DUVI

Diario da 鶹

Nun libro editado en inglés pola editorial britnica Edwar Elgar

Patricia Valcrcel asina o primeiro estudo europeo que aborda as implicacins da contratacin pública de tecnoloxas IA

É a única representante espaola na EPLG, a rede europea de académicos especialistas nesta materia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Internacional
  • ʳܲԲ
  • Աپ
D. Besado DUVI 31/10/2025

A contratacin pública, funcin bsica das diferentes administracins, ten un papel relevante para afrontar con éxito un desafo actual ineludible: a transformacin dixital. Neste contexto, a Intelixencia Artificial como tecnoloxa estratéxica do futuro, ten ligazn coa contratacin pública, pois incide tanto na modernizacin dos procesos de compra pública, como na adquisicin para o sector público de solucins baseadas en IA, o que formula grandes oportunidades, pero tamén  importantes retos éticos, legais e técnicos. Consciente desta realidade, a catedrtica de Dereito Administrativo da 鶹 Patricia Valcrcel acaba de publicar un libro pioneiro no que se analiza se a lexislacin sobre contratacin pública est altura para afrontar tales desafos nos diferentes Estados membros da Unin Europea.

Escrito en inglés e coeditado polo catedrtico da universidade alem de Bayreuth Christoph Krönke, Adquisicin de IA: Marco legal para a contratacin pública de Intelixencia Artificial na UE (), forma parte da serie de monografas Dereito Europeo da Contratacin Pública da editorial cientfica britnica Edward Elgar Publishing.

No marco dunha rede europea con xuristas de mis de 12 pases

Ambos autores forman parte do Grupo Europeo de Dereito da Contratacin Pública EPLG (European Procurement Law Group), iniciativa nada en 2008 cando un pequeno grupo de expertos e expertas en Dereito da contratacin pública decidiu reunirse periodicamente para debater aspectos relevantes da lexislacin e da prctica neste mbito. “Os diferentes membros consideraron que o enfoque de Dereito comparado era valioso e necesario para comprender como se desenvolve e se aplica —ou se aplica incorrectamente— o Dereito da contratacin pública na UE e nos seus estados membros”, salienta a docente viguesa, ao tempo que explica que o  libro xurde no marco desta rede internacional de académicos especialistas en contratacin pública na que actualmente se integran unha vintena de xuristas de 12 pases da Unin Europea e Reino Unido e na que ela é a única espaola, “o que visibiliza mis 鶹 contribundo súa internacionalizacin”, engade Valcrcel.

Os resultados das investigacins deste grupo non s se comparten e divulgan en workshops especializados, senn que tamén se publican nunha coleccin editada por Edward Elgar publishing. Cada un dos proxectos est coordinado por dous membros da rede de distintos pases. No caso deste volume elixiuse como coordinadores a Patricia Valcrcel e Christoph Krönke pola súa experiencia non s no eido da contratacin pública, senn tamén no estudo da relacin entre Tecnoloxa e Dereito. Neste sentido, a profesora Valcrcel forma parte da comisin de expertos para o asesoramento no uso ético en Intelixencia Artificial da Xunta de Galicia e o profesor Krönke é director do Centro de Dereito e Tecnoloxa da Universidade de Bayreuth. 

Diagnose real da situacin nos diferentes estados membros

O resultado desta encomenda foi unha obra de 346 pxinas na que se destaca a necesidade de garantir que os sistemas de IA cumpran cos requisitos legais e prcticos, como o control, a transparencia e a funcionalidade e explora ata que punto as leis de contratacin pública vixentes nos diferentes estados membros poden implementar estas condicins. 

 “É especialmente interesante porque non hai anda moitos estudos xurdicos que aborden as implicacins que ten a compra polo sector público de tecnoloxas complexas que supoan o uso de IA polas administracins”, apunta a docente viguesa, facendo fincapé en que un dos principais valores que ofrece é “unha diagnose real de como se estn comprando actualmente aplicacins que conlevan Intelixencia Artificial polo sector público e da marxe de mellora que existe para artellar clusulas que impidan a inmunidade -en termos de cumprimento legal- da IA”. 

Inclúe unha anlise en profundidade das organizacins, os procedementos e os instrumentos de contratacin pública en Austria, Dinamarca, Francia, Alemaa, Italia, Espaa e Reino Unido, as como comparacins detalladas dos seus respectivos marcos xurdicos. Ofrece, ademais, estudos conxuntos nos que se reflexiona se a lexislacin actual sobre contratos públicos é suficiente cando o obxecto de compra son tecnoloxas complexas que implican o uso de IA ou se debe modificarse atendendo realidade non menor desta circunstancia.

 “Este libro único é un recurso esencial”

Tal e como se explica na web da editorial, ao examinar o efecto da Lei Europea de IA de 2024, “este libro único é un recurso esencial para o alumnado e persoal investigador e académico de Dereito Mercantil, Dereito Europeo, Dereito Econmico Internacional..., as como tamén para bufetes especializados no asesoramento en contratacin pública”.

Neste sentido, a autora destaca que a obra est recibindo destacadas crticas eloxiosas por parte da doutrina. As, tense subliado que "o libro Buying AI aborda un punto cego no debate xurdico sobre o uso da intelixencia artificial na Administracin pública" (Martin Burgi, Universidade Ludwig Maximilian de Múnic, Alemaa), ou que "os autores souberon captar con precisin o pulso do marco poltico substantivo da contratacin de IA na UE" (Christopher Bovis, Universidade de Hull, Reino Unido).