DUVI

Diario da 鶹

Os galardns sern entregados este venres no acto de graduacin

A Facultade de Ciencias premia os mellores traballos fin de grao do seu alumnado

Abordan temas de tecnoloxa dos alimentos, enxeara agraria e ciencias ambientais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Աپ
  • Estudantes
DUVI Ourense 19/06/2025

Este venres a Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebra o acto de graduacin do seu alumnado e nel, como xa é tradicin, o centro entregar os seus premios aos mellores traballos fin de grao en cada un dos seus tres ttulos. Os TFG galardoados céntranse en temticas de tecnoloxa dos alimentos, enxeara agraria e ciencias ambientais. Con esta iniciativa, o centro quere cada ano pr en valor o esforzo feito polo estudantado na realizacin destes traballos, algúns deles desenvolvidos no marco de proxectos de diferentes grupos de investigacin, e cos que culminan a súa etapa de formacin de grao. 

O Premio Sonia Garca Falcn ao Mellor TFG en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos é para o traballo titulado Aprendizaxe automtica destinada a asegurar a autenticidade e a calidade no mundo do vio, que foi realizado por Sofa Iglesias, baixo a direccin dos profesores Gonzalo Astray e Antn Soria. “O estudo propn o uso de algoritmos como bosques aleatorios, mquinas de soporte vectorial e redes neuronais artificiais para clasificar correctamente vios segundo a súa denominacin de orixe e predicir o contido en azucre das uvas, un factor crave na producin e perfil sensorial do vio”, sinala a súa autora. A investigacin, engade, “demostra que estas ferramentas tecnolxicas poden ser moi útiles para reforzar a autenticidade dos vios e apoiar a produtores e consumidores”. Trtase, afirma, dun exemplo claro de como a tecnoloxa aplicada aos datos serve de apoio no control de calidade e trazabilidade do sector vitivincola, con aplicacins reais na loita contra a fraude e a mellora de procesos na industria enolxica.

Polo que respecta ao Premio Julia Franco ao Mellor TFG en Ciencias Ambientais é para Influencia do tipo de vexetacin na captacin e posterior transferencia solo do mercurio (HG) atmosférico ao longo dun ano: Pinus pinaster vs Quercus robur, de Gracia Castillo e feito baixo a direccin de Mara Flora Alonso e Andrea Parente. Nel estudouse o contido de Hg nas fraccins mis representativas do litterfall das dúas especies forestais citadas, que foi recollido mensualmente ao longo dun ano, avaliouse a contribucin de cada especie aos fluxos de deposicin de mercurio ao longo dese perodo e comparronse os resultados con outros procedentes de diferentes fontes bibliogrficas. Entre as conclusins a autora do traballo destaca que o fluxo de biomasa calculado para a parcela de Pinus pinaster durante todo o ano foi 1,5 veces maior que o de Quercus robur. “A meirande parte do fluxo de biomasa na parcela de carballo ocorre durante o outono seguido da primavera. Na parcela de pieiro o fluxo de biomasa ocorre no outono e no vern con semellantes contribucins en cada época”, sinala a premiada.

Por último, o Premio Ilustre Colexio Oficial de Enxeeiros Técnicos Agrcolas ao Mellor TFG en Enxeara Agraria foi para Estratexias de separacin selectiva dos constituntes do eucalipto e valorizacin das fraccins sacridas mediante o emprego de auga e disolventes verdes, realizado por Martn Cid baixo a direccin de Sandra Rivas e Carlos Vila. O traballo foi desenvolvido ao abeiro do proxecto de excelencia da Xunta de Galicia titulado Biorefinaras multiproduto: desenvolvemento de estratexias de proceso para o aproveitamento e valorizacin de biomasa lignocelulsica (BioMultiPro), liderado pola propia Sandra Rivas. Deste xeito, enmarcouse no desenvolvemento de procesos de biorrefinara para a separacin e a valorizacin dos constituntes de residuos de eucalipto a produtos de valor engadido.