DUVI

Diario da 鶹

Mario Pansera e Javier Lloveras son os autores dun volume publicado por Bristol University Press

Investigadores da 鶹 articulan nun libro “outra idea da innovacin”, desvinculada do crecemento econmico

Froito das investigacins desenvolvidas no marco do proxecto europeo Prospera

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 09/01/2026

Analizar como sera unha sociedade capaz de prosperar sen necesidade dun crecemento econmico continúo constitúe o eixe central do proxecto Prospera, no que o grupo de investigacin Post-Growth Innovation Lab da 鶹 traballou ao longo dos últimos cinco anos. Financiado polo Consello Europeo de Աپ (ERC), os estudos, experiencias e reflexins xurdidos no marco desta investigacin constitúen o punto de partida do libro no que Mario Pansera, director deste grupo de investigacin, e Javier Lloveras articulan “outra idea da innovacin”, desafiando a visin “predominante”, sinalan, de que “a innovacin e o crecemento deben estar intrinsecamente vinculados”.

Publicado en acceso aberto pola prestixiosa editorial Bristol University Press, o libro aborda como a idea do crecemento econmico “reprodúcese constantemente nas nosas sociedades, basendose en gran medida nunha fe incondicional no desenvolvemento tecnolxico e a innovacin”. Partindo da idea de que a innovacin “non é neutral”, senn “un proceso social con valores e obxectivos especficos”, Pansera e Lloveras abordan esta cuestin desde a ptica do decrecemento, avogando por un “modelo de innovacin arraigado no coidado, a reparacin e a participacin democrtica”.

Nese senso, o responsable do Post-Growth Innovation Lab sinala que este libro parte da “tradicin” dos estudos nos eidos do decrecemento e o poscrecemento, conectndoos coa “linguaxe da organizacin e a innovacin, que é unha linguaxe instrumental da ideoloxa do crecemento”. Partindo deste marco, “abrimos a porta a outra idea de innovacin, poemos exemplos e facemos preguntas”, sublia. “Recolle un proceso, unhas experiencias e unha aprendizaxe”, engade Lloveras dunha publicacin na que buscaron “non tanto centrarnos en resultados concretos das investigacin que fixemos”, senn en recoller “a esencia” dun proxecto de investigacin “moi ambicioso e complexo”, coa idea de achegar os seus debates a un público non especializado.

A “inviabilidade dual” de ir mis al do crecemento

O punto de partida do libro é a denuncia de que a sociedade deposite unha “fe cega” en que os avances tecnolxicos permitirn resolver “as crises s que nos enfrontamos”, como “a degradacin medioambiental e o esgotamento dos recursos”, para as que consideran precisa unha “transformacin sistémica”. Esta situacin lévaos a contrapor o paradigma do chamado “crecemento verde”, para o que “o crecemento econmico non s é compatible coa sostibilidade medioambiental, senn que tamén é esencial para lograla”, coas visins do decrecemento ou poscrecemento, que sosteen que o “crecemento econmico perpetuo é o motor fundamental da degradacin medioambiental”.

Pansera e Lloveras defenden neste volume que o “único camio viable para abordar os inmensos desafos aos que se enfrontar a humanidade nas prximas décadas é a través dunha reducin democrtica e coidadosamente planificada das actividades econmicas nas economas opulentas e de consumo excesivo, ata alcanzar niveis que sexan compatibles cos lmites ecolxicos do planeta”. Os investigadores sublian que este paradigma “non implica unha reducin xeneralizada en todos os sectores da economa”, senn que debera centrarse en determinadas industrias e dirixirse principalmente s nacins e poboacin “mis ricas”.

Non obstante, a publicacin detense no que definen como unha “inviabilidade dual”, posto que se ben as estratexias do crecemento verde requiriran ao seu xuzo “dunhas melloras na ecoeficiencia que non teen precedentes na historia humana”, os enfoques crticos co crecemento precisaran superar unha “resistencia sociopoltica significativa” de sociedades e institucins estruturadas arredor de “imaxinarios de éxito orientados ao crecemento”. Nese senso, o obxectivo do libro é afondar nas “complexidades desta dicotoma", pondo énfase na necesidade de “novos imaxinarios de ciencia, tecnoloxa e innovacin”, que vaian mis al do crecemento.

A innovacin nunha sociedade poscrecemento

Esa necesidade de “desvincular o pogreso do crecemento” é un dos eixes do primeiro captulo do libro, no que afondan na evolucin da idea de innovacin. No segundo apartado, buscan refutar unha serie de suposicins asociadas a este paradigma, como que a tecnoloxa “dita o cambio social” ou que a innovacin “impulsa inherentemente a prosperidade”, incidindo na necesidade de dirixila “cara a xustiza e sostibilidade”. Isto lévaos a propor no terceiro captulo un “modelo de innovacin arraigado no coidado, a reparacin e a participacin democrtica”, a partir dunha serie de estudos sobre makerspaces, fab labs ou movementos polo dereito a reparar. Partindo tamén das investigacins desenvolvidas no marco de Prospera, o seguinte captulo examina exemplos de organizacins e institucins, desde empresas cooperativas ata plataformas de cdigo aberto, que “ilustran como a actividade econmica pode prosperar sen depender do crecemento”. O seguinte captulo céntrase en como poderan abordarse, desde a ptica do poscrecemento, as infraestruturas e sistemas complexos, mentres que o último apartado busca dar resposta pregunta de que significa “democratizar a tecnoloxa”.

Recuperar a capacidade de experimentar

O libro complétase, apunta Pansera, cunha “invitacin” a reflexionar sobre “algo que perdemos como sociedade, que é a capacidade de experimentar”. Os investigadores defenden neste apartado final que o capitalismo, “que sempre se presenta como algo innovador”, é un sistema que “reduce a creatividade e a capacidade de experimentar”. Neste punto, inciden en cuestins como o dereito a reparar e na “restricin experimentacin” que supn que persoas ou comunidades "non poidan modificar os produtos para adaptalos s súas necesidades, por temas de propiedade intelectual”, engade Lloveras. De feito, lembra Pansera, o volume brese cunha reflexin sobre a “narrativa” que postula o capitalismo como “o único sistema econmico e social”, para pecharse coa idea de que para sar dunha idea que “dificulta imaxinar alternativas de organizar a sociedade” é preciso “retomar a experimentacin”.