DUVI

Diario da 鶹

A actividade, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, ter lugar o vindeiro martes

O programa ExploraCampus convida a correr pola illa do Covo

Esta "quedada running" mantén aberta a súa inscricin ata o domingo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 30/04/2021

Nun contexto de restricins no aforo das instalacins deportivas, a Área de Benestar, Saúde e Deporte impulsou o programa , unha iniciativa dirixida a fomentar a prctica de actividade fsica ao aire libre que se puxo en marcha no mes de marzo no campus vigués e que se sumou nas últimas semanas o de Pontevedra. Despois de organizarunha ruta cicloturista pola contorna de Bora e das marismas de Alba e outra de sendeirismo no ro dos Gafos, que cubriron en ambos casos as prazas ofertadas, para o vindeiro martes programouse unha "quedada running" que ter como escenarioa illa do Covo. De carcter gratuto e aberta ao conxunto da comunidade universitaria, a actividade manter aberta a súa inscricin ata a noite deste domingo na plataforma .

Segundo explica o técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte Gustavo Loureiro, realizarase un percorrido aproximado de 5,8 quilmetros “cunha dificultade mnima e a un ritmo suave, coa idea de que sexa apta para todos os públicos”. Debido situacin sanitaria, a actividade estar aberta a un mximo de seis participantes, mais no caso de que se cubran todas as prazas abrirase unha lista de agarda de cara a organizar unha segunda quenda da iniciativa. As e os participantes, que se reunirn s 17.45 na entrada do Pavilln Universitario, debern levar calzado adecuado, auga e algunha peza de froita, as como gorra e proteccin solar se o da é solleiro.