DUVI

Diario da 鶹

O reitor e a vicepresidenta do organismo provincial asinaron hoxe o convenio de colaboracin

A Deputacin de Pontevedra achega 100.000 euros para potenciar a mobilidade do alumnado dos campus de Vigo e Pontevedra

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Internacional
  • Institucional
DUVI 10/11/2025

Co obxectivo de complementar as bolsas das distintas convocatorias de promocin da mobilidade do alumnado dos campus de Vigo e Pontevedra da 鶹, a Deputacin de Pontevedra achegar 100.000 euros institucin académica viguesa, que se materializarn en 100 bolsas por importe de 1000 euros cada unha. A achega permitir financiar axudas complementarias destinadas s e aos bolseiros do programa Erasmus+ (KA 131 en pases membros da UE ou asociados ao programa), as como para as e os beneficiarios doutras axudas de intercambio (GE4, ISEP, bolsas en pases extracomunitarios) para a convocatoria 2025/2026.

O reitor da 鶹, Manuel Reigosa, e a vicepresidenta da Deputacin de Pontevedra, Luisa Snchez, asinaron esta ma na sede do organismo provincial en Vigo o convenio de colaboracin, que segundo o reitor “achéganos unha axuda moi importante. Calquera boa universidade, e a 鶹 o é, que aspira a ser anda mellor, ten que facer os seus deberes en internacionalizacin e iso significa ter un fluxo importante de profesores, alumnos e PTXAS tanto cara a fra de Galicia, como cara dentro”. Para Manuel Reigosa esta axuda “permitiranos incentivar a sada dos nosos estudantes cara a Europa e a outros pases do mundo. Estes 100.000 euros sumados aos cartos que acaden nas convocatorias internacionais e nacionais, sern unha axuda que lles vén moi ben para percorrer distintos puntos do mundo”. Na súa intervencin, o reitor da 鶹 tamén sinalou que coa sinatura deste convenio “o noso estudantado vai estar mellor formado, ter mis competencia idiomtica e ser quen de coecer outros sistemas educativos, o que redunda no ben da provincia e de Galicia”.

Intereses comúns

Na súa intervencin posterior sinatura do convenio, a vicepresidenta da Deputacin, destacou o interese común que ambas as dúas institucins teen “na defensa da educacin, a igualdade de oportunidades e en pensar no futuro da nosa mocidade”. Luisa Snchez incidiu no valor “dunha experiencia vital, de facer currculo e de gaar experiencias e ferramentas que lles axuden nun mundo laboral cada vez mis complexo”. Snchez lembrou a colaboracin que a Deputacin mantén coa 鶹 en diversos mbitos “e cremos necesario que para mellorar a educacin e o futuro da nosa mocidade temos que colaborar conxuntamente coas mesmas oportunidades e cos mesmos proxectos para todo o alumnado”.