DUVI

Diario da 鶹

Artista e docente, foi decano de Belas Artes entre 2010 e 2015

Fondo pesar na comunidade universitaria polo falecemento do profesor Juan Carlos Meana

A facultade organizar un acto de homenaxe nas prximas semanas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 16/01/2023

A Universdade de Vigo recibiu cun fondo pesar a nova do falecemento do profesor da Facultade de Belas Artes Juan Carlos Meana Martnez. Docente desde 1993 deste centro do campus pontevedrés, do que foi decano entre 2010 e 2015, Meana faleca este domingo aos 59 anos de idade a causa dunha enfermidade. O seu pasamento deixou unha profunda consternacin nesta facultade, que promover “nas prximas semanas un acto de homenaxe súa figura”, como anunciou o decano, Xosé Manuel Buxn, quen destacou “o seu traballo a prol da Universidade desde practicamente os inicios da facultade”.

Natural de Vitoria, Meana doutorouse en Belas Artes pola Universidad del Pas Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea en 1993 e ese mesmo ano iniciou a súa traxectoria como docente da Facultade de Belas Artes, creada tres anos antes. Profesor do Departamento de Pintura, Meana exerceu como secretario académico deste centro entre 2006 e 2010, primeiro con Jesús Hernndez como decano e logo con Ignacio Barcia, quen lembra ao docente e artista como “unha boa persoa, moi traballadora, que se implicaba en todo o que faca”. Tras o nomeamento de Barcia como vicerreitor, Meana converteuse en 2010 en decano desta facultade, cargo que ocupara ata marzo de 2015, ano no que Belas Artes conmemoraba o seu 25 aniversario. Como lembran desde este centro, Meana foi tamén o impulsor e primeiro coordinador do programa de doutoramento en Creacin e Investigacin en Arte Contempornea ademais de membro do Consello de Goberno da 鶹.

Integrante do grupo de investigacin dx7 Tracker Laboratorio Visual, Meana combinou o seu labor docente e investigador coa súa producin artstica, inicialmente centrada na prctica da pintura para logo ampliarse a outras disciplinas da arte contempornea, como a escultura e as instalacins. Ao longo da súa traxectoria, protagonizou mis dunha vintena de exposicins individuais, como a que en 2019 acolla o Centro-Museo Vasco de Arte Contempornea Artium, NOS [ YO ] OTROS, a maior mostra dedicada ao artista vitoriano. Ao longo de tres décadas, a súa obra estivo presente en mis dun centenar de exposicins colectivas, a mis recente Campo de Sementes, en 2021, unha mostra promovida na Fundacin RAC con motivo do 30 aniversario da Facultade de Belas Artes. A súa producin artstica foi as mesmo recoecida con diferentes premios como o do XI Certame de Artes Plsticas Isaac Daz Pardo da Deputacin da Corua, en 2009, e a súa obra forma parte das coleccin de institucins como o Goberno Vasco ou as deputacins de Biscaia e A Corua.

O seu velorio ten lugar no tanatorio Albia, en Pontevedra.