Promovida polo alumnado, coincidindo co patrn da EE Forestal e o Da Internacional dos Bosques
O ciclo vital do lobo, a cetrara ou a prevencin de incendios centran a Semana Forestal 2024
Aberta ao público, pon tamén o foco na apicultura e na gandara
Coincidindo coa celebracin, este xoves 21, do patrn da escola, San Leandro, e tamén do Da Internacional dos Bosques, a EE Forestal substitúe por uns das a actividade académica habitual por un conxunto de conferencias e actividades promovidas polo alumnado. A importancia da apicultura, o ciclo do vital do lobo, a cetrara ou o labor dos servizos de defensa contra os incendios forman parte das temticas que, entre este luns e mércores, abordaranse na Semana Forestal 2024, un programa de actividades promovido pola Delegacin de Alumnado da escola, abertas cidadana.
“Trtase de charlas que buscan complementar a formacin que se d nas aulas” e que teen como protagonistas “xente que vive do sector forestal”, sinalaba Uxo Silva, presidente da delegacin, na inauguracin desta Semana Forestal. Neste acto, os representantes da delegacin estiveron acompaados polo director en funcins da escola, Juan Picos, quen lembrou que, coincidindo coa celebracin do San Leandro, o centro outorga ao alumnado “tanto a liberdade como a responsabilidade” da organizacin dunha serie de actividades dirixidas a complementar a súa formacin.
Dunha cata de meles ao comportamento do lobo
A Semana Forestal abriuse na ma deste luns cun relatorio de Mara de Diego, secretaria da Indicacin Xeogrfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, no que afondou na importancia da apicultura para o territorio e a preservacin da biodiversidade, para logo deterse no labor da indicacin xeogrfica. Esta actividade viuse complementada por unha cata, a cargo da técnica da IXP Beatriz Ros, que amosou ao alumnado as caractersticas de diferentes tipos de meles monoflorais.
O segundo relatorio tivo como protagonista o lobo ibérico e correu a cargo do axente medioambiental Jorge de Dios Aizpuru, cunha ampla experiencia no estudo desta especie no sur da serra da Culebra. Nun relatorio ao que asistiu tamén alumnado da Escola de Capataces Forestais de Lourizn, o conferenciante buscou amosarlles como identificar os rastros que permiten determinar “a presenza do lobo sobre o terreo”, para logo deterse “no seu ciclo anual, desde o punto de vista reprodutivo”, co propsito de que coecesen “a súa forma de vida e o seu comportamento”, explicou.
Cetrara, gandara e prevencin de incendios
A xornada do martes arrancar cun coloquio sobre a historia, os usos e a importancia da cetrara, que en 2020 foi declarada patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola Unesco, a cargo de Carlos Gallego, presidente da Asocacin Galega de Cetreiros e Criadores de Aves Rapaces. A continuacin, as xornadas contarn coa participacin do gandeiro Roberto Louzn, xerente da marca O Agro, quen, xunto cun veterinario da Federacin de Razas Autctonas de Galicia (Boaga), afondar “nas vantaxes de contar con gando nos montes”, as como na problemtica “que teen na actualidade os gandeiros co lobo”, como apuntou Silva.
Finalmente, o mércores 20 tern lugar unha serie de actividades promovidas coa colaboracin da Direccin Xeral de Defensa do Monte da Consellera do Medio Rural e centradas no Servizo de Prevencin e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia. Desde este departamento, explicou Silva, achegarn escola “unha unidade técnica de extincin, unha unidade tctica e de anlise, unha brigada forestal e unha motobomba”, que podern verse no aparcamento do centro. Divididos en diferentes grupos, as e os asistentes podern ir coecendo estes efectivos, vez que participan nunha serie de charlas “sobre o funcionamento do dispositivo, as emisoras que utilizan, os softwares de xestin como XeoCode, os procedementos operativos, a anlise que realizan da meteoroloxa, as queimas prescritas ou a utilizacin dos drons”, apunta Silva, que recoece que se ben en edicins anteriores da Semana Forestal xa houbera actividades centradas neste servizo, nunca contarn cun “despregue” destas caractersticas por parte da Direccin Xeral de Defensa do Monte.
Finalmente, tras tres semanas de conferencias e talleres, a Semana Forestal 2024 completarase o xoves 21 co da dedicado propia celebracin do San Leandro, no que o centro acoller diferentes actuacins musicais.
