DUVI

Diario da 鶹

A Cibd acolle desde hoxe unha nova escavacin liderada polo grupo GEAAT

Unha década na que en Armea, onde s haba un castro, emerxeu unha cidade romana

As campaas, froito da colaboracin entre 鶹 e Concello de Allariz, suman 10 anos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 06/07/2021

“Comezamos da nada practicamente. Era un xacemento que quedara esquecido e anda que se escavara na década de 1950, taprase e non era visitable. Ao empezar de cero, dez anos despois temos un sitio que visitan, calculamos ns, unhas 10.000 persoas ao ano. E ese é o primeiro impacto, de ter cero persoas que podan visitar o xacemento pasou a ter 10.000 ao ano”. Esta circunstancia engadida repercusin social e ao impacto econmico que durante a última década est a producir en Allariz, é segundo o docente e investigador da 鶹 Adolfo Fernndez, o mis salientable que presenta o balance dunha década de traballo no xacemento de Armea. Pero o labor desenvolvido ao longo destes anos, froito da colaboracin iniciada no ano 2011 entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹 (GEAAT) e o Concello de Allariz, permitiu tamén mudar o concepto que desde o mbito investigador se tia de Armea. “Coecase como un castro mis da arqueoloxa galega, un xacemento tipo da Idade de Ferro, e unha vez que ns levamos al varios anos o que cremos, e as queda publicado, é que se trata dunha cidade romana. Polo tanto si que se cambiou o panorama, neste caso investigador do xacemento”, detalla o director da escavacin, Adolfo Fernndez, sobre esta cidade de época romana, que se estende polas ladeiras da montaa e que tivo grande importancia na administracin da zona.

Unha exposicin con obras dunha vintena de artistas locais que amosan a súa particular visin da Cibd e a súa contorna, e que xa se pode visitar na Paneira de Allariz, e unha mostra de lonas cos detalles dos traballos, que xa est instalada nas rúas da vila alaricana, son dúas das actividades coas que se conmemorar unha década de actividade no xacemento, que precisamente desde hoxe acolle unha nova campaa de escavacin e posta en valor da zona, que se prolongar durante todo o mes de xullo e na que participarn 30 estudantes, seleccionados de entre os mis de 300 procedentes de universidades espaolas e estranxeiras que solicitaron participar nesta campaa.

Descubrindo unha nova casa de época romana

Desde hoxe o equipo que traballar ao longo dos prximos meses no xacemento est a acondicionar a zona limpando a maleza, podando rbores e retirando milladoiros de pedra onde se vai levar a cabo a nova escavacin. “Nesta campaa espérase avanzar na zona leste do xacemento descubrindo unha nova casa da época romana (a domus do triscele), a continuidade dunha rúa e parte doutra gran casa coecida como domus do hexascele”, explica Adolfo Fernndez, que engade que aos traballos arqueolxicos vanlle seguir os de conservacin e restauracin, que procurarn protexer e poer en valor os vestixios atopados durante esta campaa.

Durante as semanas que dure o traballo pasarn por Armea unha trintena de estudantes, que se formarn en arqueoloxa de campo, ademais de persoal técnico da Facultade de Historia do campus de Ourense e operarios do Concello de Allariz. Pola súa banda, as persoas interesadas podern visitar o xacemento polas mas “e ver de primeira man como se desenvolve unha escavacin arqueolxica. As mesmo a cooperativa Xeitura ofrece visitas teatralizadas ao xacemento”, explica o director da campaa, que avanza que no mes de outubro celebrarase un seminario sobre o proxecto, no que se presentarn dúas novas publicacins cientfico-divulgativas cos resultados das últimas campaas de escavacin e conservacin.

A primeira pedra labrada cunha roseta moi decorada

A publicacin de artigos cientficos e a asistencia a congresos nos que se divulgou o traballo realizado ao longo desta última década, permitiu que o xacemento de “ser un completo descoecido a nivel nacional” xa se coeza bastante, mentres que internacionalmente a Cidb de Armea estase a converte nos últimos anos nun polo de atraccin para estudantes europeos e de EEUU interesados en participar durante o vern nas escavacins. “A nivel internacional tamén vai tendo repercusin, non tanto cientificamente, xa que é un xacemento que non é a gran cidade clsica como as do Mediterrneo de Hispania, pero pouco a pouco se vai coecendo, e a nivel galego est destacando como un xacemento moi importante de época romana”, explica Adolfo Fernndez.

Atrs quedan dez anos de traballo con momentos que o director das escavacins lembra de xeito especial como a localizacin da primeira pedra labrada cunha roseta moi decorada, que se empregaba como adorno nas casas romanas de Armea. “Agora temos unha ducia, pero a primeira foi como moi apaixonante cando sau, porque sabiamos que existan e que Conde-Valvs recuperara varias na década de 1950, pero ns non sacramos nunca e a primeira vez que apareceu foi moi importante”, rememora Adolfo Fernndez, que tamén destaca como outro dos fitos acadados neste perodo a “invencin” dos convenios especficos de arqueoloxa entre a Facultade de Historia e o Concello de Allariz. “Isto marcou o marco xurdico de colaboracin entre a nosa facultade e o concello e serviu de modelo a moitos outros. Creamos unha cousa nova que non exista, porque en Galicia non se coeca nada similar para a colaboracin entre universidade e concello”, destaca o docente e investigador da 鶹.