DUVI

Diario da 鶹

Promovida pola Vicerreitora do campus xunto co Consello Social, ter lugar o xoves 24 de novembro

Unha mesa sobre emprendemento e superacin reunir a Teresa Portela, Sofa Toro e ‘Defreds’

Trtase dunha actividade aberta ao público, con inscricin previa

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Deportes
  • Universidade e empresa
  • Cultura
DUVI Pontevedra 09/11/2022

Comezar, chegar e continuar. Ese é o ttulo da mesa de debate sobre emprendemento, motivacin e capacidade para superarse ou reinventarse a un mesmo que a Vicerreitora do campus promove o vindeiro xoves 24 de novembro, coa axuda técnica de ClnicasON e o patrocinio do Consello Social da 鶹. Nun encontro que ten como propsito afondar nos inicios, traxectorias e proxectos de futuro de referentes en diferentes eidos participarn a piragüista e fisioterapeuta Teresa Portela, medalla de prata nos Xogos Olmpicos de Tokio; a docente, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e campioa olmpica Sofa Toro e o escritor José Ángel Goméz, Defreds.

Programada para o xoves 24 s 20.00 horas, este debate estar moderado polo fisioterapeuta e fundador de ClnicasON Hugo Ogando, quen incide en que o propsito deste “encontro expositivo e de debate” é que o talento e traxectorias dos tres participantes contribúa a “motivar e estimular aos novos emprendedores”. Con esa idea, este egresado da Facultade de Fisioterapia estruturar a conversa en tres bloques, pondo o foco en primeiro termo nos inicios das deportistas e o escritor, para logo deterse en como viviron Toro e Portela os seus éxitos deportivos ou como afrontou Defreds converterse nun dos autores con maior volume de vendas en Espaa. Finalmente, a conversa buscar dar resposta pregunta de por que continuar, antes de abrir o coloquio s preguntas do público.

Tres exemplos de constancia, superacin ou reconversin

Unha das protagonistas deste evento é Teresa Portela, quen nos Xogos de Tokio se converta na primeira espaola en competir en seis edicins das olimpadas, ademais de sumar unha medalla de prata a un extenso palmarés en campionatos mundiais e europeos. Egresada da Facultade de Fisioterapia, que o pasado ano lle daba o seu nome a unha das súas aulas, Portela é tamén nai e empresaria, facetas nas que tamén incidir unha conversa que foi convidada como “exemplo de constancia, traballo e superacin continua”, como sinalan desde a organizacin. Medalla de ouro nos Xogos de Londres 2012 na modalidade de match race, a regatista Sofa Toro acumulou tamén un extenso palmarés nas competicins internacionais de vela ao longo da súa traxectoria deportiva. Actualmente é a xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, que agrupa mis de 60 empresas dun sector que representa mis do 2 % do PIB de Galicia, ademais de ser tamén docente na Facultade do Deporte da UCAM de Murcia, o que levouno a ser sinalada como un “exemplo de reconversin e adaptacin”, polos promotores deste encontro. Por último, a conversa complétase coa participacin do escritor vigués José Ángel Gmez, Defreds, autor de dez ttulos de narrativa curta cos que logrou vender mis de 500 000 exemplares. Con preto dun milln de seguidores en redes sociais, Defreds logrou tamén en 2017 que catro dos seus libros se situasen como os mis vendidos en Espaa e é presentado nesta iniciativa como un “exemplo de ilusin, revolucin e autocreacin”.

Entrada gratuta con inscricin previa

Anda que principalmente orientado ao alumnado da 鶹, trtase dun coloquio aberto a toda a cidadana, para o que ser preciso realizar unha inscricin previa enviando un correo electrnico direccin contacto@clinicason.com, no que figuren nome e apelidos, número de teléfono e DNI. As e os integrantes da comunidade universitaria debern tamén achegar un “documento xustificativo” da súa relacin coa institucin, tendo preferencia na inscricin no caso de que se complete a capacidade da sala.