DUVI

Diario da 鶹

Aberto participacin de toda a cidadana, retoma a súa actividade o martes 4 de outubro

O coro do campus busca voces para iniciar unha nova etapa

Para participar non son precisos coecementos musicais previos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 30/09/2022

Tras iniciar a súa andaina no ano 2014 e protagonizar diferentes actuacins, dentro e fra da Universidade, a pandemia freou nos últimos anos a actividade do coro do campus de Pontevedra. Despois de preto de dous anos de parn, a formacin que dirixe o profesor Marco Lucato retomou os seus ensaios a comezos deste ano, anda que a falta de novas voces impediu dar continuidade proposta. Agora, co arranque do curso 2022/2023, o coro busca iniciar unha nova andaina incorporando novos membros cos que dar forma a un repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais. Aberto participacin tanto da comunidade universitaria como do conxunto da cidadana, esta agrupacin retoma a súa actividade o vindeiro martes 4 de outubro e as persoas interesadas en participante poden inscribirse directamente ao inicio dos ensaios que, a partir desta xornada, levarn a cabo cada martes na aula 4 da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte.

Inserido na programacin de actividades culturais e educativas dirixidas ao conxunto da cidadana que pon en marcha a Vicerreitora do campus, os ensaios desenvolveranse cada martes entre as 16.00 e as 18.00 horas. No primeiro cuadrimestre, esta actividade levarase a cabo entre o 4 de outubro e o 20 de decembro, para retomarse, xa en 2023, entre o 7 de febreiro e o 13 de xuo. Con inscricin gratuta, as e os participantes que asistan cando menos ao 85% das horas totais da actividade recibirn un diploma acreditativo co que validar tres créditos ECTS.

Sen necesidade de coecementos previos

Traballar o sentido do ritmo ou aprender a respirar correctamente son, como destaca Lucato, dous dos aspectos que axuda a desenvolver esta actividade, mis al de “ampliar coecementos musicais, coecendo pezas de diferentes épocas e de diferentes partes do mundo”. Ademais, como destaca o seu director, para ser membro do coro do campus “non é necesario ningún coecemento previo, s vontade e constancia”, xa que dedcase unha parte de cada sesin a traballar técnica vocal e adquirir unhas primeiras nocins de linguaxe musical a través do método Kodaly, para o que non son precisos coecementos previos de solfexo.

Tras este primeiro bloque de contidos, o resto da sesin céntrase en ir preparando progresivamente un repertorio “no que sempre intentamos inclur pezas clsicas e modernas”, sinala Lucato. De feito, o obxectivo co que esta actividade inicia o curso é o de tratar de achegar formacin “unha nova visin acorde coas novas tendencias musicais”, como destacan desde a Vicerreitora do campus.