No curso participan oito mozos con sndrome de Down e oito estudantes do grao Educacin Primaria
Estudantes universitarios e usuarios de Xuntos Down compartirn un taller de educacin musical
Impartido por Marlene Armenteiro, desenvolverase en Ciencias da Educacin e do Deporte
Oito mozos e mozas, usuarios e usuarias de etapa educativa da asociacin Xuntos Down Pontevedra, e ouros oito alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte compartirn clases e aprendizaxe no taller Mi, re, do de ensino musical para a inclusin, unha proposta formativa que se desenvolver desde este venres neste centro do campus pontevedrés. Impartido pola profesora de música Marlene Armenteiro, este taller de oito sesins, que se desenvolver entre os meses de febreiro e abril, busca por unha banda achegar formacin musical a este grupo de oito mozos e mozascon sndrome de Down,de entre 11 e 18 anos, vez que achegar a estudantes do grao en Educacin Primaria ao desenvolvemento dun proxecto formativo centrado na inclusin.
“Este proxecto pretende traballar dúas vertentes, por un lado cos futuros e futuras docentes, que cando cheguen s aulas vanse atopar diversidade, e, por outro, que os alumnos que vean aprendan música, pero non como unha terapia, que aprendan música como unha linguaxe mis”, salientou Armenteirona presentacin desta actividade, que contou coa participacin do vicerreitor do campus, Jorge Soto, o presidente de Xuntos Pontevedra Down, Manuel Pérez Cabo, e o profesor da facultade Marco Lucato. “A música transforma conciencias e axuda a ser mellor persoa”, salientou Soto nun acto no que estiveron presentesnais e pais de varios das e os participantes notallere no que o vicerreitor incidiu no “importante labor” que a Universidade pode xogar na defensa da igualdade. “Cremos que a Universidade pode e debe facer cidadana desde o coecemento”, engadiu Soto nunha presentacin na que Pérez Cabo lembrou que o obxectivo de Xuntos “é sempre tratar de conseguir a maior autonoma e independencia posible de todas as persoas con sndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”. Nese camio, subliou, “ música estimúlaos a facer moitas cousas”, motivo polo que agradeceu Universidade “unha actividade que nos axuda a cumprir os nosos obxectivos”.
“Educacin musical alternativa”
Tomando como punto de partida o seu caderno Mi, re, do, un proxecto desenvolvido inicialmente para o ensino da música en idades temers, Armenteiro, licenciada en Educacin, na especialidade de Educacin Musical, pola Universidad de La Habana, promover no obradoiro unha ensinanza da música “combinada coas matemticas, a lectura, a pintura ou a escritura, porque a música é unha linguaxe mis”. A responsable de impartir este taller salientou nese senso a importancia da música no desenvolvemento de “elementos bsicos como a atencin, a percepcin ou a memoria”, motivo polo que defendeu o valor dunha “educacin musical alternativa, desde a diversidade, desde a propia realidade de cada un”.
Respectando nese senso que cada alumno e alumna avance ao seu ritmo, entre os contidos deste tallerfigura tanto “unha parte rtmica”, de trabalo tanto con instrumentos como con actividades de percusin corporal evinculadas “co ritmo na linguaxe”, como outras actividades centradas no traballo co odoou un achegamento “elementos bsicos” da linguaxe musical. “O obxectivo é que logo sexan capaces de ler unha partitura ou un pentagrama, que aprendan notas musicais, que poidan aprender a tocar un instrumento”, engadiu a responsable deste curso que, co propsito de ir acorde ao nivel de cada alumno e alumna, limitouse a oito usuarios e usuarias de Xuntos.
Un achegamento diversidade para o futuro profesorado
Con ese mesmo obxectivo, Armenteiro contar nas clases co apoio de oito alumnos e alumnas universitarios, “que van vivir a experiencia de ver como se traballa con nenos con dificultades, porque evidentemente hai que saber aplicar as metodoloxas, pero tamén saber adaptalas”, salientou Lucato, quen nese senso incidiu en que se ben anteriormente a pedagoxa musical “limitbase aprendizaxe da linguaxe, agora o discurso é distinto, é o da música como medio para traballar as emocins”. Por outra banda, o profesor de pedagoxa musical salientou tamén que o taller que d comezo este venres constitúe “unha primeira actividade que est previsto que o prximo curso poidamos ampliar con outras asociacins” co propsito de facer da Universidade unha “referencia no que pode ser a educacin musical para todos”, non en van, lembrou, “a música é universal e inclusiva”.
