Nunha actividade inserida no proxecto europeo Firepoctep+
Investigadores da EE Forestal analizan coas comunidades de montes posibles accins para reducir os grandes incendios no Baixo Mio
Nas zonas estratéxicas identificadas nesta comarca
Liderado pola EE Forestal, o proxecto europeo Firepoctep+ busca tanto identificar, ao longo da fronteira entre Espaa e Portugal, unha serie de puntos clave na loita contra os grandes lumes, como definir que accins preventivas poden levarse a cabo nestas reas coa implicacin dos axentes locais. Con ese obxectivo, investigadores e investigadoras desta escola mantian un encontro con comunidades de montes e propietarios forestais do Baixo Mio, dirixido en primeiro termo a presentarlles as “zonas estratéxicas de xestin” identificadas nesta comarca no proxecto previo, as como os resultados das simulacins realizadas, que amosan como a realizacin de actuacins preventivas nestes puntos supoen unha “modificacin do patrn do lume” no conxunto da comarca, como explica o director en funcins da escola, Juan Picos, investigador principal deste proxecto europeo. Ao mesmo tempo, este encontro tia tamén como obxectivo avaliar con comunidades e propietarios forestais que accins concretas poderan acometerse nalgúns destes puntos clave no comportamento dos grandes incendios.
Cofinanciado pola Unin Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder), no marco do , un dos obxectivos de Firepoctep + é contribur mobilizacin de recursos endxenos con valor preventivo, consolidando unha “rede de cortalumes produtivos”. Coa participacin de 17 institucins e entidades dos dous pases, d continuidade ao traballo realizado no proxecto previo Firepoctep, que tia entre as súas lias centrais de traballo o deseo de metodoloxas para a identificacin de zonas estratéxicas de xestin. Entre elas, a desenvolvida por investigadoras e investigadores da EE Forestal a partir do uso de simuladores de incendios, modelos de combustible e cartografas con datos obtidos por imaxes por satélite e con tecnoloxa LiDAR.
Esta metodoloxa foi posta en prctica no Baixo Mio, onde tras a realizacin de 2800 simulacins do comportamento dos lumes con diferentes condicins meteorolxicas, identificaron unha serie de zonas, que representan entre o 5% e o 7% do territorio forestal da comarca, para logo avaliar como se comportaran os lumes tras unha actuacin nestes puntos. Na xornada que o proxecto Firepoctep+ promoveu esta fin de semana en Tomio, os investigadores presentaron os resultados desa anlise, “na que simulamos a situacin antes e despois dos tratamentos, analizamos como cambia o patrn de propagacin a escala de paisaxe e onde diminúe a intensidade do lume e a lonxitude da chama, o que fai aumentar ademais a eficacia e seguridade da intervencin dos operativos”, explica Picos, que presentaba estes resultados xunto s investigadoras Laura Alonso e Thais Rincn. Na xornada participou as mesmo a investigadora do proxecto e vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Maribel Doval.
Como levalo prctica
Mis al de que a identificacin desas zonas clave en materia de prevencin é un dos eixes de Firepoctep+, o traballo desenvolvido no proxecto previo no Baixo Mio permitir tamén “baixar un grao a escala”, como destaca Picos, e abordar “como habera que traballar individualmente nalgunhas zonas concretas”, obxectivo dunha xornada que foron convocadas preto de 40 comunidades de montes, pertencentes s mancomunidades do Baixo Mio, Val Mior e Montes de Vigo. “Seleccionamos algunhas zonas para ir mis ao detalle, e explicmoslles o que podera facerse nelas”, engade o investigador, que explica que as simulacins realizronse inclundo como variable unha “modificacin bsica”, como sera a roza do mato por debaixo do arborado. Mais sobre o terreo, poderan levarse a prctica outra serie de opcins, desde queimas prescritas ata promover nesas zonas estratéxicas pastos ou cultivos. Neste punto, o propsito do encontro era abordar cos participantes a posibilidade de levar a cabo “algunha actuacin especfica”, xa que o proxecto prevé “facer algunha proba nestas reas”. Mais tamén, explica Picos, identificar posibles limitacins ou restricins hora de impulsar un tipo de actuacins que supoen “un cambio de paradigma” en materia de prevencin de incendios forestais.
Un proxecto de importancia estratéxica
Con actuacins ao longo de toda a raia hispano-portuguesa e financiado con 3,3 millns de euros, o comité de seguimento do programa Interreg Espaa-Portugal (POCTEP) designaba recentemente Firepoctep+ como proxecto de importancia estratéxica para este programa, resaltando a súa contribucin clave para alcanzar os obxectivos do programa e as prioridades da Comisin Europea.
