DUVI

Diario da 鶹

A inauguracin da mostra ‘éǰ’ pecha a programacin impulsada polo Campus Crea

Unha exposicin articulada con materiais de refugallo pecha unha semana que conectou creatividade e sostibilidade

Reúne as creacins de dez estudantes de Belas Artes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Congresos e xornadas
  • Cultura
  • Estudantado
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Pontevedra 25/04/2025

Unha serie de materiais de refugallo e obxectos atopados nas rúas de Pontevedra constitúen a materia prima do conxunto de obras realizadas por dez estudantes de Belas Artes nun obradoiro inserido na programacin da Semana CREA. A inauguracin no local da asociacin Kentada da exposicin éǰ, que reúne os resultados dun taller impartido polos investigadores Alejandro Fuertes, Andrea Otero e Julio Cataln, pon peche na tarde deste venres programacin desta Semana da Creatividade. Promovida polo Campus Crea co patrocinio da Deputacin de Pontevedra, nesta programacin inseranse un conxunto de conferencias, obradoiros e mesas de debate, que neste 2025 tiveron como eixe temtico a sustentabilidade.

Iigo Barreiro, Luca Estévez, Sara Gonzlez, Mnica Lago, Luca Leirs, Noela Paz, Ismael Prieto, Sara Ricoy, Miriam Rodrguez e Cristina Rus son os dez autores e autoras das obras xurdidas do taller Las hierbas que él arroj, que nas prximas dúas semanas podern contemplarse no local de Kentada. Á fronte deste obradoiro situronse tres investigadores da Facultade de Belas Artes que, desde diferentes perspectivas, centran o seu labor artstico e investigador no reemprego de materiais de refugallo e que constitúen “un magnfico exemplo dunha actitude creativa que prima a sustentabilidade”, como sinalan desde a organizacin desta Semana CREA.

Neste caso, Otero, Cataln e Fuertes encargronse de guiar s e aos participantes nun taller que arrancou este martes cun “paseo pola cidade”, no que foron reunindo unha serie de obxectos cos que logo traballaron nas seguintes xornadas na creacin das súas pezas. Tratouse, como recoece Fuertes, dun proceso “moi libre”, no que “imolos guiando un pouco e dndolles referentes, a medida que tian os materiais e an creando as obras”. De a que os resultados finais sexan un conxunto de pezas con temticas diversas e resultado de “moitos procedementos” de traballo. De feito, anda que, por mor do punto de partida, haxa unha “tendencia ao tridimensional” no conxunto da mostra, nela insrense tamén “obras moi pictricas” e propostas que parten desde o traballo con estruturas ata a compilacin de pequenos obxectos. 

Os resultados finais insrense nunha exposicin que deron o nome de éǰ, en alusin ao da de recollida de residuos voluminosos, e que súa vez buscaba promover unha reflexin tanto sobre como “o que, na sociedade de consumo, para uns é lixo, pode ser aproveitado por outros”, sinala Fuertes. Ao mesmo tempo, o taller permitiu afondar na posibilidade que achega o material de refugallo desenvolver proxectos artsticos sen necesidade dun investimento econmico.

Peche Semana Crea 

A inauguracin desta exposicin, na que participa a directora de rea do Campus de Especializacin Crea, Ana Belén Fernndez Souto, ser tamén o acto de clausura da Semana CREA, que englobou unha decena de actividades en diferentes puntos da cidade. Entre elas atpase o coloquio cos creativos publicitarios Toni Segarra e David Caballero, promovido coa colaboracin de Creatividade Galega e desenvolvido na tarde deste xoves no Museo de Pontevedra. Neste mesmo espazo, o mércores tivo lugar unha mesa de debate sobre deseo e inclusin, mentres que a Facultade de Deseo acolla este xoves unha conferencia sobre moda e sustentabilidade, a cargo de Manuel Heredia, director de Sods Estudio. O uso de materiais sustentables na moda foi as mesmo un dos eixes do obradoiro impartido pola deseadora e investigadora da University of Arts de Londres Elisa Palomino, quen protagonizou tamén unha das conferencias desta Semana CREA.

Baixo o lema de Pensarmos futuros sustentables, nesta programacin aberta a toda a cidadana inseranse tamén un taller de creacin de libros bordados, unha conferencia do artista e profesor da Universidad de Salamanca Carlos Rodrguez-Méndez e un ciclo de cine centrado nas relacins entre o ser humano e os ecosistemas.