Publica un artigo co balance dos traballos desenvolvidos no parque natural nestas dúas décadas
O grupo EcoEvo confirma o crecemento da poboacin de tartarugas que reintroduciu en Corrubedo hai 20 anos
O estudo sinala tamén que a baixa diversidade xenética pode dificultar a súa supervivencia
No ano 2004, o grupo de investigacin en Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin (EcoEvo) introduca sete cras da tartaruga europea Emys orbicularis no Parque Natural de Corrubedo, no marco dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de reintroducir esta especie nun hbitat no que estivera presente historicamente. Nos seis anos seguintes, o equipo que coordina o catedrtico da Escola de Enxeara Forestal Adolfo Cordero incorporou s lagoas outras oito cras e cinco exemplares adultos, para desenvolver desde entn un labor de seguimento e avaliacin desta poboacin dunha especie considerada en perigo de extincin no catlogo autonmico de especies protexidas. Estes traballos permitiron en primeiro termo comprobar como o número de sapoconchos presentes nunha poza do complexo dunar se mantia estable ata 2018, con cifras que oscilaban entre os 13 e o 15 individuos, para logo experimentar un crecemento e alcanzar os 50 exemplares a finais de 2023, 30 deles nacidos no propio parque natural. Non obstante, as anlises xenéticas realizadas confirman tamén a “reducida diversidade” desta poboacin, o que, recoecen os investigadores, “non permite facer prever expectativas optimistas" sobre a súa "viabilidade a longo prazo”. Ademais, sinalan, "a escasa capacidade de colonizacin dentro do parque, con moi poucos individuos atopados fra da chara principal, tamén poder condicionar a supervivencia futura da especie" nesta contorna.
Os resultados dos traballos realizados durante dúas décadas de seguimento foron recentemente publicados por Cordero, Guillermo Velo e César Ayres nun artigo na revista Animal Biodiversity and Conservation. Estes traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha serie de axudas e contratos de investigacin financiados, principalmente, polo Goberno galego e tamén pola 鶹. A nivel global, Emys orbicularis figura na categora de especies “case ameazadas” na listaxe da IUCN (Unin Internacional para a Conservacin da Natureza) e no caso de Galicia, a súa presenza é escasa, o que fai que non existan na comunidade, como recoece Cordero, “outras experiencias similares” de reintroducin como a levada a cabo nas lagoas de Olveira.
Unha poboacin que comezou con 15 cras e cinco adultos
Esta escaseza motivou, como recoece Cordero, que esta reintroducin se levase a cabo “usando maioritariamente individuos neonatos”, ante a imposibilidade de empregar exemplares adultos doutras poboacins existentes en Galicia, sen “poelas en risco”. As, a repoboacin iniciouse en 2004 coa liberacin, cando tian oito meses, de “sete individuos nados no laboratorio”, descendentes da poboacin existente nas Gndaras de Budio. Dous anos despois, sumronse outras oito cras mis, neste caso descendentes dunha mesma femia e que foron liberadas un mes despois de nacer. Esta repoboacin completouse coa incorporacin de cinco exemplares adultos, procedentes de centros de recuperacin prximos, co obxectivo de “aumentar a variabilidade xenética desta pequena poboacin”. Tratbase, en concreto, de dous machos, liberados en 2024 e desaparecidos catro anos despois, e de tres femias, que foron levadas a esta rea en 2006, 2011 e 2012.
Os traballos peridicos de seguimento levados a cabo polos investigadores nos anos posteriores permitiron constatar que o tamao desta poboacin, presente nunha única charca, mantvose estable ata 2018, con cifras anuais que oscilaban entre os sete e os 18 exemplares vivos, para logo triplicarse e superar desde 2022 os 40 exemplares. Este aumento, explican, “pode deberse ao inicio da reproducin dos primeiros individuos nacidos no parque”, posto que en 2010 detectaron por primeira vez a presenza dunha cra e as femias da tartaruga europea alcanzan a súa madurez sexual aos seis anos, o que súa vez lévaos a conclur que a charca de Olveira pdese consdierar un “hbitat ptimo” para este sapoconcho.
Problemas que afectan a súa viabilidade a futuro
Nos traballos de campo realizados en 2022 e 2023 obtivéronse mostras de sangue de 25 novos exemplares nacidos no parque natural e as anlises de ADN permitiron confirmar a “diversidade xenética reducida” desta poboacin, o que, a pesar dos “positivos resultados” dos parmetros demogrficos e de crecemento non permiten “facer expectativas optimistas sobre a viabilidade a longo prazo desta poboacin”. Ao mesmo tempo, o feito de que s poida atoparse nunha charca artificial de 0,3 hectreas fai tamén prever que esta poboacin “non poida crecer moito mis” neste espazo, como recoece Cordero. De a que entre as propostas a futuro dos investigadores figuren iniciativas dirixidas a ampliar e “diversificar os hbitats” desta poboacin, “incluso coa creacin dunha charca ou lagoa artificial que permita aumentar o seu número”.
Dando continuidade ao traballo desenvolvido ao longo destas dúas décadas, o grupo EcoEvo prevé poder realizar unha nova mostraxe este ano, que se sumara ao seguimento que Velo est a realizar con cmaras-trampa, coa colaboracin dos axentes ambientais do parque natural.
