DUVI

Diario da 鶹

Nun proxecto financiado polo Plan Social Ence Pontevedra

Investigadoras de Fisioterapia avalan como a calidade dos bosques inflúe na reducin do estrés

Estudan o efecto de diferentes contornas forestais na regulacin dos sistema nervioso autnomo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 17/07/2025

Avaliar se a calidade dos bosques inflúe na regulacin do sistema nervioso autnomo, axudando a reducir o estrés e a mellorar o benestar xeral, é obxectivo central da investigacin que o grupo FS1 da Facultade de Fisioterapia desenvolve co financiamento do V Plan Social Ence Pontevedra. Como explica a súa coordinadora, Eva Mara Lantarn, este proxecto busca “profundar en como as caractersticas especficas da contorna forestal e a percepcin subxectiva de cada individuo poden potenciar anda mis efectos positivos” dos bosques na saúde fsica e mental, a través da medicin dunha serie de parmetros fisiolxicos en diferentes masas arbreas.

Como apunta a investigadora principal do grupo FS1 e vicerreitora do campus, “os efectos positivos dos bosques na reducin do estrés e a promocin do benestar estn amplamente documentados” por diferentes investigacins ao longo das últimas décadas. Trtase ademais duns beneficios que adquiren “unha relevancia anda maior” no contexto actual, no que “estilos de vida urbanos xeran un incremento de sntomas relacionados co deterioro da saúde mental”, como a ansiedade, a depresin ou a fatiga crnica. Nese senso, este traballo busca tanto “corroborar eses beneficios” como avaliar como estes varan “cando os suxeitos se expoen a contornas de diferente calidade ambiental”. 

Nese senso, “un aspecto innovador” deste proxecto é “a forma na que avaliamos a esa calidade ambiental”, a través dunha “escala propia desenvolvida” polo grupo AF-4 da Escola de Enxeara Forestal, que, ao abeiro tamén do Plan Social Ence, desenvolveu unha metodoloxa coa que avaliar os beneficios de carcter inmaterial, vinculados saúde, benestar ou ocio, que achegan os bosques. “Baseada na percepcin subxectiva de cada individuo, considerando as súas crenzas, experiencias e comportamentos culturais”, esta escala permitir pr en relacin as variables fisiolxicas e psicolxicas cunha “percepcin única de cada participante” respecto das masas forestais. “A hiptese que se formula é que unha maior calidade” desta contorna natural ter un “maior impacto positivo” en materia de benestar e saúde fsica e mental, sinala a responsable dun estudo no que se insire tamén a investigacin que a fisioterapeuta Ana Gil desenvolve para a súa tese de doutoramento.

Medicins en diferentes contornas

Co propsito de “cuantificar con parmetros medibles e contrastables” os beneficios en materia de saúde e benestar que poden achegar os bosques e de avaliar se estes “son dependentes da calidade ambiental da contorna que o individuo se est expoendo”, o estudo abrangue unha serie de medicins en diferentes contornas. Concretamente, o equipo investigador prevé contar coa participacin de 30 persoas, s que se medirn unha serie de parmetros tanto nunha contorna de carcter ubano como en masas arbreas “con diferentes caractersticas”, derivadas da xestin forestal. Estes traballos de campo levaranse a cabo nunha serie de “zonas especficas”, explican, que as investigadoras definirn en colaboracin co grupo AF-4.

Estas avaliacins centraranse, por unha banda, na “actividade do sistema nervioso autnomo” que, como explica Lantarn, “regula a actividade” dos sistemas nervioso simptico e parasimptico, vinculados, respectivamente, coa “activacin e excitacin” e coa “relaxacin e o sosego”. Con ese obxectivo, medirase parmetros fisiolxicos e marcadores de estados de nimo. “A anlise conxunta destes datos permitiranos obter unha visin integral de como flutúa o estado dos participantes tras expoerse a cada contorna”, sinalan as responsables deste estudo. 

De xeito paralelo investigacin, o proxecto Calidade ambiental das masas forestais, benestar percibido e regulacin do sistema nervioso autnomo, que se desenvolver ao longo de 2025, abranguer tamén a realizacin de “talleres formativos e actividades de difusin sobre a conexin dos bosques e a saúde”, co obxectivo de contribur preservacin destes espazos naturais, pondo en valor as súas achegas en materia de “promocin da saúde”.