Unha trintena de persoas integran a formacin musical que acaba de iniciar os ensaios
Unha orquestra para a 鶹
Cunha base slida de corda, tamén comezaron a incorporarse os instrumentos de vento
Promovida pola Vicerreitora de Extensin Universitaria “co obxectivo de crear un espazo musical participativo e integrador aberto a toda a comunidade”, como explica a súa responsable, Susana Reboreda Morillo, a 鶹 conta, por vez primeira na súa historia, cunha orquestra integrada por unha trintena de persoas, na súa maiora estudantes e tamén algúns docentes e investigadores e investigadoras.
“Anda que hai anotadas orquestra, con intencin de participar activamente nela, arredor dunhas 30 persoas, empezamos a ensaiar a semana pasada unhas 20, por cuestins de repertorio e plantilla instrumental necesaria para o mesmo”, explica Raquel Carrera Álvarez, directora da formacin e exalumna da 鶹. “Este primeiro ensaio foi unha mostra do entusiasmo e compromiso das persoas participantes”, destaca a directora da orquestra, que explica que a formacin arrincou cun repertorio formado por obras de Haydn, Gluck e Bartk, “que nos permite medrar como grupo humano moi variado, tanto de idades e experiencia e ilusionado, con ganas de aprender e compartir música e iso é a mellor garanta para que este proxecto se consolide”.
Ofrecer un espazo artstico, fomentar a convivencia, o traballo en equipo e a conexin entre os diferentes campus da 鶹 son outras razns que impulsaron a posta en marcha desta iniciativa da Vicerreitora de Extensin e que se suma oferta musical da 鶹, que xa conta con tres coros.
Base de corda e instrumentos de vento
Mentres a orquestra segue aberta a novas incorporacins, os ensaios comezaron no edificio Redeiras cunha base slida de corda, con violns, violas e cellos, ao tempo que tamén comezaron a incorporarse instrumentos de vento, como frautas e clarinetes. En canto formacin das e dos seus integrantes, Raquel Carrera explica que todos teen coecementos musicais, “a maior parte proveen de ensinanzas regradas (conservatorios), pero non todos. Algúns, por exemplo, estudaron música hai tempo e grazas a iso agora retoman o instrumento que colla po nalgún armario. Outros, comezaron o estudo dun novo instrumento, orquestral, e anmanse a vir para aprender mis e tamén vivir a experiencia orquestral, que lles é nova”.
Iso si, en todos os casos cmpre, para integrarse na formacin, ter algúns coecementos musicais, cando menos bsicos e un mnimo de destreza co instrumento. “Sexa cal sexa o se nivel de experiencia, poden anotarse e participar. S hai que poerse en contacto a través do correo extensin@uvigo.gal”, explica a directora da orquestra.
Continuar coa música orquestral
En Galicia s a Universidade de Santiago de Compostela conta cunha orquestra e esta foi unha das razns que levaron a Raquel Carrera a impulsar un proxecto que agora bota a andar. “Pensei que a 鶹 tia ‘dereito’ a poder ofrecer esa experiencia a súa comunidade educativa, que haba un espazo que encher”, explica a directora, que como profesora de violn, miraba tamén como seu alumnado, ao rematar os seus estudos medios no conservatorio tia que escoller entre seguir coa súa formacin musical en conservatorios superiores ou ir universidade, “ e cando optaban polo último, an deixando paulatinamente este contacto coa música e o seu instrumento. Non obstante, eu va como aqueles que an estudar a universidades nas que si exista orquestra universitaria poda polo menos continuar aprendendo e facendo música orquestral, sen desvincularse dese mundo nin perder de todo as habilidades técnicas que estiveran cultivando e nas que estiveran traballando desde os oito anos de idade”.
Carrera, que agradece o apoio da vicerreitora de Extensin, Susana Reboreda, e do técnico da Área de Cultura, Alfonso Caride, “cuxo impulso e compromiso resultan fundamentais para que esta iniciativa se faga realidade”, avanza que a orquestra continuar cos seus ensaios semanais cara preparacin dun primeiro programa que se presentar ao longo do curso académico 2025/2026. Graduada superior en violn, Raquel Carrera ten un Mestrado en Investigacin Musical e outro en Direccin de orquestra. Actualmente est a cursar o Grao Superior en Direccin de orquestra e traballa dende 2008 como profesora de violn e orquestra no Conservatorio Profesional de ú de Ourense.
