DUVI

Diario da 鶹

Inserido na programacin da Vicerreitora, d continuidade a un curso de iniciacin

Un obradoiro permite ao alumnado profundar no seu dominio da lingua de signos

O curso de cocia do Campus Crea celebrou a súa clausura

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Igualdade
  • é
DUVI Pontevedra 20/05/2019

No marco do programa de obradoiros de extensin universitaria que promove a Vicerreitora do campus, a Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ acolleu o pasado cuadrimestre a primeira edicin de Comuncate coas mans, un taller dirixido a achegar s e aos asistentes uns coecementos bsicos da lingua de signos espaola. Dez das e os participantes naquel primeiro taller frmanse nestas semanas nun segundo obradoiro que, baixo o ttulo de Comuncate coas mans II: Profundizacin na lingua e cultura da comunidade xorda, trata de ampliar o seu coecemento e manexo desta lingua. “A verdade é que é un grupo moi motivado, polo que darlle continuidade, que houbese un segundo nivel no que van aprendendo mis, axuda a que vaian interiorizando a lingua de signos e que vaia quedando a xa un pouso”, salienta a profesora Ana Fernndez Soneira, integrante do grupo de investigacin en lingua espaola e linguas signadas Griles e responsable de impartir este curso xunto coa intérprete de lingua de signos Alba Puentes e Manuel Lema, unha persoa xorda que, ademais de exercer como docente nesta iniciativa, atpase tamén cursando o grao en Belas Artes.

Aberto tanto s e as participantes no obradoiro desenvolvido no primeiro cuadrimestre como a persoas “con algún coecemento de lingua de signos, xa que non partimos desde cero”, o taller de 30 horas que ata o 12 de xuo se desenvolve neste centro do campus pontevedrésten nese senso como obxectivo ampliar os coecementos do alumnado co propsito de que poidan acadar “un nivel comunicativo bsico” que lles permita “manter conversas mis longas e mis elaboradas” ou coecer “algún tipo de vocabulario mis complexo”, explica Fernndez Soneira. Con ese obxectivo, entre os contidos dun curso de carcter fundamentalmente prctico deste taller figuran cuestins como os “apuntamentos no espazo ou os clasificadores, que son algo moi prototpico das linguas de signos” e que, por exemplo, permiten “mover os obxectos no espazo” nunha conversa, explica a directora do curso.

Da realidade da comunidade xorda ao traballo nas aulas

“O bo de contar cun segundo nivel é que o alumnado trae moitas preguntas”, recoece Fernndez Soneira dun taller que nese senso trata da responder tamén ao interese do alumnado por determinadas cuestins. As, entre os contidos que aborda o obradoiro que se desenvolve desde finais de abril figuran aspectos como as marcas temporais, os clasificadores descritivos para describir o aspecto das persoas ou a forma dos obxectos, os cuantificadores, a articulacin da frases enunciativas, interrogativas ou imperativas, a expresin de emocins ou opinins, frases útiles ou o funcionamento dos distintos tipos de verbos, “que teen un comportamento morfolxico diferente”. Mais, ao mesmo tempo, o obradoiro afonda tamén en cuestins solicitadas polos propios e propias participantes, moitos deles, estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, “que tian interese por falar dos recursos educativos e de cousas que se poden facer na escola” tanto para achegar a lingua de signos aos escolares como para o traballo con nenos e nenas xordas, explica Fernndez Soneira dun taller que, nese senso, axudou tamén a que participantes neste taller organizasen “actividades de lingua de signos” nos centros educativos nos que desenvolveron as súas prcticasou que outras e outros leven a cabo traballos de fin grao relacionados coa lingua de signos.

Por outra banda, o obradoiro ten tamén entre os seus obxectivos afondar no coecemento do contexto social, lingüstico, cultural e educativo no que se desenvolven as persoas xordas, o que levoulles a abordar cuestins como “as institucins que rodean comunidade xorda”, a investigacin que se leva a cabo arredor da lingua de signos ou mesmo aspectos vinculados propia actualidade desta comunidade, como a publicacinnestes meses por parte da Xunta de Galicia“dun protocolo para a inclusin dos nenos xordos na escola, cousas que aproveitamos para inclulas no curso”, engade a súa directora.

Clausura do curso de cocia

Inserido nas actividades do Campus Crea, a Vicerreitora do campus impulsou tamén recentemente un obradoiro prctico de cocia saudablee tradicional dirixido a achegar comunidade universitaria pautas sobre nutricin e dietética vez que consellos e receitas para elaborar pratos sinxelos e saudables. Desenvolvido coa colaboracin do CIFP Carlos Oroza entre os meses de marzo e abril, este taller celebrou na tarde do pasado xoves a súa clausura, no que, coa participacin do vicerreitor do campus, Jorge Soto, e do director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto, se procedeu entrega de diplomas aos e s participantes nun taller que foi impartido polos docentes do CIFP Carlos Oroza Carlos Oroza Marta Abad, Ricardo Fernndez, Daniel Pulzoni e Francisco Rodrguez.