En colaboracin con docentes africanos ao abeiro do proxecto Edubilmo
Investigadores vigueses fornecen de materiais didcticos en cincolinguas mozambicanas e en portugués ao profesorado do pas africano
O traballo acadou unha subvencin da Xunta para investigacins en cooperacin ao desenvolvemento
Pendente unicamente da presentacin dos resultados en Mozambique, o proxecto Edubilmo, , chegou ao seu fin. Transcorrido mis dun ano desde que arrancou esta iniciativa, na que participan docentes e investigadores do grupo GRADES da 鶹, xunto a colegas da Universidade Eduardo Mondlane do pas africano, Edubilmo desenvolveu a meirande parte das actividades previstas. “Malia as circunstancias, demos rematado todo o relacionado co obxectivo fundamental, consistente na preparacin de seis guas prcticas sobre a educacin bilingüe, unha en portugués e cinco en linguas bantú presentes no Programa de Educação Bilingue (PEB) actualmente activo en Mozambique”, detalla o investigador de GRADES Fernando Ramallo, que lembra que ao abeiro do proxecto tamén se prepararon catro glosarios terminolxicos nas cinco linguas, sobre humanidades (282 termos), ciencias (206 termos), zooloxa (103 termos) e saúde (65 termos).
As guas publicadas teen o obxectivo de fornecer materiais didcticos comunidade educativa de cinco das vinte e dúas linguas mozambicanas, unha accin que d resposta finalidade coa que o proxecto naceu, contribur formacin do profesorado que desenvolve o seu traballo no programa de educacin bilingüe de Mozambique, impulsando a súa transformacin cara un programa verdadeiramente bilingüe coa docencia en linguas bantú mis al do terceiro curso da educacin primaria, que é ata onde chega o modelo actual. “Onde o PEB est vixente, ata o terceiro curso todo se ensina en lingua materna (bantú), ags a lingua portuguesa, pero a partir de 4º, todo é en portugués, menos a materia de lingua inicial de bantú”, explica Ramallo, que focaliza esta situacin nas zonas rurais con forte presenza de linguas indxenas e non en todas as escolas do pas, “é dicir, non é un programa universal, anda que si ten presenza en centos de escolas”, aclara.
Facilitar o traballo das e dos docentes mozambicanos
Ao tratarse dun proxecto de cooperacin, que acadou a subvencin da Xunta destinada a crear grupos de investigacin que centren a súa actividade na cooperacin para o desenvolvemento, Edubilmo non parte da idea, aseguran os seus promotores, de ensinar nada, senn de contribur a facilitar o traballo, tanto das e dos docentes que desenvolven o seu da a da na formacin de futuros mestres de educacin primaria, como dese colectivo que traballa no medio rural en condicins materiais moi precarias.
“Estamos moi esperanzados en que os materiais producidos poidan axudar comunidade educativa. As mesmo, somos conscientes de que para iso falta tempo e unha axeitada formacin no aproveitamento das guas, mais confiamos nas súas posibilidades. A este respecto cmpre sinalar que os propios investigadores locais que comparten a autora das guas estn dispoibles para axudar nos esclarecementos que se demanden polas diferentes comunidades”, explica Fernando Ramallo, que agradece o traballo desenvolvido polos integrante do equipo que participou no proxecto. Alén deste grupo, formado por tres investigadores da 鶹 e dous de Mozambique, o docente e director da Área de Normalizacin Lingüstica, destaca a colaboracin dunha decena de docentes de escolas inseridas no PEB e cinco persoas expertas en linguas bantú. “O seu coecemento e a súa experiencia foron determinantes na compilacin dos glosarios referidos e na traducin de parte dos materiais”, asegura Ramallo.
Unha iniciativa con vocacin de futuro
Logo da elaboracin do material didctico, o docente e investigador de GRADES asegura que para o equipo sera moi satisfactorio poder adaptar as guas ao resto das linguas integradas no PEB, tendo en conta que cada unha delas ten unha parte común e unha propia na que se reflicten as condicins sociolingüsticas da comunidade que fala e os principais trazos lingüsticos que a definen. “Por iso, non é suficiente cunha traducin senn que para avanzar nese futuro posible, cumprira continuar o proxecto, polo menos un par de anos mis”, sinala Fernando Ramallo.
