O novo número ‘Gaudeamus’ preséntase como unha homenaxe ao seu fundador, Miguel Ángel Yebra
Nova entrega da revista do alumnado sénior do campus
Trtase dunha publicacin anual que se difunde tanto en papel como en formato dixital
Coordinada pola asociacin de alumnado e exalumnado sénior do campus de Pontevedra (Asaexs), Gaudeamus é unha revista dirixida a “dar voz” ao alumnado do no campus pontevedrés, nacida en 2016 da man do que fora estudante deste programa Miguel Ángel Yebra, falecido o pasado mes de xaneiro. De a que a nova entrega desta publicacin, que ve a luz en papel grazas colaboracin da Deputacin de Pontevedra, se presente como unha homenaxe ao seu fundador e director ata hai uns meses. “Este número é moi especial”, recoecen desde Asaexs da novena entrega desta revista, nacida como unha iniciativa particular de Yebra e que posteriormente pasou a ser coordinada desde Asaexs, asociacin da que foi tamén presidente.
Cos estudantes do PUM Concepcin Mumary, José Luis Fernndez e Juan José Meiln como coordinadores, o número 9 de Guadeamus, que pode consultarse tamén en formato dixital e reúne os artigos dunha ducia de alumnos e alumnas sénior, xunto cunha firma convidada, a do presidente da Academia Xacobea e exconselleiro da Xunta de Galicia, Xesús Palmou. O número brese cun texto de homenaxe ao fundador da revista e cun artigo do propio Yebra, para logo recoller tamén outra serie de artigos que abranguen un amplo conxunto de temticas, desde a contorna do ro Gafos, ao club Bilderberg, pasando polos beneficios dos tileiros, o Camio de Santiago ou un percorrido pola comarca de Valdeorras. Este “magazine sociocultural” complétase as mesmo cun espazo dirixido a facer balance das actividades desenvolvidas polo PUM e a asociacin ao longo de 2022. “A temtica é unha continuidade da dos números anteriores”, sinalan desde Asaexs, que explican que o punto de partida de boa parte dos artigos son traballos de fin de materia realizados polo alumnado do PUM.
Un proxecto que continuar
“Miguel Yebra puido contribur de maneira moi activa ata practicamente o final; queda o seu labor e esta xunta directiva comprometeuse a continuar cun proxecto estupendo que non pode nin debe ser esquecido”, salienta a presidenta de Asaexs, Gloria Pérez Prieto, respecto da continuidade de Gaudeamus. De periodicidade anual, desde a asociacin traballan xa na preparacin do número dez da revista, no que, explica, buscarn sumar unha maior participacin de alumnas sénior. “É un feito que a presenza feminina é moi superior masculina nas materias que compoen os dous ciclos” deste programa “e iso debera notarse na nosa revista”, sinala a presidenta de Asaexs. As mesmo unha das novidades que buscarn incorporar ao prximo número é a de crear audios dos diferentes artigos, aos que se poida acceder a través dun cdigo QR.
