DUVI

Diario da 鶹

Publicado na revista ‘Sensors’, trtase dunha simulacin levada a cabo con socorristas

Un estudo pioneiro do grupo Remoss constata os beneficios das lentes intelixentes na asistencia a un parto fra do hospital

Os participantes puideron asistilo correctamente seguindo as indicacins dunha matrona

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • ú
  • TIC
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 20/06/2023

Alén das súas aplicacins noutros múltiples eidos, dispositivos tecnolxicos como as lentes intelixentes poden converterse nunha valiosa ferramenta na asistencia de incidentes ou emerxencias que poidan darse en contornas afastadas dos centros hospitalarios e sanitarios. Esta é unha das conclusins que pode extraerse dun estudo pioneiro no que o grupo de investigacin Remoss, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, buscou constatar se un grupo de socorristas poderan asistir un parto inminente, seguindo as indicacins que lles a trasladando unha matrona a través dunhas smart glasses. Os resultados deste estudo piloto, o primeiro que analiza a utilidade desta tecnoloxa en actuacins extrahospitalarias, recllense nun artigo publicado na revista Sensors, que amosa como, nunha simulacin realizada con 38 socorristas, aqueles que foron guiados a través das lentes puideron realizar correctamente a maiora dos pasos recollidos no protocolo de asistencia a partos extrahospitalarios.

O estudo levouse a cabo na propia Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, cun simulador materno-fetal e dous grupos de socorristas. Un deles actuou seguindo as indicacins que lles a trasladando a matrona e outro realizou a mesma intervencin de xeito autnomo, non logrando ningún dos seus integrantes completar correctamente os diferentes pasos do protocolo OHB. As se recolle nun artigo que constitúe a primeira aproximacin do grupo Remoss a unha “lia novidosa a explorar”, como destaca o seu investigador principal, Roberto Barcala, que explica que se ben existen iniciativas centradas nas posibilidades das lentes intelixentes con persoal médico, non haba estudos previos sobre a súa posible utilidade con “primeiros intervenientes que non son persoal sanitario e cos que consideramos que poderan ter realmente un efecto realmente positivo”.

Un campo no que s hai “experiencias clnicas illadas”

Nese senso, a tamén investigadora do grupo Remoss e profesora da Escola Universitaria de Enfermara Myriam Santos explica que na contorna “extrahospitalaria” é onde menos se exploraron as posibilidades deste tipo de dispositivos, xa que o seu uso centrouse ata o de agora en maior medida en “asistir ou formar no mbito sanitario”. “Ns evidenciamos por primeira vez o seu uso a nivel extrahospitalario durante un parto inminente”, engade a tamén matrona, que explica que ata a publicacin deste estudo, s exista un artigo previo “relacionado coa triaxe” de accidentes con múltiples vtimas. No referido prctica clnica, engade, este tipo de dispositivos xa foron empregados por persoal de ambulancias en diferentes pases, mais ata o de agora, “non hai evidencia cientfica”, senn unicamente “experiencias clnicas illadas”.

Nese senso, para este primeiro estudo, ao que o grupo Remoss deu continuidade con novas investigacins centradas tamén no uso das lentes intelixentes, “escolleuse un parto por ser algo non habitual”, como explica Barcala. “Atoparse un é algo excepcional, pero poden ocorrer partos precipitados en calquera momento e en calquera lugar”, engade Santos Folgar, que incide en que “anda que os datos non sexan alarmantes, os partos extrahospitalarios accidentais ascianse cunha significativa morbilidade e mortalidade perinatal”. Tendo en conta ademais, o que podera supor unha rpida intervencin en contornas de “difcil acceso para os servizos sanitarios”, como unha praia, a investigacin levouse a cabo con socorristas, dado o seu perfil de “primeiros intervenientes” en múltiples tipos de emerxencias, como destaca Barcala. Ante unha situacin como esta, engade, seran “as persoas que teen a obriga de intervir, pero a súa capacitacin est centrada principalmente en incidentes acuticos e non estn habituados a todo tipo de emerxencias sanitarias”. De a que, engade o docente, “as smart glasses poden ser un instrumento que axude tanto a central de coordinacin médica, que pode ver o que est pasando e valoralo, como aos socorristas para dar eses primeiros pasos que poden resolver a situacin”. 

Maior cumprimento tanto dos aspectos técnicos como dos non técnicos

No estudo participaron 29 homes e nove mulleres que recibiron unha breve sesin de adestramento co dispositivo antes de enfrontarse simulacin dun parto sen complicacins. Divididos en dous grupos, no caso daqueles e aquelas que contaron coas lentes, estas permitan matrona seguir en directo a súa intervencin e trasladarlles unha serie de indicacins, as como enviarlles imaxes de apoio sobre a colocacin das mans para a proteccin do perineo e a extraccin do ombro anterior do bebé. 

Baixo a súa gua, o 35% das e os integrantes deste grupo logrou desenvolver correctamente a secuencia completa do protocolo, algo que non puido facer ningún dos integrantes do grupo control, que non contou con indicacins. Todas as medidas que recolle este protocolo foron as mesmo executadas dun xeito “significativamente mellor” polo grupo que traballou coas lentes. De feito, mis do 90% dos seus integrantes realizaron correctamente 11 dos 13 pasos recollidos neste protocolo. Neste punto, Santos pon en valor como a asistencia remota permitiulles desenvolver mellor as habilidades técnicas que esixen este tipo de intervencins, como por exemplo a “proteccin activa do perineo”, pero tamén as “non técnicas, como tranquilizar, informar e respectar muller”.

Ademais, outro dos beneficios observados foi que, coa orientacin da matrona, os socorristas “colocaban ao bebé sobre o corpo nu da nai” en mis do 90% dos casos, algo que s fixeron o 5% dos integrantes do grupo de control. “Cando o bebé nace, o seu sitio é o corpo da nai”, sublia Santos, que incide en que a pesar de que ante este tipo de incidentes “é común ver nos medios de comunicacin fotos do bebé cos profesionais que acompaaron o parto”, colocar o bebé sobre a pel da nai “favorece o control da temperatura” da criatura, algo de “vital importancia, xa que a hipotermia aumenta o risco de morbilidade e mortalidade neonatal”.

Estes resultados recllense no artigo Dispatcher, can you help me? A woman is giving birth. A pilot study of remote video assitance with smart glasses, que asinan, xunto a Barcala e Santos, Silvia Aranda, da Universitat de Barcelona, Silvia Aranda; Felipe Fernndez, integrante tamén do grupo Remos e profesor da Escola de Enfermara; Manuel Pardo e Encarna Hernndez, da UCAM de Murcia; Luca Varela, do Complexo Hospitalario de Pontevedra; Silva San Romn, da Universidad de Granada, e Antonio Rodrguez, do grupo Clinursid da Universidade de Santiago de Compostela.