DUVI

Diario da 鶹

Realizado polo grupo Well Move, buscaba coecer os seus efectos como terapia de rehabilitacin

Investigadores de Ciencias da Educacin e do Deporte publican o primeiro estudo sobre marcha nrdica e esclerose múltiple

A baixa adherencia limitou as conclusins da investigacin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 15/12/2020

Fatiga, alteracins da marcha e diminucin da mobilidade funcional son algúns dos problemas aos que teen que facer fronte as persoas con esclerose múltiple, para as que a prescricin dun exercicio fsico adaptado s súas caractersticas e necesidades pode ter un impacto positivo na súa autonoma funcional. Partindo desta idea, os integrantes do grupo de investigacin Well Move (Wellness & Movement Research Group) da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte desenvolveron un estudo dirixido a coecer os efectos nesta poboacin dun programa de marcha nrdica. Trtase dunha modalidade de exercicio fsico consistente en camiar empregando uns bastns especficos e unha técnica adecuada, que favorece a activacin muscular de tronco e membro superior cunha baixa percepcin de fatiga. Os resultados desta investigacin, cuxas conclusins se viron limitadas pola baixa adherencia dos participantes ao programa, recllense nun artigo que os investigadores Carlos Ayn, Ivn Martnez Lemos e Daniel Martnez Aldao realizaron coa colaboracin do neurlogo do Complexo Hospitalario de Pontevedra Manuel Seijo e que constitúe, sinalan, o primeiro estudo cientfico publicado sobre a aplicacin desta disciplina como terapia de rehabilitacin fsica en pacientes con esclerose múltiple.

Ata a publicacin do artigo Nordic walking for people with relapsing-remittent multiple sclerosis: A case series study na revista Multiple Sclerosis and Related Disorders, sinala Ayn, podan atoparse “blogs e webs nas que os pacientes falan da súa experiencia coa marcha nrdica”, pero non un estudo cientfico como o que desenvolveron cun grupo de 14 persoas afectadas por esta enfermidade. Tratbase en todos os casos de pacientes “con baixa afectacin, persoas que presentaban un patrn de marcha estable e que estaban motivados cara a prctica do exercicio”, explica Ayn, responsable do deseo da investigacin, para a que contaron coa colaboracin de Seijo na “fase de recrutamento”. As e os participantes levaron a cabo na facultade un programa de marcha nrdica de doce semanas deseado por Ivn Martnez e supervisado por Daniel Martnez, que en primeiro termo permitiu constatar un aspecto xa detectado en estudos previos sobre esclerose múltiple, a “baixa adherencia cara a prctica do exercicio fsico”, das persoas afectadas por esta patoloxa de orixe autoinmune, “que non afecta a todos os pacientes por igual”, como lembra Ayn. Nese senso, “múltiples factores”, asociados tanto propia enfermidade, como é o caso da fatiga, “un sntoma extremadamente predominante”, como ao “propio da a da” das e os participantes motivaron que menos do 50% puideran completar este programa de doce semanas. 

Unha prctica factible que pode achegar melloras

Pese a todo, o estudo permitiu confirmar en primeiro termo que a marcha nrdica é unha prctica que “pode prescribirse a persoas con esclerose múltiple, dado que non son esperables efectos negativos que agraven a enfermidade”, sinala Ayn. Do mesmo xeito, “a súa prctica parece axudarlles a manter a súa capacidade cardiorrespiratoria e soportar mellor o impacto que a enfermidade provoca na súa calidade de vida”. 

Por outra banda, o estudo permitiu tamén observar como os pacientes mis novos, aos que se lles diagnosticara mis recentemente esta enfermidade, “case non notaron cambios significativos nas variables analizadas”; a percepcin do grao de fatiga, mobilidade funcional, forma fsica e calidade de vida. Non aconteceu o mesmo, sinala Ayn, no caso das persoas de maior idade e que levaban mis tempo convivindo con esta patoloxa, “que si experimentaron un certo impacto positivo na súa autonoma funcional e na súa calidade de vida”. 

Unha lia na que avanzar

No 2004, Ayn iniciou un estudo pioneiro sobre os efectos do exercicio en pacientes de esclerose múltiple que constituu a base da súa tese de doutoramento e o punto de partida dunha lia de investigacin, que posteriormente puido recuperar “grazas colaboracin do doutor Seijo e dos seus pacientes”. Unha lia na que, sinala, “quedan moitas cousas por investigar” e que se insire ademais no obxectivo do grupo Well Move de “desear investigacins con pacientes seleccionados por médicos especialistas”, aos que poder pautarlles programas de exercicio fsico adaptados s súas necesidades e patoloxas, que poidan levarse a cabo na propia facultade coa participacin do alumnado do grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte. “Deste modo, logramos que, por un lado, os pacientes se beneficien dos recursos e materiais que a Universidade ofrece e, por outro, o alumnado experimente de primeira man o traballo con esta poboacin”, salienta Ayn, que incide na importancia de formar s e aos estudantes da titulacin na prescricin de exercicio fsico a persoas con patoloxas.