maiora das profesionais son mulleres, a rea de creatividade continúe a verse “como un territorio masculino”.

De Toni Segarra s profesionais formadas na facultade

Autor de campaas como Bienvenido a la república independiente de tu casa, de Ikea, ou ¿Te gusta conducir?, de BMW, o creativo publicitario Toni Segarra foi este xoves protagonista doutra das actividades inseridas na programacin de Culturkata, as como da Semana da Creatividade e da Innovacin. Recoecido pola revista Anuncios como o mellor creativo espaol do século XX, Segarra protagonizou unha conversa co xornalista especializado nesta industria David Torrejn, co que realizou o libro Toni Segarra y la Publicidad, dirixido a afondar no pensamento creativo dun profesional ao Forbes situou en 2016 entre as 25 persoas mis influentes de Espaa. Os contidos deste libro, nacido das conversas que ambos mantiveron durante a pandemia, foron un dos eixos da conversa que mantiveron Segarra e Torrejn, complementada súa vez coas preguntas das e dos asistentes. Nese senso, este coloquio permitiu afondar en diferentes cuestins que puan o foco “na innovacin, na inspiracin e na creatividade”, como sinalou a decana, encargada de presentar o coloquio.

Gaador de 39 lens no Festival Internacional da Creatividade de Cannes e de mis dun centenar de premios Sol, do Festival Iberoamericano de dzܲԾ Publicitaria, Segarra afondou neste senso no labor dos creativos e creativas e en como estes poden contribur venda dun produto. Neste mbito, puxo o foco no papel que xoga a construcin dunha marca, entendida como un elemento diferencial que se caracteriza súa vez por unha serie de compoentes intanxibles que distinguen un determinado produto respecto da súa competencia. 

Tras estas actividades, a programacin de Culturkata continúa o vindeiro luns cun coloquio sobre xestin de vodas con dúas profesionais formadas na facultade, Iria Vias e Andrea Area, e ao da seguinte ter lugar un obradoiro de verificacin de informacin impartido pola xornalista Vivian Rangel de Maldita.es. O mércores, a facultade acoller unha conferencia do responsable da empresa Daveiga, Xosé Lois Lamazares, organizada coa colaboracin da Asociacin para a Innovacin e o Emprendemento Pont-Up Store, e a programacin pecharase o xoves 27 cun coloquio con outras dúas exalumnas do centro, a directora de cine Luca Estévez e a guionista Sara Varela.