Situada ao pé da Facultade de Educacin e Traballo Social na que exerceu
Unha placa homenaxea no campus o “mestre de mestres” Alfonso Cid Sabucedo
Este mércores fxose a súa descuberta nun acto de lembranza
Cando se vai a cumprir dous anos do seu falecemento, este mércores rendeuse homenaxe no campus de Ourense a Alfonso Cid Sabucedo, “mestre de mestres” cunha dilatada traxectoria docente e investigadora vinculada Facultade de Educacin e Traballo Social da 鶹. Membros da comunidade universitaria, amizades e familiares do homenaxeado reunronse para descubrir unha placa na súa honra situada no paseo entre os edificios de Ferro e Politécnico, ao pé do centro no que desenvolveu a súa traxectoria profesional. Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social, e seu compaeiro de centro e amigo Adolfo Pérez Abells foron os encargados de lembrar a figura e traxectoria de Alfonso Cid Sabucedo.
O homenaxeado, destacaron, dedicou a maior parte da súa vida ao ensino universitario, formando a futuros mestras e mestres, primeiro na Escola Normal de Maxisterio de Ourense, logo na Escola Universitaria de Formacin do Profesorado e na UNED de Pontevedra e xa finalmente na hoxe Facultade de Educacin e Traballo Social ourens. No acto tamén se salientou o seu papel na segregacin da Universidade de Santiago, apostando polo fortalecemento do campus de Ourense, e na consecucin para Ourense dun centro asociado da UNED. Igualmente lembrouse que foi parte da formacin de grupos e equipos de investigacin nas reas de Didctica e Organizacin Escolar e Métodos de Investigacin en Educacin e ocupou cargos de xestin universitaria e poltica.
