DUVI

Diario da 鶹

A investigadora Alba Rodrguez Saavedra ofreceu un relatorio na FFT sobre o traballo da fotgrafa

O outro canon das mulleres galegas, a través da ollada de Ruth Matilda Anderson

Foi relegada por ofrecer unha visin "non cannica" da sociedade de comezos do século XX

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Աپ
  • é
DUVI 13/03/2024

Moi lonxe de retratar mulleres submisas, abnegadas e felices no seu papel secundario na sociedade, a fotgrafa e documentalista Ruth Matilda Anderson amosaba a comezos do século XX unha Galicia ben diferente. E foi precisamente o seu empeo por dar voz s mulleres galegas o motivo polo que unha das súas principais obras, Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Corua, non se comercializou en Espaa. De feito, a da de hoxe, o libro editado en 1939 en Nova York pola Hispanic Society of America segue estando fra dos circutos estatais, non foi traducido e s se pode adquirir nos EEUU.

Esta é a tese que defende a tradutora e editora técnica en Afundacin e membro do Grupo de Աپ en Traducin e Paratraducin (T&P) da 鶹 Alba Rodrguez Saavedra. Especializada en feminismo e traducin, ofreceu este mércores un relatorio na Facultade de Filoloxa e Traducin no que expuxo os diferentes mecanismos de ocultacin e manipulacin que, desde 1939 ata a actualidade, “operaron e operan” para manter invisible en Galicia esta obra, que “ademais de contar co meirande número de traducins de textos de Rosala de Castro ao inglés ata 1964 e de presentar unha anlise exhaustiva da realidade galega alicerzada na documentacin histrica, literaria ou sociolxica, reflicte con claridade o compromiso feminista de dúas escritoras galegas paradigmticas: Rosala de Castro e Emilia Pardo Bazn”.

Como explicaba na súa intervencin, nesta obra Ruth Matilda Anderson acompaou as súas fotografas de escritos de ambas intelectuais para complementar as o seu retrato de Galicia, esencialmente centrado nas mulleres, a infancia e o medio rural, contradicindo, deste xeito, “o discurso cannico patriarcal do que elas ficaron elididas”.

As múltiples causas do ostracismo

O relatorio, organizado polo Grupo de Աپ Traduccin & Paratraduccin (T&P), estivo moderado polo profesor Alberto Álvarez Lugrs e nel, a investigadora lembrou que a fotgrafa estadounidense “retratou o noso pas cunha exhaustividade coa que nunca antes o fixera ninguén” froito de dúas estadas en Galicia entre 1924 e 1926, da man da Hispanic Society of America. O encargo era realizar un estudo cultural e etnogrfico da sociedade galega e o resultado plasmouno, en 1939, en Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Corua. O libro é un percorrido por cidades, vilas e aldeas, pola Galicia burguesa e a Galicia rural, a través de nomes propios e persoas annimas, construndo un retrato de 496 pxinas nas que conviven “en perfecto dilogo” o texto e as imaxes. Precisamente, a investigadora da 鶹 decidiu centrar a súa atencin nos paratextos, “que acompaan e enriquecen” o texto central, e especialmente nas traducins de estratos de obras de Rosala que Anderson incluu e que chocan de fronte “co que anda hoxe tendemos a pensar de Rosala, unha cantora das penas e das mgoas”. Deste xeito, xa no 1939 o libro recolle unha maneira diferente de ver a Rosala, “unha visin que entraba en colisin directa co que o canon estaba ofrecendo dela”.

Precisamente, esta “lectura non cannica de Rosala de Castro” feminista e galeguista e o retrato tamén non cannico das mulleres galegas son, para Saavedra, uns dos principais motivos polos que “nin Ruth Matilda Anderson nin o seu libro nin as súas achegas nosa cultura tiveron eco en Galicia”. Para chegar a estas conclusins, a investigadora estableceu comparativas con obras anlogas e coetneas, tamén de autora feminina, unha anlise que lle permitiu identificar estes e outros aspectos que provocaron que a obra quedase fra do circuto. Entre elas tamén se referiu “ ausencia de mencin directa da intelectualidade galega da época”, como Murgua, Castelao ou Risco e ao feito de que se tratase dun “ensaio exhaustivo sobre a cultura galega cinco antes do Sempre en Galiza de Castelao”. Ademais, é un volume elaborado “por unha muller e estranxeira” que, segundo Saavedra, puxo o foco onde antes non o puxera ninguén e construu un libro “sobre mulleres, de mulleres, por mulleres, con mulleres e iso era algo que non entraba nas lias de investigacin e consolidacin do canon galego de altura”.

5000 imaxes que conforman un “tesouro”

No seu relatorio, a investigadora tamén incidiu na importancia do arquivo fotogrfico de Anderson, composto por mis de 5000 imaxes tiradas durante as dúas viaxes a Galicia e protagonizadas principalmente por mulleres, “mulleres descargando unha gamela, mulleres alimentando o gando, mulleres carteiras, mulleres acarrexando algas...”. Pola relevancia e o tamao da coleccin, para Rodrguez Saavedra este é o “maior tesouro” documental Galicia que, non obstante, se conserva fra, na Hispanic Society of America, e do que en Galicia apenas se coecen 500 imaxes.