Ao abeiro do proxecto internacional Perseus, dotado con 2,7 millns de euros
Investigadoras da 鶹 traballan no desenvolvemento dunha nova terapia fronte a tumores metastsicos, baseada en nanomateriais activados por raios X
Carmen Rodrguez Argüelles é a IP da 鶹 no proxecto, coordinado polo CNR de Italia
10 millns de persoas, segundo datos da Organizacin Mundial da Saúde (OMS), faleceron no ano 2020 por mor do cancro, unha das principais causas de morte no mundo, e que segue a ser un gran reto para a investigacin, que se centra na loita contra unha enfermidade que non é tal, senn un conxunto moi complexo de mis dun cento delas. Cun financiamento de mis de 2,7 millns de euros, procedentes do Consello Europeo de Innovacin, o proxecto Perseus (), concentra o traballo dunha trintena de investigadoras e investigadores de media ducia de institucins, co obxectivo de desenvolver unha nova terapia fronte a tumores metastsicos, baseada en nanomateriais activados por raios X.
A docente e investigadora Carmen Rodrguez Argüelles é xunto, tamén investigadora posdoutoral Margarita Salas, Noelia Gonzlez Ballesteros, a representante da 鶹 no proxecto Perseus, que non conta coa presenza de mis institucins espaolas. “Participamos en dúas tarefas do proxecto que se poden resumir como deseo e sntese de novos nanomateriais mediante qumica verde, a súa caracterizacin e a súa aplicacin como nanosistemas antitumorais”, detalla a docente de investigadora do Departamento de Qumica Inorgnica da 鶹. Rodrguez Argüelles colabora desde hai 30 anos con grupos de investigacin de Italia, pas que lidera o proxecto Perseus a través do Consiglio Nazionale delle Ricerche, e no que tamén participa, ademais da 鶹, un consorcio multidisciplinar formado polo Karolinska Institutet (Suecia), Technion Israel Institute of Technology (Israel), Wigner Fizikai Kutatközpont (Hungra) e as empresas Bedimensional SPA (Italia) e QED Film & Stage Productions LTD (Reino Unido).
Un proxecto innovador e interdisciplinar
Dado que na actualidade, o uso prctico da nanotecnoloxa na atencin clnica do cancro est nunha fase moi incipiente, Perseus persegue, segundo as e os investigadores que participan no proxecto, darlle pulo a través dunha nova terapia baseada en nanosistemas especialmente deseados, feitos de nanocristais en capas 2D multifuncionais, que cando son activados con raios X proporcionan unha terapia multimodal eficaz, con mnimos ou nulos efectos adversos. A terapia, que non se ve afectada pola bioqumica do corpo, emprega raios X de escneres de tomografa computerizada, non para matar as células cancerosas directamente, senn para activar e xerar imaxes dos nanosistemas, que a súa vez dan lugar localmente a mecanismos oncolticos non mutaxénicos.
Carmen Rodrguez destaca que o das terapias para o cancro baseadas en nanotecnoloxa é un campo en continuo crecemento, xurdido para mellorar as técnicas existentes. “Neste proxecto centrarémonos en cancros que son clinicamente inmanexables coas terapias dispoibles actualmente; en cancros resistentes aos frmacos intrnsecos e evasivos que carecen de respostas s terapias e en metstases”, detalla a investigadora da 鶹, que considera que co remate exitoso do proxecto, “a nosa tecnoloxa encher o baleiro entre os estudos preclnicos e a prctica clnica coa nanomedicina”. As mesmo, Perseus pretende probar posibles tratamentos aditivos ou efectos sinérxicos con outras terapias, includas a inmunoterapia e as terapias moleculares dirixidas, a base a medicina personalizada.
Profesionais dos campos da fsica, a qumica, enxeara qumica, bioloxa, medicina, farmacoloxa e radioloxa conforman o equipo multidisciplinar que traballa no proxecto Perseus, que con catro anos de duracin, inclúe aplicacins nos campos da oncoterapia, a teranstica e o uso e desenvolvemento de sistemas terapéuticos baseados en irradiacin de raios X de baixa enerxa.
