DUVI

Diario da 鶹

Coa participacin das medallistas olmpicas Sofa Toro e Teresa Portela e o escritor 'Defreds'

Un coloquio explora os camios antes e despois do éxito

A Vicerreitora acolleu a mesa de debate ‘Comezar, chegar e continuar’

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Emprender
  • Cultura
DUVI Pontevedra 25/11/2022

Desde os primeiros pasos da súa traxectoria a como viviron os seus principais éxitos, pasando polas motivacins que lles levan a continuar ou a iniciar novos proxectos persoais e profesionais. As medallistas olmpicas Teresa Portela e Sofa Toro e o escritor José Ángel Gmez, Defreds, reflexionaron sobre as súas traxectorias na mesa de debate sobre emprendemento e motivacin Comezar, chegar e continuar, que a Vicerreitora do campus promoveu na tarde deste xoves coa axuda técnica de ClnicasON e o patrocinio do Consello Social da 鶹.

Conducida polo fisioterapeuta e fundador de ClnicasON, Hugo Ogando, esta conversa permitiu, por unha banda, afondar nos inicios como piragüista de Teresa Portela, para logo deterse en como viviu unha serie de éxitos deportivos, culminados cunha medalla de prata nos Xogos Olmpicos de Tokio, cando se converteu na primeira espaola en participar en seis edicins das olimpadas. Mais, ao mesmo tempo, o coloquio buscou tamén abordar como Portela combinou no seu da os adestramentos cos seus estudos na Facultade de Fisioterapia, ou como combina a da de hoxe as facetas de deportista, nai e empresaria. Os inicios e éxitos deportivos da regatista Sofa Toro, campioa olmpica en Londres 2012 na modalidade de match race, foron as mesmo outro dos puntos de partida deste coloquio. Mais nun acto dirixido a coecer tanto exemplos de éxito como de adaptacin, Ogando detvose tamén na traxectoria de Toro unha vez rematada a súa etapa na vela, a cal levouna a ser a actual xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, as como profesora da Facultade do Deporte da UCAM de Murcia. Do mesmo xeito, Ogando tamén convidou ao vigués Defreds a lembrar os seus inicios como escritor, vez que buscou coecer que lle motiva a seguir escribindo despois de vender medio milln de libros e de que en 2017 catro das súas obras se situasen ao mesmo tempo como as mis vendidas de Espaa.