Financiado polo programa Interreg, Firepoctep Avanza reúne 18 socios de Espaa e Portugal
A 鶹 participa nun proxecto que busca reforzar a prevencin ante os grandes incendios a través de estratexias innovadoras
Conta cun orzamento de 4,3 millns de euros e estenderase ata 2028
Reforzar a prevencin e resposta ante os grandes incendios forestais, ao longo da fronteira entre Espaa e Portugal, a través de estratexias innovadoras e sostibles é o obxectivo central do proxecto Firepoctep Avanza, no que participan 18 institucins e entidades dos dous pases, entre as que se atopa a 鶹. Os investigadores da Escola de Enxeara Forestal Juan Picos e Julia Armesto lideran a participacin da institucin viguesa nesta iniciativa cofinanciada pola Unin Europea a través do Fondo Europeo de Desenolvemento Rural (Feder), no marco do Programa Interreg VI-A Espaa-Portugal (Poctep) 2021-2027.
Coordinado pola Comunidade Intermunicipal da Rexin de Coimbra, Firepoctep Avanza celebra este mércores e xoves a súa reunin de lanzamento na localidade portuguesa de Lousã. Conta cun orzamento de preto de 4,3 millns de euros e estenderase ata finais de 2028, dando continuidade s iniciativas impulsadas en Firepoctep e Firepoctep+, financiados tamén polo programa Poctep. Nesa mesma lia, este novo proxecto busca facer fronte problemtica dos incendios forestais extremos na fronteira entre Portugal e Espaa, promovendo unha xestin forestal “sistémica e integrada, con solucins baseadas na natureza e nas caractersticas do territorio”, salientan os seus promotores.
Con esa idea, dar continuidade s actuacins promovidas no marco de Firepoctep+, un proxecto coordinado por Picos, que na tarde deste martes algunha das accins desenvolvidas ao abeiro dun proxecto que se pechar a finais deste 2026.
Ampliacin das zonas piloto e deseo de “corredores ecolxicos”
Como sinalan os responsables de Firepoctep Avanza, este nova iniciativa buscar avanzar na “anlise sobre o impacto do cambio climtico e a gravidade dos lumes forestais coa posta en marcha de tecnoloxas innovadoras” e a “capitalizacin” das prcticas desenvolvidas para a identificacin e tipificacin de zonas estratéxicas de xestin, puntos clave na propagacin dos grandes lumes.
Con ese propsito, proxéctase a ampliacin das reas piloto definidas nos proxectos previos, as como traballar na “interconexin” das zonas estratéxicas de xestin “a través dunha rede de corredores ecolxicos resilientes e estratéxicos”, que poidan actuar como “barreiras naturais” contra os incendios. Do mesmo xeito, tamén estn previstas “melloras en infraestruturas crticas na zona de influencia das reas piloto” definidas ao longo da ‘raia’, o fomento de “cortalumes produtivos e de paisaxes en mosaico” e o impulso de iniciativas de emprendemento que contribúan xestin desas zonas estratéxicas, vez que a frear o despoboamento das zonas rurais. As mesmo, desearanse “plans de defensa para pequenas localidades en risco” e fomentarase a “sensibilizacin ambiental” a través de programas educativos e actividades de voluntariado, “que reforcen a participacin activa na proteccin do territorio”. Firepoctep Avanza abrangue as mesmo iniciativas dirixidas a mellorar a capacitacin dos equipos de emerxencia e a cooperacin transfronteiriza na loita contra os lumes forestais.
Outro dos obxectivos ser promover a integracin dos resultados nas polticas públicas, facilitando a súa adopcin por parte das administracins. De feito, entre os socios do proxecto atpanse tanto a Direccin Xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia, como os gobernos autonmicos de Castela e Len e Estremadura, a Axencia de Seguridade e Xestin Integral de Emerxencias de Andaluca e as comunidades intermunicipais de Coimbra, Alto Mio, Ave e Algarve. Xunto s universidades de Vigo, Crdoba, Estremadura e Évora, deste consorcio forman parte tamén Feuga, a Deputacin de Ourense e a Fundacin Finnnova, as como a Fundacin Vuelta al Mundo, o Concello de San Xon de Ro, a Fundacin Ávila e a Comisin de Coordinacin e Desenvolvemento Rexional do Algarve.
Nese senso, Picos sinala que “o peso das administracins públicas neste proxecto é moito maior que nos anteriores”, seguindo unha “evolucin natural” que implicou en primeiro momento “diagnosticar” a situacin, para logo “propor e demostrar en proxectos piloto” a efectividade das iniciativas desenvolvidas, s que agora buscarase "darlles escala".
Diferentes lias de actuacin
Baixo a coordinacin de Picos e Armesto, en Firepoctep Avanza participarn investigadores e investigadoras da EE Forestal e ao proxecto sumarase tamén persoal investigador da 鶹 da rea das ciencias sociais e do mbito tecnolxico. Estruturado en seis reas de traballo, un dos seus eixes ser mellorar “a xestin e intervencin proactiva no territorio transfronteirizo”, para minimizar o impacto dos grandes incendios forestais, promovendo actuacins nas zonas estratéxicas de xestin. Neste eido, o persoal da 鶹 traballar tanto no deseo de actuacins orientadas ao impulso de “corredores ecolxicos” entre estas reas clave na prevencin, como no deseo de cortalumes preventivos e outros modelos de xestin e na redaccin e execucin de plans de defensa en núcleos urbanos vulnerables.
Outro dos bloques estar centrado na capacitacin e formacin dos operativos de resposta e axentes locais, dentro do cal os investigadores da 鶹 participarn en accins de formacin e autoproteccin en “contornas de alto risco”, as como no traballo con grupos voluntarios de proteccin civil. Do mesmo xeito, tomarn parte no impulso de solucins innovadoras, rea na que se insiren accins dirixidas busca dunha “participacin mis activa da poboacin local”, iniciativas formativas e outras actividades ambientais de voluntariado.
Firepoctep Avanza complétase cos bloques de traballo centrados na mellora da gobernanza e resposta común, na xestin e coordinacin do proxecto e na súa visibilidade e comunicacin.
