Segundo unha investigacin realizada nas universidades de Vigo e Coimbra
A invasin de acacias ten consecuencias crticas para a estabilidade dos bosques atlnticos
O estudo advirte que actuar cedo sobre pequenas poboacins é clave para frear o seu avance
A invasin de acacias ten consecuencias crticas para a estabilidade dos bosques da parte atlntica da pennsula ibérica e, incluso en niveis baixos de afectacin, o seu impacto é notable, tanto na vexetacin como no solo. As de concluntes son os resultados dunha investigacin levada a cabo por un equipo de investigadoras e investigadores das universidades de Vigo e Coimbra, liderados por Raquel Juan Ovejero, investigadora posdoutoral no Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal da universidade viguesa, e que acaban de ser .
O estudo desenvolveuse recentemente na Serra da Lousã, no centro de Portugal, que é unha zona que ten unha paisaxe forestal fragmentada, onde conviven plantacins de pieiros e outras conferas introducidas, bosques nativos de carballos e castieiros e matogueiras mediterrneas. Os investigadores analizaron como a invasin de Acacia dealbata -acacia mimosa- e Acacia melanoxylon -acacia negra-, afecta estrutura da vexetacin, calidade do solo e da follaxe -en termos de contido de carbono e nitrxeno- e s comunidades de colémbolos, pequenos invertebrados do solo fundamentais para o ciclo de nutrientes e a descomposicin da materia orgnica. As mesmo, estudouse tamén os efectos en cascada que estas alteracins poden provocar no funcionamento xeral do ecosistema.
“A medida que aumenta a súa cobertura, diminúe de forma significativa a abundancia de plantas herbceas e a riqueza de especies, o que se traduce nunha perda clara de biodiversidade”, explica a responsable do estudo. “Non s se detectou unha diminucin da relacin carbono/nitrxeno da follaxe e un incremento do carbono orgnico coa invasin de acacias, cambios que alteran a dispoibilidade de nutrientes e os procesos de descomposicin, senn que tamén afecta fauna”, explica a investigadora, facendo fincapé que se observou que os diferentes grupos funcionais de colémbolos responderon de maneira desigual s modificacins na follaxe e no solo, o que pon de manifesto “alteracins suts pero relevantes na dinmica dos ecosistemas”.
Un problema común en Espaa e Portugal, favorecido polo abandono do rural
No estudo explican como as acacias australianas se converteron pouco a pouco nun dos principais problemas ambientais da rexin mediterrnea. A súa capacidade para fixar nitrxeno, formar masas densas e desprazar a vexetacin autctona transforma a estrutura e o funcionamento dos ecosistemas. “En Portugal, a situacin é especialmente grave: é o pas mediterrneo con maior número de especies de acacias invasoras, favorecidas polo abandono rural e a fragmentacin forestal”, sublia a responsable do estudo. Galicia segue de preto esta tendencia, xa que tamén padece unha expansin acelerada destas especies. “Estes factores aumentan a vulnerabilidade de bosques e matogueiras, onde as acacias avanzan rapidamente e provocan perdas de biodiversidade, cambios no solo e maiores dificultades para a xestin forestal”.
“As intervencins tempers son mis efectivas, menos custosas e reducen riscos”
A investigacin conclúe que actuar cedo sobre pequenas poboacins de acacias é clave para frear o seu avance. “As intervencins tempers son mis efectivas, menos custosas e reducen o risco de consecuencias ecolxicas graves”, salienta categrica Raquel Juan. “Con todo, a xestin require seguimento continuado, xa que ambas especies contan con bancos de sementes persistentes e poden rebrotar tras perturbacins”. Ademais, apunta a investigadora, a restauracin de hbitats nativos preséntase como unha ferramenta fundamental para reforzar a estabilidade dos ecosistemas e previr novas invasins.
En Galicia e Portugal, Raquel Juan explica que as actuacins para conter a expansin das acacias adoitan basearse na eliminacin manual ou mecnica de plntulas e pequenos rodais, no descortizado ou, cando isto non resulta viable, na inxeccin de herbicida en exemplares illados, as como no corte basal de masas mis amplas. Neste último caso, cmpre aplicar tratamentos complementarios, que poden inclur cortes repetidos antes de que os rebrotes acaden arredor dun metro de altura, a aplicacin de herbicida sobre os rebrotes cando é factible, ou o tratamento qumico directo do toco.
“En todos os escenarios é esencial garantir un seguimento continuado, dado que tanto Acacia dealbata como Acacia melanoxylon contan con bancos de sementes persistentes e duradeiros e presentan elevada capacidade de rebrote tras o corte ou o lume”, explica a investigadora, ao tempo que fai fincapé en que a restauracin dos hbitats nativos afectados considérase unha prctica recomendable, xa que favorece a recuperacin dos ecosistemas e contribúe a diminur o risco de reinvasin.
