DUVI

Diario da 鶹

InBestSoil ten un orzamento de case seis millns de euros

Un proxecto europeo liderado pola 鶹 est a desenvolver un sistema de valoracin econmica dos beneficios de investir na saúde do solo

A iniciativa conta coa participacin de 20 socios de dez pases

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Ourense 09/07/2026

Liderado pola 鶹 e cun orzamento de case seis millns de euros, o proxecto reúne 20 socios de dez pases co obxectivo de desenvolver un sistema de valoracin econmica dos servizos ecosistémicos proporcionados por un solo saudable e dos impactos das intervencins no solo. O seu reto é “converter os solos sans nun activo no que investir, non nunha carga que xestionar”, ofrecendo aos axentes implicados, desde agricultores ata gobernos, datos para restauralos axeitadamente e argumentos econmicos para facelo, pois, indican desde a iniciativa, “investir na saúde do solo é rendible para todos”.

InBestSoil é un proxecto Horizonte 2020 financiado polo programa de Աپ e Innovacin da Unin Europea en colaboracin cos gobernos britnico e suzo, financiado con 4,6 pola Comisin Europea. Arrancou en 2023 e remata a finais de 2026, reunindo desde universidades e pequenas e medianas empresas ata consultoras, agricultores e oenegués. Est liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense por Andrés Rodrguez Seijo, do grupo de investigacin Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) e do Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin da 鶹.

Argumentos e datos econmicos e non s ambientais 

Sobre a relevancia da temtica abordada, desde o proxecto explican que “a única forma de abordar o cambio global e a sostibilidade ambiental é a través dun solo saudable, xa que este compoente crtico actúa como un poderoso sumidoiro de carbono, reducindo as emisins de gases de efecto invernadoiro e estabilizando as temperaturas globais vez que proporciona nutrientes esenciais para o crecemento dos cultivos e reduce a necesidade de fertilizantes sintéticos”. Porén, engaden, o solo europeo est “a perderse e degradarse irreversiblemente, principalmente debido a factores naturais como o cambio climtico e actividades humanas como a agricultura, e a súa recuperacin pode tardar décadas”, apuntando que esta degradacin afecta a mis da metade dos solos de Europa e ten un custo estimado de 50.000 millns anuais, 112 euros anuais por cada europeo e europea. A pesar destas cifras desde InBestSoil advirten que “a saúde do solo segue considerndose un concepto abstracto difcil de integrar nas actividades financeiras e sobre o cal resulta complexo lexislar”. 

Neste marco de traballo, o proxecto liderado desde a 鶹 xurdiu para “proporcionar un marco para investir na saúde do solo” e coa conviccin de que facer dela "un concepto operativo é crucial para crear un futuro sostible”. InBestSoil proporcionar datos, probas, ferramentas e modelos para avaliar como o investimento na saúde do solo pode contribur transicin cara o seu uso sostible e resiliente a longo prazo. “Isto permitir s organizacins públicas e privadas asignar un valor econmico s súas accins”, apuntan. Neste senso, desde a  iniciativa destacan a súa perspectiva innovadora, en canto en lugar de apelar unicamente conciencia ambiental, abrdase a viabilidade econmica, “demostrando, con datos concretos, que investir na saúde do solo resulta rendible tanto para agricultores como para empresas e investidores”. Este reto, apunta Andrés Seijo, “podemos acadalo probando que estratexias son as mellores para restaurar os nosos solos, ao tempo que as convertemos nunha opcin rendible para os investidores”.

Obxectivos e casos de estudo

Son varios os obxectivos propostos en InBestSoil, comezando por identificar e reforzar as comunidades de interesados e as asociacins para os estudos de casos; e definir indicadores de saúde do solo e o valor econmico dos servizos ecosistémicos. Tamén se inclúen a anlise do impacto dos modelos comerciais existentes na saúde do solo e as posibilidades de mellora (xerando evidencia clave sobre os beneficios das estratexias de mellora que inflúen positivamente nela) e co-desear coas partes interesadas novos modelos de negocio baseados na avaliacin desta saúde, novas formas de transicin cara sistemas mis respectuosos. Analizar o panorama poltico neste eido e propor directrices polticas; e comunicar e difundir o valor econmico e o coecemento da saúde do solo son outros dos obxectivos contemplados. Contribundo a esta difusin, os retos e avances do proxecto veen de ser recollidos na revista Horizon EU Research and Innovation Magazine, financiada pola Comisin Europea, nun artigo titulado .

O proxecto conta con nove reas de estudo a través de catro rexins bioxeogrficas de Europa (boreal, continental, atlntica e mediterrnea), e diferentes usos do solo (agricultura, bosque, urbano e minara). Por exemplo, en Cerdea estn a probar diferentes métodos de cultivo de trigo, acadando resultados bastante prometedores”. As, detallan desde InBestSoil, nos estudos feitos ata agora neste caso detectaron que o arado convencional causou o maior dano, mentres que a labranza reducida e a sementa directa (en herba) contriburon a aumentar o carbono orgnico do solo, a diversidade microbiana e os niveis de nutrientes. Con estes datos, reducir a labranza, engaden, amsase como unha opcin para aforrar aos agricultores tempo e dieiro en man de obra e combustible, sen sacrificar o rendemento nin a calidade do solo, algo “sumamente importante, non s en termos de producin, senn tamén para a regulacin climtica, a biodiversidade e a calidade xeral do solo”. Unha vez finalizado cada caso de estudo, o equipo de InBestSoil utilizar os resultados para desenvolver marcos prcticos que axuden a agricultores, xestores de terras e investidores privados a avaliar a rendibilidade da restauracin de cada tipo e uso de solo.