No encontro final do proxecto European Blue Biobank (EBB)
O CIM reúne as dúas principais infraestruturas europeas de recursos biolxicos en Porto
Analizan os resultados obtidos dende a posta en marcha desta iniciativa en 2017
O relanzamento do proxecto Interreg European Blue Biobank (EBB), liderado polo , entra na súa fase final coa celebracin esta semana do . Neste evento, que arrancou hoxe martes, participan representantes das dúas principais infraestruturas europeas de recursos biolxicos: European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC) e Microbial Resource Research Infrastructure (MIRRI-ERIC) xunto cos membros do consorcio. Esta é unha oportunidade única para analizar os principais resultados do proxecto; estudar posibles colaboracins e sinerxas entre ambas entidades; implementar as melloras indicadas polo protocolo de Nagoya e a normativa de Access & Benefit Sharing (ABS) respecto dos servizos e ferramentas de biobancos; e avanzar na promocin das principais ferramentas de xestin resultantes do EBB. Concretamente, as e os participantes estn a traballar sobre a base de datos EBB TRACE, un catlogo de recursos biolxicos marios, e a ferramenta EBB TRACK, un instrumento para a prestacin de macroorganismos na subministracin do servizo de recollidas de cultivos para a xestin dos biobancos.
Ma mércores ter lugar un obradoiro no que cientficas e cientficos de mbito internacional podern coecer o proxecto EBB e os avances alcanzados polo mesmo, ademais de participar nun debate sobre a relevancia do papel dos centros de recursos biolxicos no marco da normativa Access and Benefit Sharing (ABS). Para isto, ademais da asistencia presencial, o taller ser retransmitido en directo (YouTube e Vimeo) converténdose as nunha fiestra aberta comunidade cientfica internacional.
O investigador principal do proxecto e director da Estacin de Ciencias Marias de Toralla (Ecimat) do CIM, José Manuel Garca, destaca que este encontro “é fundamental para poer en común cos principais consorcios de infraestruturas europeas de recursos biolxicos o traballo realizado ata o momento” e que supn “un novo compromiso do CIM coa excelencia no mbito nacional e europeo como socio da infraestrutura europea EMBRC”. Igualmente, sinalou que “o obradoiro é unha oportunidade única para que aquelas persoas que traballan con biobancos en todo o mundo coezan os avances realizados ata o momento na xestin dos mesmos, o que supn una aposta pola transferencia de coecemento e pola colaboracin internacional co fin de mellorar de cara o futuro”.
Dous consorcios paneuropeos
No encontro de hoxe participan representantes das dúas principais infraestruturas europeas de recursos biolxicos. Por unha banda, o EMBRC-ERIC, unha rede de infraestruturas de investigacin pan-europea que ten como obxectivo poer a disposicin da comunidade cientfica internacional e das entidades da economa azul o acceso aos recursos biolxicos e ecosistemas marios de Europa. Na actualidade d acceso a servizos e plataformas tecnolxicas en 70 estacins marias e institutos distribudos en nove pases europeos. A 鶹, a través da Estacin de Ciencias Marias de Toralla do CIM, é un dos tres representantes espaois neste nodo.
Por outra banda est o MIRRI-ERIC, a infraestrutura de investigacin paneuropea para a conservacin, investigacin sistemtica, subministro e valorizacin dos recursos microbianos e a biodiversidade. Reúne a mis de 50 centros de dominio microbiano, coleccins de cultivo e institutos de investigacin de dez pases europeos.
Seis anos de traballo
O proxecto EBB, que se iniciou en 2017 liderado polo CIM, é a primeira iniciativa mundial de coordinacin transnacional de biobancos marios e responde a unha demanda da comunidade cientfica que, para desenvolver o seu traballo, precisa recoller mostras en todo o mundo ou ben solicitar préstamos de museos, universidades ou estacins marias. Este proceso pode resultar complexo, xa que cada pas ten as súas propias regras e normativas, polo que se fai necesario desenvolver novas tecnoloxas e protocolos comúns para o mantemento ex-situ, é dicir, fra dos seus ambientes naturais, de recursos biolxicos marios e de harmonizar os xa existentes, para que os diferentes biobancos traballen de maneira coordinada baixo o selo de Centro Europeo de Recursos Biolxicos Marios.
O relanzamento do proxecto EBB contou cun financiamento de mis de 330.000 euros e tia por obxectivo mellorar a coordinacin transnacional dos principais biobancos e coleccin de cultivos marios europeos. Durante os meses de traballo, representantes de estacins marias e clústeres empresariais de Espaa, Portugal, Francia, Irlanda e Noruega lograron a creacin dunha base de datos, un catlogo en lia para a busca de recursos biolxicos marios, unha ferramenta para xestionar os datos de mostraxes, un manual de boas prcticas e unha gua de cumprimento da lexislacin de Access and Benefit Sharing (ABS).
