Nas preto de 100 fotos colocadas no exterior de Belas Artes e da Casa Consistorial
Os rostros das mulleres rurais presiden a cidade
Trtase da primeira iniciativa en Galicia do proxecto global ‘Inside Out’
As paredes da Facultade de Belas Artes, as vents da Casa Consistorial, a cristaleira de acceso sede da Vicerreitora e o chan da propia praza de Espaa atpanse este xoves presididas polos retratos a gran tamao de 104 mulleres do rural galego realizados por 25 alumnos e alumnas de Belas Artes. En colaboracin coa Unidade de Igualdade da 鶹 e o Concello de Pontevedra, 7H Cooperativa Cultural desenvolve nesta xornada en Pontevedra a instalacin artstica efémera Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas, a primeira iniciativa inserida no proxecto de arte urbana mis grande do mundo que se desenvolve en Galicia.
Esta instalacin efémera, que finalizar s 18.00 horas, foi presentada este medioda pola concelleira de Igualdade, Paloma Castro, a integrante da cooperativa 7H Carla Rodrguez e por Alegra Campos, unha das estudantes de Belas Artes que realizou esta serie de retratos que presentan a mulleres de distintas idades, procedencias e ocupacins. “Partimos dun proxecto internacional, que comezou o fotgrafo e artista urbano JR coa idea de responder pregunta de ser a arte pode cambiar o mundo”, salientou Rodrguez, coordinadora dunha iniciativa inserida no proxecto , que desde 2011 diferentes colectivos levaron a cabo en mis de 1800 localizacins en mis dun cento de pases. Neste caso, Mulleres [Rur]Urbanas ten como obxectivo “homenaxear s mulleres do rural” e a súa contribucin ao desenvolvemento colectivo “desde ese anonimato falsamente construdo”, apuntou Rodrguez, que lembrou tamén que o proxecto “foi posible grazas implicacin” de 35 estudantes de Belas Artes, dos que 25 son os autores e autoras das fotografas que nesta xornada ocupan o espazo público da cidade.
