DUVI

Diario da 鶹

Da man dos nove estudantes da 鶹 que participan na residencia artstica ComTecArt

A novela ‘Arnoia, Arnoia’ convértese en videoxogo na Cidade da Cultura

Nestas semanas, desenvolven o primeiro nivel dun xogo inspirado nesta obra de Méndez Ferrn

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • TIC
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 31/03/2022

Nove estudantes de cinco titulacins diferentes e procedentes dos tres campus da 鶹 reúnense cada fin de semana na Cidade da Cultura para traballar conxuntamente no deseo do primeiro nivel dun videoxogo inspirado na novela ‘Arnoia, Arnoia’, de Xosé Luis Méndez Ferrn. Ao longo deste mes de marzo, desenvolveuse a residencia artstica ComTecArt, que promoven conxuntamente a 鶹 e a Xunta de Galicia, a través da Fundacin Cidade da Cultura, no marco da segunda edicin das Residencias Artsticas do Gais (REGA).

Esta iniciativa pioneira, que incorpora por primeira vez os videoxogos a estas residencias, toma o seu nome do grupo de innovacin docente ComTecArt, que desde hai cinco anos leva a cabo unha experiencia similar nas aulas da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ e da Escola de Enxeara de Telecomunicacin. No caso desta residencia, reúnense no Gais estudantes tanto dos graos en Enxeara de Tecnoloxas de Telecomunicacin, dzܲԾ Audiovisual e Publicidade e Relacins Públicas, como de Belas Artes e Enxeara Informtica. Ao longo de cinco semanas de traballo que se completan esta fin de semana, estes alumnos e alumnas de diferentes perfs van desenvolvendo “o que sera o piloto dun xogo, unha demo que toma como base un captulo de Arnoia, Arnoia”, explica a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ Beatriz Legerén, unha das responsables desta iniciativa xunto cos tamén integrantes do grupo ComTecArt Antonio Pena, Enrique Costa e Luis Fernndez.

Tres equipos nun proxecto conxunto

Ao longo das diferentes sesins dunha residencia que busca emular os procesos de traballo na industria dos videoxogo, este grupo de docentes foi afondando as diferentes reas de traballo que engloba o desenvolvemento deste tipo de produtos nunha serie de coloquios para todos os participantes. A partir de a, estes desenvolven o seu traballo divididos en tres equipos, un de deseo, outro de arte e doutro de programacin, “como se fosen tres departamentos dunha produtora, que deben coordinarse para desenvolver un proxecto único”, sinala Legerén. “As, todos os perfs aprenden cal sera a súa funcin se traballasen nunha empresa e o tipo de traballo que se lles pedira”, engade esta docente dunha “residencia moi inmersiva”, da que destaca o “bo ambiente de traballo” xerado entre un grupo de estudantes que non se coecan previamente.

“Est a ser unha experiencia incrible”, sinala nesa mesma lia Nicols Juncal, coordinador do equipo de deseo, do que tamén forma parte Paula Balea. “A nosa funcin é a de escribir os dilogos, desear a narrativa da historia, coordinar os outros departamentos...”, explica este alumno do Grao en dzܲԾ Audiovisual, que pon en valor tanto o “dominio impresionante” do motor grfico Unity do equipo de programacin, como a capacidade de “plasmar a perfeccin as ideas que temos na nosa cabeza para os aspectos fsicos dos personaxes e contornas” do equipo de arte. “Somos xente moi diversa, que nunca traballou xunta pero que ten un obxectivo común e moita ilusin”, engade o coordinador deste equipo, o graduado en Belas Artes Yuri Salgado. Estudante do mster de profesorado, Salgado explica que a súa rea, na que tamén traballan Sofa Neira e Paula Martnez, céntrase na xestin da “parte estética dos niveis, paletas de cores, texturas e bocexos dos personaxes”, mentres que o equipo de programacin responsabilizase do traballo con Unity na creacin “de ferramentas que poidan usar no equipo de deseo”, dentro da propia plataforma, explica o seu responsable, Eloi Pena. O equipo que tamén integran Paula Gonzlez, Cristina Lavadores e Samuel Rodrguez é o encargados de determinar a fsica dos obxectos e do escenario para que os personaxes poidan interactuar de maneira correcta e tamén de crear o seu movemento. Nas súas pantallas vemos tanto lias de cdigo como formas xeométricas simples en movemento, sobre as que mis adiante se aplicarn os deseos e a arte do xogo

Afeccionado aos videoxogos desde a infancia, este estudante da EE de Telecomunicacin leva anos traballando con este motor grfica e tras ter participado recentemente en dúas Game Jams, chegou ao Gais cunha experiencia previa que lle est axudando a facer fronte a “aspectos claves”, recoece, da programacin dun xogo. De feito, foi o seu interese por dedicarse profesionalmente programacin de videoxogos a que levou a Pena a participar a unha residencia que ve como “unha boa forma de conseguir experiencia e portfolio” e da que destaca que “hai moi bo ambiente e resulta moi enriquecedora a comunicacin interdisciplinar”. A vontade de especializarse no mbito dos videoxogos foi tamén a animou a Juncal a sumarse a este proxecto tras ter participado previamente na iniciativa que ComTecArt leva a cabo nas aulas da Universidade. Como unha “experiencia moi proveitosa”, define este alumno unha residencia que, recoece, tamén pode resultar “desafiante” debido a “complexidade” do traballo con Unity, “un motor omnipresente no mundo dos videoxogos, en especial no dos pequenos proxectos indie”. Quen, pola contra, vive a súa primeira experiencia neste mbito é Salgado, quen viu nesta iniciativa “unha oportunidade moi interesante para poder trasladar os meus coecementos cara mundo dos videoxogos”; un mundo no que, recoece, “levaba tempo investigando, pero sen poder participar de maneira directa na creacin”.

Arnoia, Arnoia

Seguindo, como apunta Legerén a “filosofa de ComTecArt, na que sempre buscamos autores galegos”, esta residencia toma como fonte de inspiracin Arnoia, Arnoia, “unha novela de aventuras”, publicada en 1985, na que Méndez Ferrn narra a viaxe dun dos prncipes segredos das terras de Arnoia despois de que un pobo vecio invada a súa terra e se vexa forzado ao exilio. “Sorprendeume para ben o marabilloso mundo que creara. En poucas pxinas, fala de xigantes, mineiros e lendas escuras que poderan destrur toda unha civilizacin”, salienta Salgado desta obra, ao que Juncal engade que “o mundo que describe Ferrn paréceme fascinante, as como os seus personaxes”.