DUVI

Diario da 鶹

O mesocosmos da Ecimat acolleu un experimento internacional

O CIM analiza se a alcalinizacin dos océanos é segura para a vida maria ante o aumento da temperatura da auga

Con participacin de persoal investigador de Grecia, Italia, Francia, Finlandia e Estados Unidos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI 16/07/2026

O mesocosmos do Centro de Աپ Maria da 鶹 acolleu nas últimas semanas un equipo internacional que realizou un experimento para coecer como respondern as comunidades planctnicas marias alcalinizacin do océano nun escenario de aumento da temperatura da auga. No traballo realizado na Ecimat participaron investigadores de Grecia, Italia, Francia, Finlandia e Estados Unidos financiados a través dos programas de acceso transnacional dos proxectos Iriscc e Aquaserv. Centrronse na alcalinizacin ocenica, un proceso que consiste en aumentar a alcalinidade da auga do mar para favorecer a captacin e almacenamento de CO₂ mantendo estable o pH mario. Esta é unha das solucins que actualmente se avalan para mitigar o cambio climtico xa que, ao mesmo tempo que permite retirar CO₂ atmosférico, tamén axuda a reducir os efectos da acidificacin do océano causada polas emisins de dixido de carbono.

O obxectivo deste experimento internacional era estudar os efectos que pode ter esta va da alcalinizacin sobre os organismos que constitúen a base da cadea alimentaria maria cando se aplica nas condicins climticas previstas para o futuro.

Analizar a resposta de toda a comunidade planctnica 

O estudo desenvolveuse na segunda quincena de xuo e estivo coordinado polo investigador do CIM Pablo Serret e nel participaron 12 investigadores de Espaa, Grecia, Italia, Francia, Finlandia e Estados Unidos. Durante o traballo empregronse doce mesocosmos distribudos en catro tratamentos experimentais: tres de control, tres con incremento da alcalinidade, tres cun aumento de tres graos na temperatura da auga e outros tres nos que se combinan ambas condicins. “Este deseo permitir diferenciar o efecto da alcalinizacin, o da temperatura e, sobre todo, comprobar como interactúan ambos factores”, explica José Gonzlez, responsable da Unidade de Oceanografa da Ecimat.

Ao longo do experimento analizouse a resposta de toda a comunidade planctnica, desde virus e bacterias ata fitoplancto e zooplancto, para determinar se a alcalinizacin pode alterar o funcionamento da rede trfica maria nun océano mis clido. 

Unha medida prometedora fronte ao cambio climtico

Segundo detalla o investigador Pablo Serret, "a dificultade para reducir as emisins globais de gases de efecto invernadoiro ao ritmo necesario est a facer que as estratexias de retirada de CO₂ da atmosfera ocupen un lugar cada vez mis relevante na axenda climtica internacional”. Estas estratexias, entre elas a alcalinizacin ocenica, “non substitúen a reducin urxente das emisins, que segue a ser imprescindible, pero poden resultar necesarias para compensar aquelas emisins residuais que son especialmente difciles de eliminar e contribur a acadar os obxectivos de neutralidade climtica".

Con todo, e a pesar de que “a súa eficacia desde o punto de vista qumico xa foi demostrada, anda é necesario coecer as súas consecuencias ecolxicas”, afirma José Gonzlez. As, o experimento realizado no CIM pretende comprobar se unha medida que pode contribur mitigacin do cambio climtico resulta compatible coa conservacin dos ecosistemas marios, especialmente nunha contorna de quecemento global.

"Neste contexto, o océano preséntase como un candidato especialmente relevante pola súa enorme capacidade natural para almacenar carbono e polo papel fundamental que desempea na regulacin do clima. Con todo, precisamente pola importancia e complexidade dos ecosistemas marios, calquera técnica de eliminacin de CO₂ baseada no océano debe ser avaliada con todo o rigor cientfico antes de considerar a súa posible aplicacin a maior escala. É necesario coecer con precisin cal é a súa capacidade real para retirar CO₂ da atmosfera, como se pode medir esa retirada, que efectos produce sobre os ecosistemas marios e en que condicins podera ser ambientalmente segura e socialmente aceptable. Os experimentos en mesocosmos constitúen unha ferramenta fundamental porque permiten estudar comunidades marias reais en condicins controladas", sinala Pablo Serret.

Comparacin entre ecosistemas moi diferentes

Os resultados obtidos na ra de Vigo compararanse cos rexistrados en experimentos similares realizados en Creta, no marco da colaboracin que o CIM mantén desde 2021co Hellenic Centre for Marine Research (HCMR). “A comparacin entre un ecosistema costeiro altamente produtivo como o das ras galegas e outro ultraoligotrfico, como o Mediterrneo oriental, permitir avaliar se a resposta dos organismos é común ou depende das caractersticas ambientais de cada rexin”, detalla Gonzlez.

Neste sentido Pablo Serret fai fincapé en que "este experimento non é un ensaio illado, senn que forma parte dun esforzo europeo coordinado para desenvolver infraestruturas, protocolos comúns e criterios de calidade que permitan avaliar cientificamente este tipo de aproximacins. No marco de Iriscc, o CIM desempea un papel destacado no desenvolvemento dun novo metaservizo europeo para a avaliacin de técnicas de mitigacin ocenica, baseado na realizacin de experimentos comparables en instalacins de mesocosmos situadas en Vigo, Creta, Tvärminne-Helsinqui e Portugal. O obxectivo é que diferentes grupos de investigacin poidan avaliar estas técnicas mediante deseos experimentais repetibles, datos interoperables e criterios comúns de calidade”.

Ademais, destaca que "este enfoque encaixa plenamente coas novas polticas europeas de proteccin e restauracin da natureza, que non s perseguen conservar a biodiversidade, senn tamén manter e recuperar o bo funcionamento dos ecosistemas. A medicin da producin, a respiracin e o balance metablico da comunidade permite determinar se unha intervencin altera procesos esenciais como a fixacin de carbono, o consumo de osxeno ou o fluxo de materia e enerxa a través da rede trfica."

Unha infraestrutura de referencia internacional

O experimento pon tamén en valor as instalacins de mesocosmos do CIM, integradas na carteira de servizos cientficos que se ofrecen nas infraestruturas da rede European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC), da que forma parte a Ecimat. Entre as poucas infraestruturas deste tipo existentes en Europa, a do CIM é a única de mesocosmos exteriores equipada cun sistema de monitorizacin continua e cun innovador sistema de mestura mediante hélices que reproduce o movemento natural da auga sen recorrer ao burbullado de aire, minimizando as as interferencias sobre os organismos e asegurando un control do intercambio de gases entre a auga e a la atmosfera.

Ademais, as instalacins incorporaron recentemente un novo sistema de control térmico que permite manter de forma estable unha diferenza de tres graos respecto da temperatura natural da auga do mar, recreando con gran precisin as condicins previstas para os océanos nas prximas décadas.

Segundo Pablo Serret, "o balance do experimento realizado en Vigo foi moi positivo, tanto polos resultados cientficos que agardamos obter como pola colaboracin internacional que xerou. Permitiu reunir no CIM capacidades complementarias de primeiro nivel: a experiencia técnica da Unidade de Oceanografa e Mesocosmos, a colaboracin con infraestruturas europeas de referencia como HCMR e SYKE, e a participacin de grupos internacionais lderes en bioxeoqumica ocenica, como o da Universidade de Duke. Este tipo de colaboracin é fundamental para avanzar desde experimentos individuais cara a unha capacidade europea integrada que permita avaliar con rigor cientfico as posibles estratexias de mitigacin do cambio climtico baseadas no océano."