A través dunha serie de avaliacins do rendemento das que se deriva un plan de adestramento
As promesas da vela galega optimizan a súa preparacin fsica da man de investigadores de Ciencias da Educacin e do Deporte
Nunha iniciativa dirixida aos e s participantes do programa de tecnificacin da federacin
Un total de 23 mozos e mozas foron seleccionados nesta tempada para o Programa de Tecnificacin CGV-CGTD da Federacin Galega de Vela, no que se forman as novas promesas deste deporte, que contan coa colaboracin do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condicin Fsica e Benestar da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte na súa preparacin fsica e readaptacin, naqueles casos en que sexa necesaria tras unha lesin. Co obxectivo de definir uns plans de adestramento que permitan tanto mellorar o seu rendemento hora de realizar diferentes manobras nas embarcacins, como previr posibles lesins, os investigadores e investigadoras realizan unhas avaliacins do rendemento destes deportistas, orientadas ao sistema neuromusculular e o desenvolvemento motor. Os seus resultados serven súa vez para a definicin duns plans de adestramento, centrados tanto no traballo de forza como “de flexibilidade e mobilidade, que son claves para o seu desenvolvemento”, como explica Óscar Garca, responsable deste laboratorio e decano da facultade.
Esta colaboracin d continuidade a un contrato de I+D desenvolvido a pasada tempada e “do que tanto a federacin coma ns quedamos moi satisfeitos”, sinala Garca. Partindo de que a vela é un deporte no que os aspectos técnicos e tcticos son determinantes, pero no que un nivel fsico ptimo pode resultar clave hora de obter as mximas prestacins da embarcacin, este proxecto orienta a preparacin de rapaces e rapazas de categora xuvenil ao seu correcto desenvolvemento a longo prazo. “Non buscamos un rendemento fsico inmediato. Traballamos con xuvens que aspiramos que o da de ma estean no equipo espaol e ese un camio moi longo”, sublia o director deportivo da federacin, Bruno Gago, que sinala que o obxectivo “dunha colaboracin que é un luxo” é que estes deportistas “tean unhas bases que lles permitan desenvolverse na mellor direccin”.
Avaliacin e planificacin do adestramento
Como explica Gago, deste programa de tecnificacin forman parte tanto os cinco deportistas beneficiarios dunha bolsa para formarse no Centro Galego de Tecnificacin Deportiva (CGTD), como outros 18 que realizan os adestramentos especficos no Centro Galego de Vela (CGV), en Vilagarca de Arousa. Ambos grupos sométense na facultade a unha primeira avaliacin do rendemento, que abrangue un conxunto de probas de potencia, forza mxima, velocidade, axilidade, mobilidade articular, control postural ou asimetras laterais e funcionais. Dando continuidade ao traballo desenvolvido o ano pasado, os investigadores realizan nesta ocasin “probas moito mis especficas”, nalgúns casos con protocolos “deseados desde cero”, como sinala Garca, que incide no positivo desta colaboracin hora de “pr en prctica moitas ideas cunha poboacin especializada”.
Despois de realizar en decembro a primeira avaliacin dos deportistas do CGTD, estas probas completaranse en febreiro cos e coas participantes no programa no CGV e implicarn posteriormente a realizacin dun seguimento e de novas avaliacins. Os resultados acadados permitirn definir un programa de preparacin fsica que, como explica Garca, ten como principal obxectivo contribur “ao seu desenvolvemento neuromuscular”. Neste punto, o investigador lembra que o traballo realizado o pasado ano puxo de relevo a importancia que ten o traballo de flexibilidade e mobilidade no desenvolvemento destes deportistas. “Nestas etapas, mis que mellorar o rendemento, é clave detectar déficits de mobilidade, que non existan asimetras importantes”, engade. Nesa mesma lia, Gago destaca os resultados que este traballo supuxo xa a pasada tempada, na que “deportistas que vian carreando algunha molestia, especialmente por cargas posturais, completaron a tempada a un nivel de rendemento fsico excepcional”.
As pautas definidas orientarn o traballo como preparador fsico do tamén integrante do laboratorio Ginés Martnez, que se encarga tanto de dirixir as sesins de traballo dos deportistas que contan cunha bolsa no CGTD como de facer un seguimento daqueles que adestran no CGV.
