DUVI

Diario da 鶹

Anta Vieiro e Laura Barrs foron galardoadas na categora de moda

Os premios Xuventude Crea recoecen o talento do alumnado do campus

Na modalidade de videocreacin foi distinguida a estudante de Belas Artes Roco Campoy

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Premios
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 19/12/2022

Preto de 350 mozos e mozas presentaron os seus traballos neste 2022 décimo terceira edicin do certame , promovido pola Direccin Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia co obxectivo de premiar a creatividade artstica da modalidade galega. Entre os galardoados e galardoadas nesta edicin, figuran un ano mis novos talentos que se forman no campus pontevedrés. Concretamente, na categora de moda o segundo e terceiro premio foron para Anta Vieiro e Laura Barrs, respectivamente, por unhas coleccins que naceron como traballos académicos no Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda. As mesmo, o xurado da modalidade de videocreacin outorgou o terceiro premio estudante do Grao en Belas Artes Roco Campoy pola súa obra Emocins en espiral.

A gala de entrega dos galardns s 14 categoras deste certame tivo lugar na tarde deste sbado en Vigo, nun acto que contou coa participacin do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e da conselleira de Poltica Social e Xuventude, Fabiola Garca. Nas súas trece edicins, destacou o Goberno galego, este certame dirixido a mozos e mozas de ata 30 anos contou coa participacin de preto de 4300 creadores e creadoras, que presentaron 3200 obras, e deu lugar súa vez creacin dun no que se reúnen os traballos premiados.

Dúas coleccins nacidas nas aulas

Alén dos premios, no marco deste certame impúlsanse tamén diferentes exposicins temporais, como a que acolle ata o 29 de decembro a igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nela poden verse as obras finalistas das categoras de deseo de xoias e de moda, entre as que se atopan as creacins de Anta Vieiro e Laura Barrs, recoecidas cuns premios cunha dotacin econmica de 1500 e 1000 euros, respectivamente.

Nacida como un traballo para o Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda e presentada o pasado mes de novembro no bloque de proxectos de primeiro curso do desfile Debut, Vieiro Fernndez foi premiada por ¡Vaya huevos!, unha coleccin que, desde a irona, propn “unha crtica fraxilidade que se presupn a muller desde a perspectiva do home”. Partindo dos tres estilismos que elaborou como traballo académico e aos que sumou dous novos para este concurso, esta alumna deu forma a un proxecto no que “potencia o smbolo do ovo”, facendo alusin a valores de valenta que, dun xeito estereotipado, se asocian ao masculino, e que súa vez pua en relacin coa idea da flor, “como algo moi frxil e delicado”. Graduada en Belas Artes, Vieiro xa fora recoecida previamente en certames como os Premios Auditorio de Galicia para Novos/as Artistas. Mais desta volta tratbase da primeira vez que optaba a uns premios cun proxecto centrado na moda. “Con moita alegra e orgullo” reciba nese senso un galardn que, por unha banda, supn unha achega ao seu currculo e, por outra, implica unha dotacin econmica “que vénme moi ben para preparar o meu traballo de fin de mestrado”, recoece. A isto súmase súa vez, sinala, o positivo de que o seu traballo permaneza exposto ao público nestas semanas en Santiago, “porque é unha forma de que chegue a mis xente”.

Desta mostra forma parte tamén a coleccin Novo Pentaerion, que Laura Barrs realizou tamén como traballo de primeiro curso no mestrado e co que suma un novo galardn ao que obtia hai unhas semanas na categora de deseo e moda nos Premios Provinciais Xuventude da Deputacin de Pontevedra.

Premio para unha espiral de emocins

Despois de que acadar o pasado ano o segundo premio na modalidade de fotografa no Xuventude Crea, na primeira vez que concorra un certame artstico, Roco Campoy era recoecida de novo neste certame autonmico. Desta volta, na categora de videocreacin, na que o xurado decida outorgar o terceiro premio, dotado tamén con 1000 euros, súa obra Emocins en espiral. Trtase dunha peza realizada coa técnica do stopmotion, coa que trata "de reflectir a disociacin da realidade e a confusin a través de imaxes onricas e unha repeticin que se mergulla nunha espiral”, sinala.

“Recibir o premio, e ademais na categora na que quero facer o meu traballo de fin de grao, faime sentir mis segura sobre min mesma e sobre a mia obra”, salienta Campoy Lage do segundo premio que optén polo seu traballo artstico, tras o logrado o pasado ano pola súa serie fotogrfica Berros, aos que se sumou recentemente a seleccin dunha das súas pezas para o Facom Fest da USC. Ao mesmo tempo, Campoy tamén destaca o positivo de que a súa videocreacin “poida verse permanente” a través do museo dixital do Xuventude Crea, tendo en conta ademais que a súa modalidade non conta cunha exposicin fsica no marco deste certame.