DUVI

Diario da 鶹

Liderado pola investigadora Mara Mayn, o estudo publicouse en Nature Communications

Persoal investigador do CINBIO identifica unha vulnerabilidade clave para vencer a resistencia de determinados cancros aos frmacos

Afecta, sobre todo, en casos de melanoma e algúns cancros de colon, pulmn ou mama

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Internacional
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI 09/07/2025

O aumento do coecemento arredor do cancro evidenciou que non se trata dunha enfermidade única, pois engloba a múltiples doenzas e subtipos con caractersticas moleculares propias. Un dos avances mis relevantes en oncoloxa ten sido o descubrimento destas caractersticas moleculares (mutacins) e o conseguinte desenvolvemento de terapias dirixidas contra estas mutacins denominadas driver, como a mutacin BRAFV600E, presente en mis do 60 % dos casos de melanoma e en determinados cancros de colon, pulmn ou mama, desencadeando a proliferacin descontrolada e a supervivencia das células tumorais con dita mutacin. A pesar de que actualmente existen terapias dirixidas contra este tipo de patoloxas, como os inhibidores BRAF/MEK, anda hai unha alta porcentaxe de pacientes que son resistentes s mesmas e, daqueles que si responden, entre un 60 e un 80 % tamén acaban por desenvolver resistencia.

Con este reto como foco, un equipo cientfico internacional liderado pola investigadora Mara Mayn Santos desde o grupo CellCOM do CINBIO, o Centro de Աپ en Nanomateriais e Biomedicina da 鶹 e pertencente Rede CIGUS, descubriu un novo mecanismo molecular capaz de restrinxir a capacidade das células tumorais para preparar o seu ADN, unha das principais formas de defensa fronte aos frmacos. A investigacin, que baixo o ttulo acaba de ser publicada nunha das revistas cientficas mis prestixiosas do mundo como Nature Communications, identifica protena conexina 43 como unha nova e potente diana terapéutica capaz de frear o crecemento dos tumores e evitar a aparicin de resistencia aos tratamentos e, incluso, revertela unha vez que esta xa se produciu.

“Un proxecto multidisciplinar e internacional que, froito de mis de sete anos de traballo e colaboracin entre vinte centros de investigacin espaois e europeos, nos permitiu descubrir un mecanismo que fai s células tumorais mis vulnerables morte celular”, sublia Mayn. O estudo contou con financiamento europeo a través do programa Horizon 2020, ademais de financiamento nacional do Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades, e da Xunta de Galicia.

A conexina 43, clave para frear a reparacin de células cancerosas

O traballo desvela por que este tipo de células tumorais se desfn da protena conexina 43 para poder sobrevivir e como, ao restaurala, os tumores poden ser conducidos morte celular. Un mecanismo que reduce o crecemento tumoral e prevé recadas en modelos preclnicos animais.

Esta protena interfire coa va principal que utiliza a célula cancerosa para reparar o dano no seu ADN. “Actúa como un freo, obrigando célula a usar vas de reparacin alternativas moito menos eficaces e, como resultado, o dano acumúlase ata un punto insostible, provocando que a célula entre nun estado de non proliferacin ou directamente morra”, explica a investigadora principal do estudo, Mara Mayn.

Este efecto multiplcase ao combinalo con frmacos que tamén danan o ADN das células tumorais, como os inhibidores de BRAF/MEK, desencadeando o que se coece como “letalidade sintética”. Os descubrimentos realizados suxiren que a combinacin estratéxica de conexina 43 con terapias dirixidas podera previr a aparicin de resistencia e, incluso, inducir a morte de células que xa se volveron resistentes.

Cabalos de Troia para levar a protena s células

Basendose nestes resultados, o equipo liderado por Mara Mayn deseou e patentou unha innovadora estratexia terapéutica para levar a conexina 43 ao núcleo das células tumorais. Utilizan nanovesculas —pequenas partculas que as células liberan de forma natural— e modifcanas xeneticamente para que actúen como cabalos de Troia, transportando a protena e tamén o seu ARN mensaxeiro.

Segundo explica Mayn, “xa xeramos unha estratexia terapéutica eficaz, demostrada como proba de concepto neste estudo”. Agora “estamos a buscar apoio para poder chegar aos pacientes nun futuro”. A coordinadora do proxecto confa en que este avance sente as bases de novos estudos sobre a resistencia ao tratamento en cancro, pero tamén para o desenvolvemento de futuras terapias en pacientes con melanoma e outros tumores agresivos, como o cancro colorrectal, de pulmn ou de mama, que presenten este tipo de mutacins.

Ciencia de vangarda con selo galego

A pesar da dificultade do proxecto, “este traballo demostra a importancia da investigacin feita en colaboracin para poder xerar novo coecemento sobre o cancro”, asegura a doutora Mayn, quen tamén destaca “o valor da ciencia de vangarda feita deste Galicia e desde Espaa” como unha maneira de mellorar a percepcin do noso pas, pero tamén de formar nova xeracin de cientficos e cientficas altamente capacitados, que logran atopar oportunidades tanto dentro como fra de Europa. “Isto é algo que me fai moi feliz”.