DUVI

Diario da 鶹

Segundo un estudo das universidades de Vigo e Sidney e da Norwegian School of Sport Sciences

A obesidade reduce a esperanza de vida, pero non naquelas persoas fisicamente activas

A investigacin parte da anlise dos datos recollidos durante unha década a mis de 300.000 persoas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 09/12/2020

A obesidade é un problema de saúde global, que afecta a mis de 670 millns de persoas e que pode conducir a patoloxas crnicas como diabetes de tipo 2, enfermidades cardiovasculares ou cancro. Trtase pois dun factor de risco de morte prematura que, segundo un estudo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Sidney e da Norwegian School of Sport Sciences, podera verse compensado pola prctica regular de actividade fsica. Publicado na revista , este estudo parte da anlise dos datos reunidos no UK Biobank, que realizou ao longo dunha década un seguimento a mis de 300.000 persoas, e tia como obxectivo coecer se a actividade fsica atenúa o risco de mortalidade con independencia dos niveis corporais de masa graxa.

O investigador da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Miguel Adriano Snchez Lastra e o investigador da Norwegian School of Sport Sciences Jakob Tarp son os autores principais dun estudo que, analizando os datos reunidos de niveis de actividade fsica e ndice de masa corporal (IMC) de 300.000 persoas de mediana idade de Inglaterra, Gales e Escocia, conclúe que a prctica regular de actividade fsica pode compensar as consecuencias negativas da obesidade sobre a mortalidade prematura. “Os protocolos clnicos actuais para tratar a obesidade estn moi centrados na perda de peso”, sinalan Snchez Lastra e Tarp, que, inciden en que, pese a que “a obesidade é unha afeccin multifacética”, os resultados deste estudo poen o foco na importancia de “centrarse mis en cambiar os comportamentos cara a actividade fsica e pr menos énfase en se se logra ou non unha perda de peso”.

150 minutos de actividade fsica semana

Xunto a Snchez Lastra e Tarp, asinan este artigo os investigadores da Norwegian School of Sport Sciences de Oslo Ulf Ekelund e Knut-Eirik Dalene, xunto con Ding Ding, da Universidade de Sidney. Co propsito de explorar se a actividade fsica reduca o risco de morte prematura asociada obesidade, analizaron os datos reunidos no UK Biobank, “unha cohorte de medio milln de persoas, creada co obxectivo de mellorar a prevencin, a diagnose e o tratamento de enfermidades crnicas a través do estudo de interrelacins entre o ambiente, o estilo de vida e os xenes”, explican os autores principais do artigo. Coordinado por Ekelund, o estudo desta base de datos céntrase nas “interaccins entre elementos do estilo de vida, principalmente actividade fsica e sedentarismo e as súas asociacins coa saúde e a mortalidade”, como explica o investigador do campus pontevedrés, que formou parte deste proxecto no marco da estada de investigacin que realizou en Oslo o pasado ano.

Durante o perodo analizado, faleceron mis de 6600 das e os integrantes desta mostra e, despois de ter en conta outra serie de factores potencialmente influentes, “desde o sexo e idade ata o tabaquismo”, a obesidade asociouse neste estudo cun maior risco de mortalidade prematura, mais esta, sinalan, “eliminbase virtualmente nos individuos obesos se estes eran fisicamente activos”. Concretamente, o nivel necesario para reducir ese risco sitúase neste estudo nun mnimo de 150 minutos de actividade fsica moderada, “como por exemplo, camiar con certo ritmo”, por semana, “de acordo coas actuais recomendacins da Organizacin Mundial da ú de actividade fsica para adultos”, sinalan.

Anlise centrado nas porcentaxes de masa graxa

“Unha persoa pode presentar un peso elevado debido a unha elevada masa graxa, a unha elevada masa muscular ou a unha combinacin de ambas”, sinalan Snchez Lastra e Tarp, que explican que “os efectos negativos na saúde derivan principalmente dunha elevada graxa corporal”. Partindo de a, a súa investigacin empregaba “por primeira vez unha medida directa da adiposidade, diferenciando masa graxa de masa magra”, o que os levou a ter en conta tamén outra serie de variables, “como a idade, o sexo, a etnia, o status socioeconmico, patrns de alimentacin, consumo de alcol e tabaco, tempo sedentario ou diferentes enfermidades crnicas como diabetes e hipertensin”.

A anlise desta serie de datos permitiulles confirmar que as persoas cun peso saudable, aquelas cuxo IMC se situaba entre 18.5 e o 25, e que mantian ao mesmo tempo un nivel elevado de actividade fsica tian o risco de mortalidade prematura mis baixo, “considerablemente menor que o daquelas persoas no mesmo rango de peso pero cun nivel de actividade baixo”. Por outra banda, empregando o IMC en lugar do porcentaxe de graxa corporal, a prctica de exercicio non se amosou como un factor capaz de compensar un maior risco de mortalidade nos individuos de maior peso, aqueles cun IMC superior a 35, pero si naqueles e aquelas que se situaban entre 25 e 35, nos que “unha alta actividade fsica claramente atenuaba” ese risco.

Unha valiosa experiencia de aprendizaxe

A súa seleccin na convocatoria de contratos predoutorais da Xunta de Galicia, permitiu a Snchez Lastra, que centrou a súa tese, dirixidapolos profesores da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte José Mara Cancela e Carlos Ayn, no estudo dos efectos dun programa de exercicio de forza en persoas maiores, realizar en Noruega a estada que fixo posible a súa participacin neste estudo. De a que poa o acento no positivo dunha experiencia que, recoece, “supuxo unha esixencia persoal enorme”, dado que lle levou a “aprender moitas cousas novas, tanto de epidemioloxa da actividade fsica como de programacin estatstica”, pero que tamén axudou a reforza a súa “motivacin de achegar o mximo posible desde o meu mbito” saúde pública.