DUVI

Diario da 鶹

Tanto a certificacin do sistema de garanta interno como a acreditacin internacional EUR-ACE 

Enxeara Forestal renova os seus selos de calidade

Destacan que supoen un “valor engadido para a titulacin”

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Calidade
  • Internacional
  • Institucional
DUVI Pontevedra 29/03/2023

Como “un valor engadido para a titulacin” destaca a subdirectora da EE Forestal, Ángeles Cancela, os procesos de renovacin e confirmacin das certificacins que acreditan a calidade do centro que a escola completou nos últimos das. Por unha banda, a renovacin do certificado Fides-Audit implantacin do seu Sistema de Garanta de Calidade (SGC), outorgado pola Axencia Para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), que a escola obtivera por primeira vez en 2016. Por outra, a Escola de Enxeara Forestal reciba tamén nos últimos das a concesin definitiva do selo internacional EUR-ACE, que obtivera de xeito provisional en 2019.

“O Sistema de Garanta de Calidade abrangue todos os procesos e todo o que se fai no centro”, salienta a subdirectora e responsable de calidade da escola, que lembra que o SGC abrangue tanto os aspectos referidos “direccin estratéxica e xestin da calidade e mellora continua”, como a propia docencia e a xestin académica, do persoal, documental e de infraestruturas. Verificar o correcto funcionamento e implantacin no da a da do centro desta serie de procedementos é o propsito da certificacin que outorga a ACSUG, tras someterse os centros avaliacin dunha comisin externa, un proceso que a EE Forestal completou por primeira vez en 2016, converténdose por aquel entn no primeiro centro do campus pontevedrés en obter o certificado Fides-Audit, que recentemente acadaba tamén a Facultade de Fisioterapia. Rematado o perodo de vixencia deste certificado, a EE Forestal tivo que someterse a unha nova auditora externa, que acordou a “recertificacin” deste sistema ata 2028, como explica Cancela, o que confirma “que todo o que rodea a titulacin estn funcionando correctamente”. 

Confirmacin do selo europeo

De xeito paralelo, a escola reciba tamén nos últimos das a concesin definitiva ao Grao en Enxeara Forestal do selo EUR-ACE, que acredita o cumprimento duns estndares europeos nos diferentes mbitos da enxeara. A titulacin obtivera este Selo Internacional de Calidade (SIC) en 2019, mais, como explica Cancela, fora concedido cunha serie de “prescricins que tiamos que cumprir”, polo que era preciso someterse a unha “revisin” para aumentar o seu perodo de vixencia. Concretamente, sinala a subdirectora, a escola deba presentar “unha serie de melloras” que permitisen evidenciar “que o alumnado conseguira acadar unha serie de competencias que deban adquirir en diferentes materias”, un proceso que o centro levou a cabo “coa colaboracin de todo o profesorado” e que posibilitou “a concesin definitiva” desta acreditacin, con validez ata 2025. 

Xestionado en Espaa pola ANECA (Agencia Nacional de Evaluacin de la Calidad y Acreditacin), trtase dunha certificacin destinada a verificar que unha titulacin cumpre cos criterios europeos de calidade definidos por axencias internacionais de calidade na educacin superior e orientados a desenvolver as competencias europeas profesionais nos respectivos mbitos.“É un selo internacional, polo que cando alguén est buscando un centro no que estudar unha enxeara sempre vai optar antes por aquel que tea este recoecemento”, apunta Cancela respecto dun certificado que agardan que contribúa captacin de alumnado. Non en van, lembra, ademais de pr en valor o traballo que se leva a cabo na escola, supn tamén un recoecemento para aqueles e aquelas que completan nela os seus estudos e que “fano cunha acreditacin europea como enxeeiros”.